BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • bhs cap. 15 páxs. 154-163
  • Como podes saber cal é a relixión verdadeira?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como podes saber cal é a relixión verdadeira?
  • Que nos ensina a Biblia?
  • Dispoñible en Ensina
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • COMO IDENTIFICAR A RELIXIÓN VERDADEIRA
  • E TI QUE FARÁS?
  • Como podemos saber cal é a relixión verdadeira?
    Deus ten boas noticias!
Que nos ensina a Biblia?
bhs cap. 15 páxs. 154-163

CAPÍTULO 15

Como podes saber cal é a relixión verdadeira?

1. Quen é o único que nos pode dicir como debemos adorar a Deus?

MOITAS relixións din que ensinan a verdade sobre Deus. Pero iso non é posible, porque cada unha ensina cousas distintas sobre quen é Deus e como deberiamos adoralo. Entón, como podemos saber cal é a relixión verdadeira? Xehová é o único que nos pode dicir como debemos adoralo.

2. Que debes facer para saber como adorar a Deus?

2 Para saber como adoralo, Xehová deunos a Biblia. Por iso debes estudala. Xehová preocúpase por ti e axudarache a sacar proveito das súas ensinanzas (Isaías 48:17).

3. Que quere Deus que fagamos?

3 Hai quen di que Deus acepta tódalas relixións, pero iso non é o que Xesús ensinou. El dixo: “Non todo o que me di: ‘¡Señor! ¡Señor!’ entrará no Reino dos Ceos, senón o que fai a vontade do meu Pai”. Así que precisamos aprender cal é a vontade de Deus, e logo poñela en práctica. Falando dos que non obedecen a Deus, Xesús engadiu: “¡Endexamais non vos coñecín: arredádevos de min os que praticáde-lo mal!” (Mateo 7:21-23). Por iso é moi importante adorar a Xehová da maneira que el quere.

4. Que dixo Xesús sobre facer a vontade de Deus?

4 Xesús dixo que non sempre sería fácil facer a vontade de Deus. Comparou a vida do cristián cun camiño apertado polo que poucas persoas quererían ir. El dixo: “Entrade pola porta estreita. Porque ancha é a porta e espacioso o camiño que leva á perdición, e son moitos os que entran por el. Pero ¡que estreita é a porta e que apretado o camiño que levan á vida, e que poucos dan con eles!” (Mateo 7:13, 14). Os que fan a vontade de Deus son como aqueles que van polo camiño apertado que leva á vida eterna. En cambio, os que non fan a vontade de Deus son como aqueles que van polo camiño espazoso que leva á morte. Como Deus non quere que ninguén morra, dános a todos a oportunidade de aprender acerca del (2 Pedro 3:9).

COMO IDENTIFICAR A RELIXIÓN VERDADEIRA

5. Como podes identificar cal é a relixión verdadeira?

5 Xesús explicou como poderiamos identificar a relixión verdadeira. El dixo: “Polos seus froitos coñecerédelos”. E engadiu: “Toda árbore de boa caste produce froitos xeitosos” (Mateo 7:16, 17). Polo tanto, podemos recoñecer os que adoran a Deus do xeito que a el lle agrada polos seus froitos, é dicir, polo que cren e polo que fan. Isto non significa que sexan perfectos, pero sempre se esforzan por facer o que está ben. Vexamos agora como podemos identificalos.

6, 7. a) Por que se basean na Biblia as ensinanzas da relixión verdadeira? b) Que nos ensina o exemplo de Xesús?

6 Basean as súas ensinanzas na Biblia. A Biblia di: “Toda a Escritura está inspirada por Deus e é útil para ensinar, para corrixir, para enmendar, para educar na xustiza. Dese xeito, o home de Deus tórnase perfecto e competente para toda obra boa” (2 Timoteo 3:16, 17). E o apóstolo Paulo escribiulles ós cristiáns: “Ó recibirdes de nós a palabra de Deus, acolléstela non coma palabra de homes senón coma o que verdadeiramente é: coma palabra de Deus” (1 Tesalonicenses 2:13). Así que a relixión verdadeira basea as súas ensinanzas só na Palabra de Deus, a Biblia. Non se basea en ideas de homes nin en tradicións.

7 Todo o que ensinou Xesús baseábase na Palabra de Deus (le Xoán 17:17). El citou moitas veces das Escrituras (Mateo 4:4, 7, 10). Os verdadeiros servos de Deus seguimos o exemplo de Xesús e baseamos todo o que ensinamos na Biblia.

8. Que ensinou Xesús sobre adorar a Xehová?

8 Adoran só a Xehová. A Biblia di: “¡Eu, Iavé, este é o meu Nome! A miña gloria a outro non lla dou; nin a miña louvanza ós ídolos” (Isaías 42:8). Xesús quería que as persoas soubesen quen é o Deus verdadeiro, e por iso lles ensinou cal é o Seu nome (le Xoán 17:26). Ademais, dixo: “Só ó Señor, o teu Deus, adorarás, e só a El darás culto” (Mateo 4:10). Así que os servos de Deus seguimos o exemplo de Xesús. Adoramos só a Xehová, usamos o seu nome e ensinámosllelo a outros. Tamén falamos do que Deus fará por nós.

9, 10. Como amosamos amor polos demais?

9 Amosan verdadeiro amor polos demais. Xesús ensinoulles ós seus discípulos a amárense uns ós outros (le Xoán 13:35). Sen importar onde vivamos, a nosa cultura, ou se somos ricos ou pobres, o noso amor polos demais fai que esteamos unidos, coma irmáns e irmás (Colosenses 3:14). Por iso non imos á guerra nin matamos a ninguén. A Biblia di: “Nisto é onde se ven os que son fillos de Deus e os que son fillos do demo. Quen non fai o que é xusto, isto é, quen non quere ben a seu irmán, non vén de Deus”. E engade: “Que nós nos amemos uns ós outros. Non coma Caín, que, vindo da caste do demo, degolou a seu irmán” (1 Xoán 3:10-12; 4:20, 21).

10 Usamos as nosas enerxías, o noso tempo e os nosos bens para axudarnos e animarnos uns ós outros (Hebreos 10:24, 25). Facemos “ben a todos” (Gálatas 6:10).

11. Por que obedecemos a Xesús?

11 Obedecen a Xesús porque é o único xeito de achegarse a Deus. A Biblia explica: “En ningún outro hai salvación, porque non hai ningún outro nome baixo do ceo, dado ós homes, no que nos poidamos salvar” (Feitos 4:12). No capítulo 5, aprendemos que Xehová enviou a Xesús para dar a súa vida como rescate polos humanos obedientes (Mateo 20:28). Xehová escolleu a Xesús como Rei para gobernar sobre a Terra. Por iso a Biblia di que, se queremos vivir para sempre, precisamos obedecer a Xesús (le Xoán 3:36).

12. Por que non debemos participar en política?

12 Non participan en política. Xesús nunca se meteu en política. Cando o estaban a xulgar, díxolle ó gobernador romano Pilato: “O meu reino non é deste mundo” (le Xoán 18:36). Igual ca Xesús, nós tamén somos leais ó Reino celestial de Deus. Por iso, sen importar onde vivamos, non participamos en asuntos políticos. Inda así, obedecemos as leis do país onde vivimos. A Biblia di: “Sométase toda persoa ás autoridades constituídas”, é dicir, ós gobernos (Romanos 13:1). Con todo, se unha lei está en contra das leis de Deus, seguimos o exemplo dos apóstolos, que dixeron: “Cómpre obedecer a Deus antes cós homes” (Feitos 5:29; Marcos 12:17).

13. Que predicamos sobre o Reino de Deus?

13 Cren que o Reino de Deus é a única solución ós problemas do mundo. Xesús dixo que se proclamaría a “Boa Nova do Reino” por toda a Terra (le Mateo 24:14). Ningún goberno humano pode facer o que o Reino de Deus fará por nós (Salmo 146:3). Xesús ensinounos a orar polo Reino de Deus cando dixo: “Veña o teu Reino, fágase a túa vontade así na terra coma no ceo” (Mateo 6:10). A Biblia explica que o Reino de Deus vai destruír tódolos gobernos humanos e “subsistirá para sempre” (Daniel 2:44).

14. Cal pensas ti que é a relixión verdadeira?

14 Logo de analizar estes puntos, pensa nisto: “Quen basea as súas ensinanzas na Biblia? Quen ensina o nome de Deus? Quen amosa verdadeiro amor polos demais? Quen cre que Deus enviou a Xesús para salvarnos? Quen non se mete en política? Quen predica que o Reino de Deus é o único que pode solucionar os nosos problemas?”. Só as testemuñas de Xehová (Isaías 43:10-12).

E TI QUE FARÁS?

15. Que precisamos facer se queremos que Deus acepte a nosa adoración?

15 Non abonda con crer que Deus existe. Por exemplo, os demos cren que existe, pero non o obedecen (Santiago 2:19). Se queremos que Deus acepte a nosa adoración, precisamos facer o que nos manda, non só crer nel.

16. Por que debemos saír da relixión falsa?

16 Para que Deus acepte a nosa adoración, tamén temos que saír da relixión falsa. O profeta Isaías escribiu: “Non toquedes cousa impura. Saíde do medio dela, mantédevos limpos” (Isaías 52:11; 2 Corintios 6:17). Xehová ve a relixión falsa como algo sucio. Por iso debemos afastarnos de todo o que estea relacionado con ela.

17, 18. a) Que é Babilonia a Grande? b) Por que é urxente que te apartes das relixións falsas?

17 Como sabemos se unha relixión é falsa? Sabémolo se di que adoremos a Deus dun xeito distinto ó que a Biblia ensina. A Biblia chámalles a tódalas relixións falsas “a gran Babilonia”, ou Babilonia a Grande (Apocalipse 17:5). De onde vén ese nome? Dunha antiga cidade chamada Babilonia. Alí xurdiron moitas ensinanzas falsas que logo se espallaron por toda a Terra. Por exemplo, as persoas que vivían alí adoraban grupos de tres deuses. Hoxe en día, moitas relixións ensinan que Deus é unha trindade. Pero a Biblia deixa moi claro que Xehová é o único Deus verdadeiro e que Xesús é o seu Fillo (Xoán 17:3). A xente que vivía en Babilonia tamén cría que, despois de morrer, unha parte das persoas seguía vivindo e mesmo podía sufrir nun inferno. Pero iso non é verdade (ver as notas 14, 17 e 18).

18 Deus predixo que tódalas relixións falsas van ser destruídas dentro de pouco (Apocalipse 18:8). Entendes por que é tan urxente apartar das relixións falsas? Xehová quere que o fagas antes de que sexa demasiado tarde (Apocalipse 18:4).

Un grupo de testemuñas de Xehová de moitos países dálle a benvida a un home

Se serves a Xehová co seu pobo, serás parte dunha familia mundial

19. Como coidará Xehová de ti se decides adoralo?

19 Cando alguén decide adorar a Xehová e deixar a relixión falsa, poida que a súa familia e amigos non o entendan ou lle fagan a vida difícil. Quizais ata se poñan na súa contra, o avergoncen ou deixen de xuntarse con el. Se este é o teu caso, lembra que Xehová non te vai abandonar, el coidará de ti. Serás parte dunha familia mundial de millóns de persoas que se queren moito e terás a esperanza de vivir para sempre no novo mundo (Marcos 10:28-30). Co tempo, poida que algúns deses familiares ou amigos decidan estudar a Biblia.

20. Por que é importante que adores a Deus como el quere?

20 Moi pronto Deus acabará con toda a maldade e o seu Reino gobernará sobre a Terra (2 Pedro 3:9, 13). Serán tempos moi emocionantes. Todos adorarán a Xehová do xeito que el quere. Por iso é moi importante que fagas agora os cambios necesarios para agradarlle a Deus.

OS QUE FAN A VONTADE DE DEUS...

Persoas de diferentes idades, razas e circunstancias seguen o camiño da adoración verdadeira
  • basean o que ensinan na Biblia

  • adoran só a Xehová e ensinan o seu nome a outros

  • ámanse uns ós outros

  • cren que Deus enviou a Xesús para salvarnos

  • non se meten en política

  • predican que só o Reino de Deus solucionará os problemas do mundo

ENSINANZAS DA BIBLIA

1. COMO IDENTIFICAR A RELIXIÓN VERDADEIRA

“¡Que estreita é a porta e que apretado o camiño que levan á vida, e que poucos dan con eles!” (Mateo 7:14)

Como podemos saber se Deus acepta tódalas relixións?

  • Mateo 7:21-23

    Deus non acepta ningunha relixión que non faga a Súa vontade.

  • Mateo 7:13, 14

    A relixión verdadeira leva á vida eterna. A relixión falsa leva á destrución eterna.

  • Mateo 7:16, 17

    Podes identificar a relixión verdadeira polos seus feitos. Non precisas investigar tódalas relixións; abonda con que estudes o que ensina a Biblia.

2. COMO DEBEMOS ADORAR A DEUS

  • 1 Tesalonicenses 2:13; 2 Timoteo 3:16, 17

    Só debemos crer e ensinar o que está na Biblia.

  • Mateo 4:10; Xoán 17:26

    Adoremos a Xehová e usemos o seu nome.

  • Xoán 13:35

    Amosemos amor polos demais.

  • Xoán 3:36; Feitos 4:12

    Obedezamos a Xesús. É o medio que Deus usa para nos salvar.

  • Xoán 18:36; Feitos 5:29

    Non nos metamos na política.

  • Mateo 24:14; 6:10

    Ensinemos a outros que o Reino de Deus é a única solución ós nosos problemas.

3. ACTÚA CONFORME O QUE APRENDES NA BIBLIA

Que debes facer para que Deus acepte a túa adoración?

  • Santiago 2:19

    Non abonda con crer en Deus. Debes poñer en práctica o que El nos ensina na Biblia.

  • Isaías 52:11; Apocalipse 17:5

    A relixión falsa, ou Babilonia a Grande, ensina formas de adorar a Deus que el non acepta. Entre as ensinanzas destas relixións están a Trindade, a inmortalidade da alma e o inferno.

  • Apocalipse 18:4, 8

    Xehová pronto acabará con tódalas relixións falsas. Por iso, debes rexeitar calquera cousa relacionada con elas.

  • Marcos 10:28-30

    Poida que alguén se opoña a que sirvas a Xehová, pero El sempre estará a carón de ti.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir