Canción 153
Como te fai sentir?
- Como te fai sentir - predicar e ensinar, - esforzarte por lograr - os corazóns tocar? - Se damos o mellor, - Deus bendice o labor, - pois coñece ben a quen - está á busca d’El. - (REFRÁN) - Eu son feliz, por iso vai - o meu cantar ó noso Pai. - E seguirei ó seu carón, - dareille o mellor. 
- Como te fai sentir - ir falar con ilusión - a quen ten bo corazón - e busca salvación? - Hai quen non vai querer, - quen prefire non saber. - Nós seguimos a falar - das novas sen cansar. - (REFRÁN) - Eu son feliz, por iso vai - o meu cantar ó noso Pai. - E seguirei ó seu carón, - dareille o mellor. 
- Como te fai sentir - que Xehová está aí, - e confía en que ti - a obra fas feliz? - Sen medo ó falar, - pero cun pouquiño sal. - Seguiremos, por amor, - na obra do Señor. - (REFRÁN) - Eu son feliz, por iso vai - o meu cantar ó noso Pai. - E seguirei ó seu carón, - dareille o mellor. 
(Ver tamén Feit. 13:48; 1 Tes. 2:4; 1 Tim. 1:11.)