LECCIÓN 22
Como podes falar ti das boas noticias?
Segundo vaias aprendendo as verdades da Biblia poida que penses: “Todos deberían coñecer isto!”. E é certo, todo o mundo necesita coñecelo. Pero poida que te poña nervioso contarlles a outros o que aprendiches. Imos analizar como podes superar eses nervios e comezar a falar con alegría das boas noticias da Biblia.
1. Como podes falar coas persoas que coñeces do que levas aprendido?
Os discípulos de Xesús dixeron: “Non podemos deixar de falar do que temos visto e sentido” (Feitos 4:20). Valoraban tanto a verdade que aprenderan que querían compartila con tódalas persoas posibles. Sentes ti o mesmo? Se é así, busca oportunidades para falarlles con respecto á túa familia e amigos do que levas aprendido (le Colosenses 4:6).
Como podes empezar?
Cando fales coa familia, saca un tema da Biblia dicindo: “Aprendín algo interesante esta semana”.
Fálalle dun texto animador da Biblia a un amigo que estea enfermo ou preocupado.
Cando un compañeiro che pregunte que tal che foi a fin de semana, cóntalle algo que aprendeses no teu curso da Biblia ou nunha reunión.
Ensínalles ós teus amigos a nosa páxina de Internet jw.org.
Invita a outros a que te acompañen no teu curso da Biblia ou ensínalles como poden solicitar un en jw.org.
2. Por que predicar coa congregación é unha meta que vale a pena?
Os discípulos non só lles predicaron as boas noticias ós seus coñecidos. Xesús “mandounos de dous en dous [...] a tódalas vilas e aldeas” (Lucas 10:1). Esta forma de predicar organizada deulles a moitas máis persoas a oportunidade de escoitar esas boas noticias. Ademais, predicar xuntos deulles moita alegría ós discípulos (Lucas 10:17). Poderías ti tamén poñerte a meta de predicar coa congregación?
AFONDA MÁIS
Aprende como podes superar os nervios ó falar das boas noticias, e desfruta da alegría de facelo.
3. Xehová estará contigo
Algúns queren predicar, pero póñense nerviosos ó pensar na impresión que van dar ou na reacción que vai ter a xente.
Ponte nervioso falar do que levas aprendido? Por que?
Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:
Como superaron os seus medos os rapaces do vídeo?
Lede Isaías 41:10 e logo comentade esta pregunta:
Como che vai axudar a oración cando che dea medo predicar?
Sabíalo?
Moitas testemuñas de Xehová pensaron que nunca serían capaces de falarlles das boas noticias a outros. Por exemplo, Serguei sentía que non valía nada e custáballe moito falar cos demais. Pero entón empezou a estudar a Biblia. El di: “A pesar do meu medo, empecei a falarlles a outros do que estaba a aprender. Para a miña sorpresa, isto aumentou a miña autoestima e axudoume a estar máis convencido das miñas novas crenzas”.
4. Sé respectuoso
Cando fales das boas noticias non penses só en que vas dicir senón tamén en como o vas dicir. Lede 2 Timoteo 2:24 e 1 Pedro 3:15, 16 (3:15, TNM) e logo comentade estas preguntas:
Como poderías aplicar o que din estes versículos cando fales da Biblia con alguén?
Poida que algúns familiares e amigos non estean de acordo contigo. Que poderías facer? Que non deberías facer?
En vez de dicirlles ós demais o que teñen que crer, por que sería mellor facer preguntas con respecto?
5. Falar das boas noticias fainos felices
Xehová encargoulle a Xesús predicar as boas noticias. Como viu Xesús esa tarefa? Lede Xoán 4:34 e logo comentade estas preguntas:
Comer bos alimentos mantennos vivos e fainos felices. Por que comparou Xesús facer a vontade de Deus, o que inclúe predicar, coa comida?
Que alegrías cres que nos pode dar falar das boas noticias?
Consellos
Durante a reunión de entre semana, pensa en formas nas que poderías empezar conversas para falar das boas noticias.
Fala co teu mestre para saber como podes matricularte na reunión de entre semana. As intervencións estudantís poden axudarche a sentirte máis preparado para contarlles a outros o que estás aprendendo.
Usa as seccións Hai quen di e Alguén podería preguntar deste curso para practicar como responder preguntas e obxeccións habituais.
ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “Que é da túa vida?”.
Como poderías aproveitar esta oportunidade para falarlle do que levas aprendido no teu curso da Biblia?
RESUMO
Falar das boas noticias fainos felices e ademais pode que sexa máis fácil do que pensas.
Repaso
Por que deberiamos falarlles a outros das boas noticias?
Como podes facelo dun xeito respectuoso?
Como podes superar os nervios que quizais che provoque a idea de predicar?
INVESTIGA
Mira catro maneiras sinxelas de usar a tarxeta jw.org para falar das boas noticias.
Aprende catro cousas que che axudarán a falar das boas noticias.
“Estás disposto a ser ‘pescador de homes’?” (La Atalaya, setembro 2020)
Mira como un relato da Biblia nos dá valor para falar con outros das boas noticias, aínda que sexamos novos.
Descubre como lles podes falar da Biblia ós teus familiares que aínda non coñecen a Xehová.
“Como chegarlles ó corazón ós familiares que teñen crenzas diferentes” (La Atalaya, 15 marzo 2014)