BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 189
  • Podo atopar consolo na Biblia?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Podo atopar consolo na Biblia?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que di a Biblia
  • Os problemas
  • A morte dun ser querido
  • O exceso de culpa
  • A tristeza
  • As enfermidades
  • O estrés e a ansiedade
  • As guerras
  • A preocupación polo futuro
  • Síntome culpable. Pode a Biblia axudarme a atopar acougo?
    Preguntas sobre a Biblia
  • A Biblia dános esperanza
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • A Biblia dános esperanza
    Desfruta da vida para sempre! Introdución ó curso da Biblia
  • Onde podo atopar esperanza?
    Preguntas sobre a Biblia
Ver máis
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 189
Unha muller atopa consolo lendo a Biblia.

Podo atopar consolo na Biblia?

O que di a Biblia

Si (Romanos 15:4). Analiza algúns versículos da Biblia que lles axudaron a algunhas persoas que estaban loitando con emocións negativas e situacións difíciles.

Neste artigo veremos o seguinte:

  • Os problemas

  • A morte dun ser querido

  • O exceso de culpa

  • A tristeza

  • As enfermidades

  • O estrés e a ansiedade

  • As guerras

  • A preocupación polo futuro

Os problemas

Salmo 23:4: “Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas, ningún mal temería, pois ti vas comigo”.

Significado: Se oras a Deus e confías na súa Palabra, a Biblia, podes facerlle fronte ós problemas con valentía.

Filipenses 4:13: “Teño forzas para todo gracias a quen me fai forte”.

Significado: Deus pode darche as forzas que necesites para aguantar calquera dificultade.

Para saber como a Biblia pode axudarche cos problemas que persisten durante moito tempo, podes ver o artigo “El problema: Situaciones sin solución”.

A morte dun ser querido

Eclesiastés 9:10, TNM: “Non hai actividade nin plans nin coñecemento nin sabedoría na Tumba”.

Significado: Os que morreron non sofren, nin poden facernos dano pois están inconscientes.

Feitos 24:15: “Haberá resurrección”.

Significado: Deus pode devolverlles a vida ós nosos seres queridos que morreron.

Para aprender máis sobre como a Biblia pode axudarche coa perda dun ser querido, le o seguinte artigo “Cómo sobrellevar el duelo: Sugerencias prácticas”.

O exceso de culpa

Salmo 86:5, TNM: “É que ti, oh, Xehová,a es bo e estás disposto a perdoar; o teu amor leal por tódolos que te chaman é inmenso”.

Significado: Deus perdoa os que están realmente arrepentidos dos seus erros do pasado e esfórzanse por non repetilos.

Salmo 103:12: “Canto dista o nacente do poñente, así arreda de nós as nosas culpas”.

Significado: Cando Deus nos perdoa, pon os nosos erros moito máis lonxe do que nos poidamos imaxinar. Tampouco nolos recorda constantemente para culparnos ou castigarnos.

Se queres saber como a Biblia che pode axudar a manexar o exceso de culpa, consulta o artigo “Síntome culpable. Pode a Biblia axudarme a atopar acougo?”.

A tristeza

Salmo 31:8 [31:7, TNM]: “Ti ólla-la miña aflicción, e coñéce-las miñas angustias”.

Significado: Deus sabe moi ben polo que estás pasando. Entende os teus sentimentos máis profundos, incluso cando outros non o fan.

Salmo 34:18, TNM: “Xehová está cerca dos que teñen o corazón feito pedazos; salva os que están afundidos no desánimo”.

Significado: Deus promete estar ó teu lado cando te sintas triste. Coa súa axuda poderás soportar a dor que sentes.

Tes máis información sobre como a Biblia pode axudarche cando te sintas triste no vídeo Como superar a tristura?

As enfermidades

Salmo 41:4 [41:3, TNM]: “O Señor socorrerao no leito da dor”.

Significado: Deus pode axudarche cando esteas pasando por unha enfermidade grave. Isto faino ó darche paz interior, forzas, aguante e sabedoría para tomar boas decisións.

Isaías 33:24, TNM: “E ningún habitante dirá: ‘Estou enfermo’”.

Significado: Deus promete que chegará o día no que todos desfrutaremos de boa saúde.

Queres saber como pode axudarche a Biblia cando esteas enfermo? Le o artigo “Qué hacer ante un problema de salud inesperado”.

O estrés e a ansiedade

Salmo 94:19: “Cando medran as coitas no meu peito, o teu consolo alégrame o espírito”.

Significado: Se acudimos a Deus cando temos ansiedade, el pode calmarnos.

1 Pedro 5:7: “Botade sobre Deus tódalas vosas ansias, que El coida de vós”.

Significado: Deus non é indiferente ós nosos sufrimentos. El anímanos a que lle contemos os nosos problemas mediante a oración.

Se queres saber máis sobre como a Biblia che pode axudar a controlar o estrés e a ansiedade, le o artigo “Cómo controlar el estrés”.

As guerras

Salmo 46:9, TNM: “El acaba coas guerras por toda a terra”.

Significado: Pronto, o Reino de Deus eliminará tódalas guerras.

Salmo 37:11, 29: “Os humildes, en cambio, herdan a terra e gozan de paz perfecta. [ . . .] Os xustos herdarán a terra e habitarán nela para sempre”.

Significado: A xente boa desfrutará de paz na Terra para sempre.

Para estar seguro de por que sabemos que o Reino de Deus está cerca, mira o artigo “¿Cuándo gobernará la Tierra el Reino de Dios?”.

A preocupación polo futuro

Xeremías 29:11: “Soamente eu coñezo os proxectos que eu planeo para vós —é o Señor quen fala—, proxectos de fartura e non de desgracia, de darvos un porvir e unha esperanza”.

Significado: Deus asegúralle ó seu pobo que pode esperar un futuro marabilloso.

Apocalipse 21:4: “Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor, porque as primeiras cousas pasaron xa”.

Significado: Deus promete eliminar tódalas cousas malas que vemos hoxe en día.

Para aprender máis acerca das promesas da Biblia para o futuro, le o artigo “La esperanza real de un mañana mejor”.

a Segundo a Biblia, Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8). Mira o artigo “Quen é Xehová?”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir