BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp20 núm. 2 páxs. 8-10
  • Cando gobernará o Reino de Deus na Terra?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Cando gobernará o Reino de Deus na Terra?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • QUE DIXO XESÚS QUE PASARÍA?
  • POR QUE DEBERÍA IMPORTARNOS ESTE SINAL?
  • Predixo a Biblia grandes terremotos?
    Outros temas
  • Estamos vivindo nos “días derradeiros”?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Estamos preto da fin do mundo?
    Que nos ensina a Biblia?
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
wp20 núm. 2 páxs. 8-10
Unha testemuña de Xehová dándolle unha invitación a unha muller que se parou diante dun carriño da predicación pública.

Cando gobernará o Reino de Deus na Terra?

Algúns dos seguidores de Xesús preguntáronlle cando comezaría a gobernar o Reino de Deus sobre a Terra. El respondeulles que non saberían o momento exacto (Feitos 1:6, 7). Aínda así, antes diso xa lles dixera que cando visen que certos acontecementos sucedían ó mesmo tempo, saberían “que xa está preto o Reino de Deus” e que chegara o momento para que gobernase o mundo (Lucas 21:31).

QUE DIXO XESÚS QUE PASARÍA?

Xesús dixo: “Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá grandes terremotos, pestes e fames en diversos lugares” (Lucas 21:10, 11). Igual que grazas ás liñas que teñen os dedos das mans, é dicir, a marca dactilar, se pode identificar unha persoa, todos estes acontecementos xuntos formarían un sinal inconfundible que indicaría que o Reino de Deus xa estaba cerca. Pero, sucederon estes acontecementos ó mesmo tempo e a nivel mundial? Analicemos as probas.

1. GUERRAS

Avións de combate, un tanque de guerra e varios mísiles.

No ano 1914 comezou a peor guerra xamais vista na historia da humanidade ata ese momento. Os historiadores din a miúdo que ese ano foi clave na historia porque foi a primeira vez que houbo unha guerra a nivel mundial. Nesa guerra empregáronse tanques, bombas aéreas, metralladoras, gases tóxicos e outras armas mortíferas a unha escala sen precedentes. Pouco despois, empezou a Segunda Guerra Mundial, na que comezaron a usarse armas atómicas. Dende 1914, houbo guerras nun lugar tras outro, e nestas morreron millóns de persoas.

2. TERREMOTOS

Un terremoto destruíndo uns edificios.

Segundo a enciclopedia Britannica Academic, cada ano hai uns 100 terremotos o suficientemente grandes como para causar danos importantes. Ademais, o Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos informa: “De acordo cos rexistros que temos dende arredor do ano 1900, espérase que haxa uns 16 grandes terremotos cada ano”. Aínda que algúns pensen que este aparente aumento dos terremotos é porque agora podemos detectalos mellor, a realidade é que nunca antes houbo tanto sufrimento e morte por culpa deste tipo de desastres naturais.

3. FAMES

Unha liña dun gráfico mostrando un descenso na produción de cereais.

A falta de alimentos que hai no mundo é consecuencia das guerras, da corrupción, das crises económicas, da mala xestión da agricultura e da falta de planificación ante as condicións meteorolóxicas extremas. Un informe do Programa Mundial de Alimentos di: “Por todo o mundo, 821 millóns de persoas pasan fame; destes, 124 millóns pasan fame extrema” (2018 Year in Review). Cada ano morren arredor de 3,1 millóns de nenos debido á desnutrición. No ano 2011, esta foi a causa de aproximadamente o 45% das mortes infantís en todo o mundo.

4. ENFERMIDADES E EPIDEMIAS

O símbolo de risco bioquímico e bacteriano.

Un informe da Organización Mundial da Saúde afirma: “O século XXI está marcado polas grandes epidemias. Antigas enfermidades como o cólera, a peste e a febre amarela volveron aparecer. Tamén xurdiron outras novas como a síndrome respiratoria aguda grave, a gripe pandémica, a síndrome respiratoria do Oriente Medio, o ébola e o virus de Zika”. E, moi recentemente, por todo o mundo sufrimos debido á pandemia da COVID-19. É certo que os científicos e os médicos aprenderon moito sobre as enfermidades, pero aínda non foron capaces de encontrar unha cura para todas elas.

5. PREDICACIÓN MUNDIAL

A Terra cunha frecha que a envolve e unha Biblia aberta ó seu lado.

Xesús falou doutra parte do sinal cando predixo: “Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes para dar testemuño a tódolos pobos. Entón será a fin” (Mateo 24:14). Mentres o mundo está cheo de problemas, máis de oito millóns de persoas de tódalas nacións están predicando as boas noticias do Reino de Deus en 240 países e territorios, e en máis de 1000 idiomas. Isto non pasara xamais na historia da humanidade.

POR QUE DEBERÍA IMPORTARNOS ESTE SINAL?

Os acontecementos que forman o sinal que deu Xesús están sucedendo hoxe en día. Pero, por que debería interesarnos este feito? Porque Xesús dixo: “Cando vexades que pasan estas cousas, caede na conta de que xa está preto o Reino de Deus” (Lucas 21:31).

Xesús sentado nun trono no ceo como Rei contemplando a Terra convertida nun paraíso.

Dentro de pouco, o Reino asegurarase de que a vontade de Deus se faga na Terra.

Tanto o sinal que Xesús deu como a cronoloxía bíblica axúdannos a comprender que Deus estableceu o seu Reino no ceo no ano 1914.a Nese momento tamén nomeou Rei o seu Fillo, Xesucristo (Salmo 2:2, 4, 6-9). Dentro de pouco, o Reino de Deus gobernará a Terra, eliminará calquera outro goberno e converterá o noso planeta nun paraíso no que poidamos vivir para sempre.

Non queda moito para que se cumpran as palabras da oración modelo que Xesús ensinou: “Veña o teu Reino, fágase a túa vontade así na terra coma no ceo” (Mateo 6:10). Pero, que fixo o Reino dende que se estableceu en 1914? E que fará cando goberne toda a humanidade?

a Se queres saber máis sobre o ano 1914, podes consultar a lección 32 do libro Desfruta da vida para sempre! publicado polas Testemuñas de Xehová.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir