BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g24 núm. 1 páxs. 10-12
  • Que pasou co respecto na familia?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que pasou co respecto na familia?
  • Despertade! (2024)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE É IMPORTANTE RESPECTAR A FAMILIA
  • QUE PODES FACER TI
  • QUE ESTAMOS FACENDO AS TESTEMUÑAS DE XEHOVÁ
  • Máis axuda para as familias
    Despertade! (2018)
  • Busca sabedoría para a vida diaria en JW.ORG
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Idea para estudar
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Onde atopar respostas ás grandes preguntas?
    Onde atopar respostas ás grandes preguntas?
Ver máis
Despertade! (2024)
g24 núm. 1 páxs. 10-12
Un marido molesto usando o teléfono mentres a súa muller intenta falar con el. O seu fillo pequeno está observándoos.

Que pasou co respecto na familia?

POR QUE É IMPORTANTE RESPECTAR A FAMILIA

O respecto na familia crea un ambiente estable no que tanto o marido, a muller coma os nenos se senten seguros.

  • O libro The Seven Principles for Making Marriage Work di que, cando no matrimonio hai respecto mutuo, ambos se mostran cariño “non só en grandes xestos senón tamén nas pequenas cousas do día a día”.a

  • Os estudos mostran que os nenos que aprenden a respectar a outros teñen máis autoestima, mellor relación cos seus pais e menos problemas psicolóxicos.

QUE PODES FACER TI

Crea un plan coa túa familia. Primeiro, asegurádevos de que todos na familia entendades o que significa mostrar respecto. Segundo, escribide que deberiades facer e que non. Terceiro, analizade o plan para que cada un de vós saiba como actuar para ser respectuoso.

“Os planos do dilixente dan boa renda” (Proverbios 21:5).

Pon o exemplo. Criticas os membros da túa familia polos seus defectos? Búrlaste das súas opinións? Ignóralos ou interrómpelos cando falan? Recorda que ti debes ser o primeiro en mostrar respecto a outros.

Consello: Intenta ver o respecto como algo que lles debes á túa parella e ós teus fillos, non como algo que eles se teñen que ganar.

“Competide na estima mutua” (Romanos 12:10).

Discrepa sen ser desagradable. Cando deas a túa opinión, evita expresións típicas como “ti sempre” ou “ti nunca”. Con estes comentarios estarás atacando o teu familiar e podes converter un simple desacordo nun conflito moito máis grande.

“Unha resposta doce alonga [ou aparta] a cólera, unha verba ferinte acende a ira” (Proverbios 15:1).

Unha rapaza vendo un vídeo en jw.org.

QUE ESTAMOS FACENDO AS TESTEMUÑAS DE XEHOVÁ

As Testemuñas de Xehová animamos as familias a tratarse con respecto. Para facelo ás veces falamos sobre isto nos artigos, libros, folletos e vídeos que publicamos, os cales están dispoñibles de maneira gratuíta.

PARA OS MATRIMONIOS: A serie de artigos Ayuda para las familias, que está dispoñible en español, pode axudarvos a...

  • … saber escoitar

  • … acabar co silencio

  • ... deixar de discutir

(Busca “Ayuda para las familias” en jw.org en español)

PARA OS PAIS: A serie de artigos Ayuda para las familias, que está dispoñible en español, pode axudarvos a ensinarlles ós vosos fillos a...

  • ... ser obedientes

  • ... axudar coas tarefas da casa

  • ... dicir “por favor” e “grazas”

(Busca “La educación de los hijos” e “Hijos adolescentes” en jw.org en español)

Mira tamén os artigos “Seis leccións que necesitan aprender os nenos” da Despertade! número 2 do 2019, e “12 claves para unha familia feliz” da Despertade! número 2 do 2018, páxinas 8 a 11 (búscaos en jw.org)

PARA OS RAPACES: A sección Xuventude de jw.org ten artigos, vídeos e fichas que poden axudarvos a...

  • ... levarvos ben cos vosos pais e cos vosos irmáns

  • ... falarlles ós vosos pais con respecto sobre as normas

  • ... ganar a confianza dos vosos pais

(Busca “Xuventude” en jw.org)

Usar a páxina web jw.org é gratis. Non é necesario pagar unha tarifa, subscribirse, facerse membro nin dar información persoal.

a Escrito por John M. Gottman e Nan Silver.

Joseph Ehrenbogen.

PARA APRENDER MÁIS

Joseph Ehrenbogen era adicto ás drogas e violento coa familia. Para aprender como mellorou a súa vida ó estudar a Biblia coas testemuñas de Xehová busca o artigo “Aprendí a respetar a las mujeres y a respetar mi vida” en jw.org en español.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir