BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g23 núm. 1 páxs. 3-5
  • A auga doce

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A auga doce
  • Despertade! (2023)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que ameaza á auga doce
  • Un planeta deseñado para sobrevivir
  • Que se está facendo para intentar solucionar o problema
  • Hai razóns para ter esperanza. O que di a Biblia
  • Que di a Biblia sobre a crise mundial da auga?
    Outros temas
Despertade! (2023)
g23 núm. 1 páxs. 3-5
Unha muller collendo auga limpa dun río nas súas mans.

PODERÁ SOBREVIVIR O NOSO PLANETA?

A AUGA DOCE

A VIDA na Terra sería imposible sen auga, en especial sen auga doce. De feito, a auga é o compoñente principal de tódolos seres vivos. Os lagos, ríos, pantanos e acuíferos subterráneos subministran auga doce, tanto para o consumo humano e animal como para o regado de cultivos.

Que ameaza á auga doce

A maior parte do noso planeta está cuberta de auga. Pero, segundo afirma a Organización Meteorolóxica Mundial, “só o 0,5% da auga da Terra é auga doce dispoñible e aproveitable”. Aínda que esta cantidade relativamente pequena debería ser suficiente para a vida no noso planeta, unha gran parte estase contaminando. Ademais, tamén se está volvendo inaccesible como resultado da crecente demanda e do cambio climático. Algúns expertos din que, nuns 30 anos, cinco mil millóns de persoas se enfrontaran á escaseza de auga doce.

Un planeta deseñado para sobrevivir

A Terra está deseñada de maneira que os seus procesos naturais se encarguen de que sempre haxa auga suficiente. Ademais, o solo, a vida acuática e incluso a luz solar traballan en equipo para que a auga se manteña limpa. Analicemos algunhas probas que demostran que o noso planeta está deseñado para sobrevivir:

  • Está demostrado que o solo ten a capacidade de eliminar moitas das impurezas que contaminan a auga. Tamén se descubriu que nos pantanos hai certas plantas que poden eliminar nitróxeno, fósforo e pesticidas.

  • Algúns científicos descubriron procesos físicos e biolóxicos que limpan a auga contaminada de forma natural. As correntes de auga dilúen as substancias prexudiciais e os microorganismos, descompóñenas.

  • As ameixas de auga doce e os mexillóns poden extraer da auga, en cuestión de días, algúns químicos potencialmente nocivos e incluso facelo de forma máis efectiva que as estacións de tratamento de augas.

  • O ciclo da auga é o sistema que utiliza o noso planeta para almacenar este recurso tan valioso. Este ciclo, xunto con outros procesos naturais, fai posible que a auga se manteña na atmosfera e non desapareza.

    SABÍALO?

    O solo. Un filtro natural de auga doce

    O solo demostrou que pode eliminar metais, substancias químicas tóxicas, residuos orgánicos e outros contaminantes procedentes de correntes de auga que flúen polo terreo. No momento en que a auga se asenta en acuíferos subterráneos, incluso pode ser seguro bebela.

    Unha imaxe mostra como o solo filtra a auga contaminada. A auga da chuvia fíltrase a través das capas do solo, rochas e partículas de arxila ata chegar ós acuíferos de auga doce.

    Filtrado físico

    A area e as partículas rochosas actúan como unha criba fina, capturando algúns contaminantes.

    Filtrado biolóxico

    Os microorganismos que viven no solo poden anular ou diminuír o efecto de substancias tóxicas para os humanos. Algunhas bacterias poden incluso descompoñer aceites tóxicos en dióxido de carbono e auga.

    Filtrado químico

    Os solos con escasa carga eléctrica poden capturar substancias químicas tóxicas que teñen carga oposta. Por exemplo, as partículas de arxila con carga negativa poden eliminar da auga partículas con carga positiva dun tipo de amonio que é corrosivo.

Que se está facendo para intentar solucionar o problema

Serie de imaxes: 1. Un home reparando unha fuga de aceite debaixo do seu coche. Utiliza unha bandexa para recoller o aceite. 2. Un home deixa envases de produtos químicos usados nun centro de reciclaxe para que se eliminen correctamente.

Ó reparar fugas de aceite e eliminar correctamente as substancias tóxicas axudamos a manter limpas as nosas fontes de auga doce

Os expertos aconsellan que se gaste a menor cantidade de auga posible. E, para reducir a súa contaminación, recomendan que se reparen as fugas de aceite dos vehículos e que non se vertan medicamentos nin substancias tóxicas polos desaugadoiros ou sumidoiros.

Os enxeñeiros elaboraron métodos impresionantes para modernizar o sistema de desalinización, ou eliminación do sal na auga salgada. O obxectivo é que haxa máis cantidade de auga potable dispoñible.

Pero isto non é suficiente. Ata a desalinización parece ser unha solución pouco realista a longo prazo debido ó seu alto custo e a que require un gran gasto de enerxía. Nun informe do ano 2021 sobre a xestión da auga, unha fonte das Nacións Unidas afirmou: “A nivel global, hai que duplicar a taxa actual de progreso”.

Hai razóns para ter esperanza. O que di a Biblia

“Deus [...] deixa cae-las pingas de auga a esvarar como chuvia desde o ceo, orballando desde as nubes petando a chuvieira contra o chan” (Xob 36:26-28).

Deus creou os ciclos naturais para protexer a auga que hai na Terra (Eclesiastés 1:7).

Pensa nisto: se o noso Creador foi quen deseñou os procesos de purificación da auga doce, non terá tamén o desexo e a capacidade de reparar os danos que lle causou a humanidade a este recurso tan esencial para a vida? Mira o artigo “Deus promete que o noso planeta sobrevivirá”, na páxina 15.

APRENDE MÁIS

Moléculas de auga moi ampliadas.

A auga ten propiedades únicas que fan posible a vida. Mira o vídeo Las maravillas de la creación revelan la gloria de Dios: El agua (dispoñible en español) en jw.org.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir