BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g20 núm. 1 páxs. 5-7
  • Que é o estrés?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que é o estrés?
  • Despertade! (2020)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O ESTRÉS BO E O ESTRÉS MALO
  • Índice
    Despertade! (2020)
  • Estás estresado?
    Despertade! (2020)
  • Que podemos facer cando estamos estresados?
    Despertade! (2020)
Despertade! (2020)
g20 núm. 1 páxs. 5-7
Un home de negocios nunha cidade subindo as escaleiras cara a un edificio de oficinas.

COMO REDUCIR O ESTRÉS

Que é o estrés?

O estrés é unha reacción do corpo a unha situación moi difícil. O cerebro fai que o corpo se encha de hormonas. Isto provoca que aumente o ritmo cardíaco, se altere a presión sanguínea e a respiración, e se tensen os músculos. Incluso antes de darnos conta do que está pasando, o noso corpo xa está listo para reaccionar. Cando a situación que provocou o estrés desaparece, o noso corpo deixa de estar en “estado de alerta” e volve á normalidade.

O ESTRÉS BO E O ESTRÉS MALO

O estrés é unha resposta natural do corpo que nos permite facerlle fronte ós desafíos e ás situacións perigosas. Todo empeza no cerebro. O estrés bo permítenos actuar ou reaccionar rapidamente. Certa cantidade de estrés tamén nos pode axudar a alcanzar obxectivos ou a obter mellores resultados, como por exemplo nun exame, nunha entrevista de traballo ou cando practicamos algún deporte.

Non obstante, o estrés prolongado, intenso ou crónico pódenos facer moito dano. Cando o noso corpo está constantemente en “estado de alerta”, podemos sufrir física, emocional e mentalmente. Isto quizais cambie o noso comportamento e a forma na que tratamos os demais. O estrés crónico pode facer que alguén abuse do alcohol, das drogas ou doutras substancias, ou empece a ter outros hábitos pouco saudables como fumar. Incluso pode chegar a deprimirse, sufrir esgotamento extremo ou pensar no suicidio.

Aínda que o estrés non ten o mesmo efecto en tódalas persoas, pode provocar unha gran variedade de enfermidades e afectar a case calquera parte do corpo.

COMO LLE AFECTA O ESTRÉS Ó NOSO CORPO?

O sistema nervioso

Un home coa man na fronte sufrindo os efectos do estrés.

O sistema nervioso fai que se liberen hormonas, como a adrenalina e o cortisol. Estas hormonas aumentan o ritmo cardíaco, a presión arterial e os niveis de azucre no sangue, o que nos permite reaccionar con rapidez ante un perigo. Demasiado estrés pode provocar:

  • irritabilidade, ansiedade, depresión, dor de cabeza e insomnio.

O sistema musculoesquelético

Os músculos ténsanse para evitar que nos lesionemos. Demasiado estrés pode provocar:

  • dor no corpo, dor de cabeza e espasmos musculares.

O sistema respiratorio

A respiración acelérase para coller máis osíxeno. Demasiado estrés pode provocar:

  • hiperventilación, falta de aire e ataques de pánico.

O sistema cardiovascular

O corazón late máis forte e máis rápido para distribuír o sangue por todo o corpo. Os vasos sanguíneos dilátanse ou contráense para dirixir o sangue a onde é máis necesario, como por exemplo ós músculos. Demasiado estrés pode provocar:

  • infartos, hipertensión e derramo cerebral.

O sistema endócrino

As glándulas producen cortisol e adrenalina, dúas hormonas que axudan ó corpo a reaccionar ante o estrés. O fígado aumenta a cantidade de azucre no sangue para darnos máis enerxía. Demasiado estrés pode provocar:

  • diabetes, defensas baixas, cambios de humor e aumento de peso.

O sistema gastrointestinal

Altérase a forma na que o corpo procesa os alimentos. Demasiado estrés pode provocar:

  • náuseas, vómitos, diarrea e estrinximento.

O sistema reprodutivo

O estrés pode afectar o desexo e a función sexual. Demasiado estrés pode provocar:

  • impotencia sexual ou alteración no ciclo menstrual.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir