BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g23 núm. 1 páxs. 9-11
  • Os bosques

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Os bosques
  • Despertade! (2023)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que ameaza os bosques
  • Un planeta deseñado para sobrevivir
  • Que se está facendo para intentar solucionar o problema
  • Hai razóns para ter esperanza. O que di a Biblia
  • Índice
    Despertade! (2023)
Despertade! (2023)
g23 núm. 1 páxs. 9-11
Unha muller camiñando por unha ponte colgante na selva.

PODERÁ SOBREVIVIR O NOSO PLANETA?

OS BOSQUES

OS EXPERTOS din que os bosques son os “pulmóns e o sistema de soporte vital” da Terra, e con razón. As árbores absorben dióxido de carbono, un composto que podería prexudicarnos. Tamén emiten osíxeno, un compoñente esencial do aire que respiramos. Ademais, arredor do 80% das plantas e dos animais terrestres do mundo viven neles. Sen bosques non poderiamos sobrevivir.

Que ameaza os bosques

Cada ano córtanse miles de millóns de árbores principalmente co fin de usar as terras para producir alimentos. Dende finais da década de 1940 desapareceron a metade das selvas tropicais do mundo.

Cando se destrúe un bosque tamén se destrúen tódalas plantas e animais que viven nel.

Un planeta deseñado para sobrevivir

Algunhas terras deforestadas demostraron que teñen unha capacidade asombrosa para recuperarse e incluso expandirse. Recentemente, os ecoloxistas quedaron moi sorprendidos cando observaron a rapidez coa que as terras onde se cortaran a maioría das árbores se volveron converter en bosques sans. Vexamos algúns exemplos:

  • Os investigadores están analizando o que ocorre con algunhas zonas forestais que se destruíron para uso agrícola e que despois se abandonaron. Un estudo de 2200 terreos deste tipo en América e África Occidental revelou que o solo pode recuperar a súa saúde forestal orixinal nun prazo de 10 anos.

  • Segundo un estudo publicado na revista Science, os investigadores calculan que, nuns 100 anos, as terras poderían rexenerarse ata alcanzar a variedade de árbores e outras formas de vida que tiñan antes de que as deforestasen

  • Recentemente, uns científicos do Brasil compararon a taxa de reforestación en zonas nas que practicamente non houbo ningunha intervención humana coa doutras zonas onde se aplicaron estratexias para impulsar a plantación de novas árbores.

  • Citando do que dixeron os investigadores deste estudo, National Geographic informa: “Foi unha agradable sorpresa descubrir que a plantación de árbores era innecesaria”. En só 5 anos, os terreos do estudo nos que non houbo intervención humana “estaban cheos de árbores autóctonas”.

    SABÍALO?

    De leiras a bosques

    Unha ilustración que mostra unha zona de bosque que se destruíu para o uso agrícola e despois se abandonou. Dez anos máis tarde, o solo puido recuperarse. Cen anos máis tarde, podería haber de novo un bosque maduro nesa zona.

    As zonas boscosas que se cortan para usar como terreo agrícola e despois se abandonan teñen unha capacidade extraordinaria para recuperarse de forma natural. O mesmo podería ocorrer cos bosques que se destrúen por outras razóns.

Que se está facendo para intentar solucionar o problema

En todo o mundo se fixeron esforzos para protexer os bosques existentes e restaurar os que foran danados. Como resultado, segundo unha fonte das Nacións Unidas, “a deforestación mundial reduciuse en máis dun 50%” nos últimos 25 anos.

Pero estes esforzos non son suficientes para salvar os nosos bosques. Un informe publicado pola organización Global Forest Watch di: “A taxa de perda de bosques primarios nos trópicos non cambiou moito nos últimos anos”.

A talla ilegal de árbores é un negocio multimillonario. A razón principal pola que se están destruíndo os bosques tropicais é a avaricia.

Un garda forestal estudando as árbores dun bosque.

Os equipos de xestión forestal traballan para protexer os bosques cortando unha cantidade razoable de árbores maduras e plantando outras no seu lugar.

Hai razóns para ter esperanza. O que di a Biblia

“[Xehová] fixo xermolar da terra árbores fermosas para a vista e boas para comer” (Xénese 2:9).a

O Creador dos bosques deseñounos coa capacidade natural de recuperarse se o ser humano usa os seus recursos de forma equilibrada e sostible. El quere preservar e coidar os nosos bosques e os seus magníficos ecosistemas tan ben deseñados.

A Biblia ensina que Deus poñerá fin á mala xestión dos recursos da Terra para que o noso planeta e a vida que hai nel sobrevivan. Mira o artigo “Deus promete que o noso planeta sobrevivirá”, na páxina 15.

a Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).

APRENDE MÁIS

Unha parella desfrutando da Terra feita un paraíso.

Por que podemos estar seguros de que a mala xestión que fan os humanos dos recursos da Terra non acabará destruíndo o noso planeta? Mira o vídeo Por que Deus creou a Terra? en jw.org.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir