Como nos pode axudar a Biblia a ser tolerantes?
“A tolerancia [é] a virtude que fai posible a paz” (Declaración de Principios sobre a Tolerancia da UNESCO, 1995).
En cambio, a intolerancia pode levar a que haxa faltas de respecto entre as persoas e que se odien unhas a outras. Cando a xente sente esas cousas aparecen os discursos de odio, a discriminación e a violencia.
A xente ten diferentes ideas sobre o significado da tolerancia. Algunhas persoas cren que a xente tolerante debe estar de acordo con calquera práctica ou conduta. Outras pensan que a Biblia ensina que as persoas tolerantes respectan o dereito de cada un a escoller os seus propios valores e crenzas, aínda que eles mesmos os desaproben.
Pode a Biblia axudarnos a ser realmente tolerantes nos nosos días?
Que di a Biblia sobre a tolerancia?
A Biblia promove a tolerancia. Nela dise: “Que todos saiban que sodes persoas razoables” (Filipenses 4:5, TNM). A Biblia anímanos a tratar os demais con consideración, cortesía e de maneira xusta. Os que aplican este consello poden non estar de acordo cos valores dunha persoa, pero deixan que cada un se comporte da maneira que prefira.
Con todo, a Biblia ensina que Deus fixou normas para os seres humanos cando di: “[Deus] díxoche, oh, home, o que é bo” (Miqueas 6:8, TNM). Na Biblia atopamos os consellos que Deus nos deu para que poidamos desfrutar da mellor vida posible (Isaías 48:17, 18, TNM).
Deus non nos deu o dereito de xulgar a outros. A Biblia di: “Só un é lexislador e xuíz [. . .] ¿quen es ti para xulgáre-lo próximo?” (Santiago 4:12). En cambio, si nos deu a liberdade para tomar decisións, das cales somos responsables (Deuteronomio 30:19).
Que di a Biblia sobre o respecto?
A Biblia di: “Honrade [ou respectade] a todo o mundo” (1 Pedro 2:17, SBG). Así que os que deciden vivir segundo os consellos que dá a Biblia tratan a tódalas persoas con respecto, sen importar as súas crenzas ou as súas decisións (Lucas 6:31). Agora ben, isto non significa que estean de acordo coas súas opinións ou que apoien as súas decisións. Con todo, en lugar de tratalos de forma irrespectuosa, os que se deixan guiar pola Biblia intentan dar o mellor de si mesmos imitando a maneira que tiña Xesús de tratar a outras persoas.
Por exemplo, Xesús coñeceu a unha muller que pertencía a unha relixión coa que el non estaba de acordo. Ademais, vivía cun home que non era o seu marido, unha forma de vida coa que Xesús tampouco estaba de acordo. Aínda así, Xesús faloulle á muller con respecto (Xoán 4:9, 17-24).
Coma Xesús, os cristiáns estamos preparados para explicar as nosas crenzas a quen queira escoitarnos, pero sempre o facemos “con respecto” (1 Pedro 3:15, 16). A Biblia ensínanos ós cristiáns a non impoñer as nosas crenzas a outros. É máis, di que a persoa que segue a Cristo “non ten que pelexar, senón que debe ser amable con todos” (2 Timoteo 2:24, TNM).
O punto de vista bíblico sobre o odio
A Biblia dinos: “Procurade de tódolos xeitos a paz entre todos vós” (Hebreos 12:14). A persoa que procura ou busca a paz, rechaza o odio. Non fai nada que estea encontra dos seus propios valores, pero si fai un verdadeiro esforzo por vivir en paz cos demais (Mateo 5:9). De feito, a Biblia anima os cristiáns a amar os seus inimigos, sendo amables coa xente que os trata mal (Mateo 5:44).
É verdade, a Biblia di que Deus odia ou “aborrece” as accións que rebaixan a dignidade das persoas ou que lles causan dano (Proverbios 6:16-19). Pero aquí a Biblia usa a palabra “refuga”, ou odia, para describir un sentimento intenso de desagrado polas malas accións. A Biblia mostra que Deus está disposto a perdoar e axuda ás persoas que queren facer cambios na súa vida para vivir seguindo as súas normas (Isaías 55:7).
Versículos da Biblia sobre a tolerancia e o respecto
Tito 3:2, TNM: “Que sexan razoables e que sempre sexan pacíficos con tódolos homes”.
Unha persoa razoable promove o respecto e reacciona de forma tranquila ante opinións distintas á súa.
Mateo 7:12: “Así que tratade á xente en todo conforme queredes que vos traten a vós”.
A todos nos gusta que outras persoas nos traten con respecto e teñan en conta as nosas opinións. Para saber máis sobre como poñer en práctica esta famosa regra de conduta que ensinou Xesús, le o artigo “Que é a Regra de Ouro?”.
Xosué 24:15: “Escollede hoxe a quen ides servir”.
Cando respectamos o dereito que teñen os demais a tomar as súas propias decisións, estamos promovendo a paz.
Feitos 10:34: “Deus non fai distinción de persoas”.
Deus non discrimina a ninguén pola súa cultura, xénero, nacionalidade, raza ou antecedentes. Por iso, as persoas que queren imitar a Deus son respectuosas con todos.
Habacuc 1:12, 13: “[Deus] non [pode] contempla-la opresión”.
A tolerancia de Deus ten límites. El non vai permitir que a maldade exista para sempre. Para saber máis, mira o vídeo Por que permite Deus o sufrimento?
Romanos 12:19: “Cedédelle o lugar á ira [de Deus]. Porque está escrito: ‘“Miña é a vinganza; eu dareilles o seu merecido”, di Xehová’”a.
Xehová non nos deu dereito a tomarnos a xustiza pola man. El asegúranos que fará xustiza ó seu debido momento. Para saber máis, le o artigo “¿Alguna vez se hará justicia en el mundo?”.
a Segundo a Biblia, Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8). Podes ver o artigo, “Quen é Xehová?”.