BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 37
  • Que di a Biblia sobre o traballo e os cartos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que di a Biblia sobre o traballo e os cartos
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Teñen os cartos a culpa de tódolos males?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Como pode axudarche a Biblia?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como pode axudarche a Biblia?
    Desfruta da vida para sempre! Introdución ó curso da Biblia
  • Como administrar os cartos?
    A túa familia pode ser feliz
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 37
Lección 37. Un carpinteiro cravando unha punta nunha peza de madeira.

LECCIÓN 37

Que di a Biblia sobre o traballo e os cartos

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Sentícheste algunha vez angustiado polo traballo ou polos cartos? Poida que non sexa fácil conseguir o que necesitamos e ó mesmo tempo adorar a Xehová como el merece. A Biblia dá consellos prácticos que nos poden axudar.

1. Que di a Biblia sobre o traballo?

Deus quere que desfrutemos do noso traballo. A Biblia di: “Non lle resta ó home cousa mellor senón [...] darse boa vida do froito do seu esforzo” (Eclesiastés 2:24). Xehová traballa moito. Cando o imitamos e somos bos traballadores, agradámoslle a el e sentímonos ben con nós mesmos.

O traballo é importante. Pero nunca deberiamos permitir que chegue a ser máis importante que a nosa adoración a Xehová (Xoán 6:27). Deus promete que se o poñemos a el en primeiro lugar na nosa vida, axudaranos a conseguir o que necesitamos para vivir.

2. Cal é o punto de vista equilibrado sobre os cartos?

Aínda que a Biblia di que “os cartos son unha protección”, tamén nos advirte de que o simple feito de telos non pode facernos felices (Eclesiastés 7:12, TNM). Por iso nos anima a non amar o diñeiro e a estar contentos co que temos (le Hebreos 13:5). Cando seguimos este consello, liberámonos da frustración que senten os que sempre queren ter máis, e evitamos débedas innecesarias (Proverbios 22:7). Tamén escapamos dos perigos do xogo por diñeiro, das apostas e dos negocios que prometen facernos ricos rapidamente.

3. Como podemos ser xenerosos cos nosos cartos?

Xehová é un Deus xeneroso e nós imitámolo cando somos “xenerosos en dar e dadiveiros cos demais” (1 Timoteo 6:18). Somos xenerosos cando usamos os nosos cartos para apoiar a congregación e para axudar a quen o necesita, sobre todo ós nosos irmáns. O que de verdade lle importa a Xehová non é canto damos senón a razón pola que o facemos. Se somos xenerosos de corazón, seremos felices e agradarémoslle a Xehová (le Feitos 20:35).

AFONDA MÁIS

Mira como te beneficia poñer o traballo no seu lugar e estar contento co que tes.

4. Honra a Xehová coa túa forma de traballar

A nosa amizade con Xehová debería influír na nosa forma de ver o traballo. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Traballemos de toda alma para Xehová (4:39)

  • Que che chamou a atención da actitude e do comportamento de Jason no seu traballo?

  • Que fixo para poñer o traballo no seu lugar?

Lede Colosenses 3:23, 24 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que é importante que sexamos bos traballadores?

Colaxe: Un home poñendo o seu traballo en primeiro lugar na vida. 1. Traballa nunha oficina polo día. 2. Quédase a traballar tamén pola noite. 3. Segue traballando despois de que os seus compañeiros xa marcharon para a casa. 4. Ó final acaba ceando só na casa.

O traballo é importante. Pero nunca deberiamos permitir que chegue a ser máis importante que a nosa adoración a Xehová

Colaxe: O mesmo home sacando tempo para cousas máis importantes. 1. Traballa nunha oficina polo día. 2. Sae do traballo á súa hora. 3. Levanta a man na reunión de congregación. 4. Cea coa súa muller e coas súas dúas fillas.

5. Estar contentos co que temos benefícianos

Moitas persoas intentan acumular tantos cartos como poden. Pero a Biblia anímanos a ver o diñeiro dun xeito diferente. Lede 1 Timoteo 6:6-8 e logo comentade esta pregunta:

  • Que nos anima a facer a Biblia?

Aínda que teñamos poucas cousas, podemos ser felices. Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: “Contentádevos co que tedes” (3:20)

  • Por que son felices as familias do vídeo a pesar de ter poucos cartos?

Pero, cal é o problema de querer máis cando xa temos moito? Xesús puxo un exemplo para explicar este perigo. Lede Lucas 12:15-21 e logo comentade esta pregunta:

  • Que aprendemos do exemplo que puxo Xesús? (Ver o versículo 15).

Lede e comparade Proverbios 10:22 e 1 Timoteo 6:10 e logo comentade estas preguntas:

  • Que pensas que é máis importante, ser amigo de Xehová ou ter moitos cartos? Por que?

  • Cales son os problemas de ir detrás dos cartos?

6. Xehová vaiche axudar a ter o necesario

Os problemas no traballo e a falta de cartos poden poñer a proba a nosa confianza en Xehová. Poñede o VÍDEO para ver que podemos facer cando pasamos por unha situación así. Logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Xehová cubrirá as nosas necesidades (6:30)

  • Que desafío afrontou o irmán do vídeo?

  • Que fixo para superar ese desafío?

Lede Mateo 6:25-34 e logo comentade esta pregunta:

  • Que lles promete Xehová ós que o poñen en primeiro lugar?

HAI QUEN DI: “Téñoche que traballar moito para manter a familia, non podo ir a tódalas reunións”.

  • Que texto te convence de que poñer a Xehová en primeiro lugar é sempre a mellor decisión?

RESUMO

O traballo e os cartos son necesarios, pero nunca deberían distraernos de servir a Xehová.

Repaso

  • Que pode axudarche a manter un punto de vista equilibrado sobre o traballo?

  • Como te beneficia estar contento co que tes?

  • Como podes demostrar que confías na promesa de Xehová de que el coida dos seus?

Intenta isto

INVESTIGA

Analiza se a Biblia di que os cartos son malos.

“Teñen os cartos a culpa de tódolos males?” (Artigo web)

Aprende que tipo de xenerosidade lle agrada a Deus.

“Que di a Biblia sobre dar?” (Artigo web)

É o xogo por diñeiro unha diversión inocente?

“O punto de vista bíblico. O xogo por diñeiro” (¡Despertad!, marzo 2015)

Mira que motivou a un home que era xogador e ladrón a cambiar o seu estilo de vida.

“Encantábanme as carreiras de cabalos” (La Atalaya, 1 novembro 2011)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir