BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 36
  • Sexamos honrados en todo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Sexamos honrados en todo
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Sexamos honrados en todo
    Continúa no amor de Deus
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 36
Lección 36. Un home firmando un documento.

LECCIÓN 36

Sexamos honrados en todo

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Todos queremos ter amigos que sexan honrados. Xehová tamén espera o mesmo dos seus amigos. Pero isto non é fácil nun mundo no que moitas persoas non son honradas. Cales son os beneficios de ser honrados en todo?

1. Cal é a razón máis importante para ser honrados?

Cando somos honrados cos demais, demostrámoslle a Xehová que o queremos e o respectamos. Pensa nisto: Xehová sabe todo o que pensamos e facemos (Hebreos 4:13). El dáse conta cando decidimos ser honrados, e valórao moito. De feito a Biblia di que Xehová “aborrece ó perverso, e reserva a súa intimidade para os honrados” (Proverbios 3:32).

2. De que maneiras podemos ser honrados no día a día?

Xehová dinos: “Dicide a verdade cada un ó seu próximo” (Zacarías 8:16, 17). Que significa isto? Significa que cando falamos coa familia, cos compañeiros de traballo, cos irmáns da congregación ou cos funcionarios do goberno non mentimos nin damos información enganosa. As persoas honradas non rouban nin estafan a outras (le Proverbios 24:28 e Efesios 4:28). Tamén pagan tódolos impostos (Romanos 13:5-7). En calquera cousa que fagamos debemos “portarnos decentemente en todo” (Hebreos 13:18).

3. Cales son os beneficios de ser honrados?

Cando se nos coñece por ser honrados, os demais confían en nós. Deste xeito contribuímos a que haxa un bo ambiente na congregación e a que todos se sintan seguros, igual que nunha familia ben levada. Tamén temos a conciencia limpa, dámoslle “honor á doutrina de Deus, o noso Salvador” e facemos que outros queiran coñecelo (Tito 2:10).

AFONDA MÁIS

Fíxate en como se sente Xehová cando es honrado e como te beneficia selo. Aprende como podes ser honrado en diferentes situacións.

4. A honradez agrádalle a Xehová

Lede Salmo 44:22 (44:21, TNM) e Malaquías 3:16 e logo comentade estas preguntas:

  • Por que non ten sentido pensar que podemos esconder a verdade?

  • Como pensas que se sente Xehová cando escollemos dicir a verdade, mesmo cando non é fácil?

Unha nena falando con seu pai axeonllado diante dela. O zume dun vaso caeu polo escritorio abaixo.

Cando os nenos din a verdade fan felices a seus pais. Cando nós dicimos a verdade facemos feliz a Xehová

5. Sé honrado en todo o que fagas

Moitas persoas pensan que ser honrados non sempre é práctico. Pero mira por que deberiamos ser honrados en todo momento. Poñede o VÍDEO.

VÍDEO: Que cousas contribúen á nosa alegría? Unha conciencia limpa (2:32)

Unha escena do vídeo ‘Que cousas contribúen á nosa alegría? Unha conciencia limpa’. Rubén e o seu xefe dándose a man despois de que Rubén lle dixese que cometera un erro.

Lede Hebreos 13:18 e logo comentade como podemos ser honrados...

  • coa nosa familia.

  • no traballo ou na escola.

  • noutras situacións.

6. Ser honrados benefícianos

Pode que ser honrados nos traia algún problema. Pero ó final sempre é o mellor. Lede Salmo 34:13-17 (34:12-16, TNM) e logo comentade esta pregunta:

  • Como mellora a túa vida cando es honrado?

A. Un home e a súa muller falando xuntos mentres toman un café. B. Un mecánico sendo felicitado polo seu xefe nun taller de coches. C. Un home no seu coche ensinándolle a súa documentación a un policía.
  1. Os maridos e as mulleres honrados fortalecen o seu matrimonio

  2. Os traballadores honrados gáñanse a confianza dos seus xefes

  3. Os cidadáns honrados gáñanse unha boa reputación ante as autoridades

HAI QUEN DI: “Unha mentira pequena non lle fai mal a ninguén”.

  • Por que pensas que Xehová odia tódalas mentiras?

RESUMO

Xehová quere que os seus amigos sexan honrados en todo o que din e en todo o que fan.

Repaso

  • De que maneiras podemos ser honrados?

  • Por que non ten sentido pensar que podemos esconder a verdade?

  • Por que queres ser honrado en todo momento?

Intenta isto

INVESTIGA

Como poden os pais ensinarlles ós fillos a ser honrados?

Di sempre a verdade (1:44)

Como nos beneficia cumprir o que prometemos?

Mantén as túas promesas e recibe recompensas (9:09)

Deberiamos pagar impostos se sabemos que se van usar mal?

“Deberías pagar impostos?” (La Atalaya, 1 setembro 2011)

Que motivou a un estafador a cambiar e levar unha vida honrada?

“Aprendín que Xehová é bo e está disposto a perdoar” (La Atalaya, 1 maio 2015)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir