BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 47
  • Estás preparado para bautizarte?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Estás preparado para bautizarte?
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • O bautismo, unha meta que vale a pena
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Estás listo para te bautizar?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2020
  • Debería dedicar a miña vida a Deus e bautizarme?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Debería bautizarme? | Parte 1: O que significa o bautismo
    Preguntas da xuventude
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 47
Lección 47. Un estudante da Biblia mirando como se bautiza outro home nun congreso.

LECCIÓN 47

Estás preparado para bautizarte?

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Grazas ó teu estudo da Biblia xa levas aprendidas moitas cousas sobre Xehová. E probablemente xa fixeches algúns cambios para aplicar o que aprendiches. Pero poida que aínda haxa algunhas cousas que che estean impedindo dedicarte a Xehová e bautizarte. Nesta lección analizaranse algúns obstáculos habituais e como podes superalos.

1. Canto tes que saber antes de bautizarte?

Para bautizarte necesitas ter coñecemento exacto da verdade (1 Timoteo 2:4). Isto non quere dicir que teñas que saber a resposta a tódalas preguntas que che fagan sobre a Biblia. De feito, incluso os cristiáns que se bautizaron hai moito tempo seguen aprendendo (Colosenses 1:9, 10). Pero si que necesitas coñecer as ensinanzas básicas da Biblia. Os anciáns da congregación axudaranche a saber se xa tes suficiente coñecemento.

2. Que pasos tes que dar antes de bautizarte?

Para poder bautizarnos, a Biblia mándanos: “Arrepentídevos, logo, e convertédevos” (le Feitos 3:19). Isto significa que debes lamentar profundamente as cousas malas que fixeches no pasado e pedirlle a Xehová que te perdoe. Tamén tes que rechazar con firmeza calquera mala conducta e estar decidido a vivir dun xeito que lle agrade a Deus. Ademais, tes que empezar a participar nas actividades da congregación indo ás reunións e predicando como publicador non bautizado.

3. Por que non debería o medo impedir que te bautices?

Algúns teñen medo de non ser capaces de cumprir o que lle prometeron a Xehová. É certo que ás veces cometerás erros. Isto tamén lles pasou a homes e mulleres fieis que aparecen na Biblia. Pero Xehová non espera que os que o adoran sexan perfectos (le Salmo 103:13, 14). El síntese feliz cando fas todo o que podes. E vaiche axudar! De feito, a Biblia di que nada “nos poderá afastar do amor que Deus nos ten” (le Romanos 8:38, 39).

AFONDA MÁIS

Mira como podes superar calquera obstáculo que che impida bautizarte coñecendo mellor a Xehová e aceptando a súa axuda.

Colaxe: Unha rapaza superando os obstáculos para bautizarse. As escenas repítense ó longo da lección.

4. Coñece mellor a Xehová

A rapaza estudando a Biblia cunha testemuña de Xehová.

Canto tes que saber sobre Xehová antes de bautizarte? Tes que coñecelo o suficiente como para amalo e querer agradarlle. Poñede o VÍDEO para ver como fixeron isto algúns estudantes da Biblia arredor do mundo. Logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: O camiño ó bautismo (3:56)

  • Que lles axudou ás persoas que saen no vídeo a prepararse para o bautismo?

Lede Romanos 12:2 e logo comentade estas preguntas:

  • Tes algunha dúbida sobre o que ensina a Biblia? Estás convencido de que as testemuñas de Xehová ensinan a verdade?

  • Se tes algunha dúbida, que podes facer?

5. Supera os posibles obstáculos

A rapaza metendo unha Biblia na súa mochila mentres a nai lle berra.

Cando decidimos dedicarnos a Xehová e bautizarnos, todos afrontamos obstáculos. Para ver un exemplo, poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: O amor por Xehová supera tódolos obstáculos (5:22)

  • Que obstáculos tivo que superar Naránguerel para servir a Xehová?

  • Como lle axudou o amor por Xehová a superar eses obstáculos?

Lede Proverbios 29:25, TNM e 2 Timoteo 1:7 e logo comentade esta pregunta:

  • Que nos dará o valor que necesitamos para superar os obstáculos?

6. Confía na axuda de Xehová

A rapaza predicándolle a unha muller maior. A súa mestra acompáñaa na predicación.

Xehová vaiche axudar a facer o que lle agrada. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Xehová é quen te axuda (2:50)

  • Que lle impedía bautizarse ó estudante do vídeo?

  • Que foi o que lle axudou a fortalecer a súa confianza en Xehová?

Lede Isaías 41:10, 13 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que podes estar seguro de que vas ser capaz de cumprir a túa promesa cando te dediques a Xehová?

7. Aumenta a túa gratitude polo amor de Xehová

A rapaza orando soa.

Canto máis penses no moito que te quere Xehová, máis agradecido estarás e máis quererás servilo para sempre. Lede Salmo 40:6 (40:5, TNM) e logo comentade esta pregunta:

  • Que bendicións de Xehová agradeces máis?

O profeta Xeremías amaba a Xehová e a súa mensaxe, e valoraba moito o privilexio de levar o seu nome. El díxolle a Xehová: “As túas palabras eran para min unha alegría, e a ledicia do meu corazón; olla que Ti mesmo invocáche-lo teu Nome sobre min” (Xeremías 15:16). Contesta estas preguntas:

  • Por que é un privilexio especial ser testemuña de Xehová?

  • Queres bautizarte como testemuña de Xehová?

  • Hai algo que che impida facelo?

  • Que pensas que tes que facer para alcanzar a meta do bautismo?

A rapaza bautizándose.

HAI QUEN DI: “Non creo que poida estar á altura do que se espera de min se me bautizo”.

  • Ti tamén te sentes así?

RESUMO

Coa axuda de Xehová poderás superar calquera obstáculo que che impida bautizarte.

Repaso

  • Canto tes que saber da Biblia para bautizarte?

  • Que cambios poida que teñas que facer antes de poder bautizarte?

  • Por que non debería o medo impedir que te bautices?

Intenta isto

INVESTIGA

Analiza en que debería basearse a túa decisión de bautizarte.

“Estás listo para te bautizar?” (La Atalaya, marzo 2020)

Aprende como podes superar desafíos específicos que poderían impedir que te bautices.

“¿Por que non me podo bautizar eu?” (La Atalaya, marzo 2019)

Mira como un home superou obstáculos moi grandes para poder bautizarse.

Por que estás pospoñendo a decisión de bautizarte? (1:10)

Mira que convenceu a un home para dar o importante paso do bautismo, aínda que ó principio tiña dúbidas.

De verdade merezo todas estas bendicións? (7:21)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir