Estou preparado?
Estou preparado para predicar coa congregación?
Poida que esteas preparado para ser publicador non bautizado se...
- tes o costume de estudar a Biblia, orar e ir ás reunións de congregación. 
- valoras e cres o que estás aprendendo e queres contárllelo a outros. 
- amas a Xehová e escolles amigos que tamén o aman. 
- cortaches toda relación con calquera organización política ou da relixión falsa. 
- vives de acordo coas normas de Deus e queres ser testemuña de Xehová. 
Se pensas que xa estás preparado para predicar coa congregación, o teu mestre da Biblia falará cos anciáns e eles xuntaranse contigo para ver se cumpres os requisitos.
Estou preparado para bautizarme?
Poida que esteas preparado para bautizarte se...
- es publicador non bautizado. 
- predicas todo o que podes e con regularidade. 
- apoias e segues a guía do “criado fiel e prudente” (Mateo 24:45-47). 
- xa te dedicaches a Xehová en oración e queres servilo para sempre. 
Se pensas que xa estás preparado para bautizarte, o teu mestre da Biblia falará cos anciáns e eles xuntaranse contigo para ver se cumpres os requisitos.