BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 58
  • Continúa sendo leal a Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Continúa sendo leal a Xehová
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • A relixión falsa deshonra a Deus
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Que di a Biblia sobre a relixión?
    Deus ten boas noticias!
  • Como podemos demostrar o noso amor por Xehová?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 58
Lección 58. Unha familia pasando tranquilamente diante dun grupo de apóstatas que se burlan dos que chegan a un congreso das Testemuñas de Xehová.

LECCIÓN 58

Continúa sendo leal a Xehová

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Os cristiáns verdadeiros estamos decididos a non deixar que nada nin ninguén se interpoña nunca na nosa adoración a Xehová. Seguro que ti tamén te sentes así. Xehová valora a túa lealdade (le Deuteronomio 10:12). Que situacións poderían poñer a proba a túa lealdade a Xehová e como podes afrontalas?

1. Como poderían outros poñer a proba a túa lealdade a Xehová?

Algúns intentarán facer que deixemos de servir a Xehová. Quen faría algo así? Algunhas persoas que deixaron a verdade contan mentiras sobre a organización de Deus para destruír a nosa fe. A estas persoas chámaselles apóstatas. Ademais, algúns líderes relixiosos espallan información falsa sobre nós para que os máis inxenuos deixen a verdade. É moi perigoso que falemos ou intentemos razoar con calquera destes opositores, que leamos os seus libros ou blogs, que visitemos as súas páxinas de Internet ou que vexamos os seus vídeos. Cando falou dos que intentan desanimar a outros para que deixen de servir a Xehová, Xesús dixo: “Deixádeos: son cegos e guías de cegos. Se un cego guía a outro cego, ambos caerán na cova” (Mateo 15:14).

2. Que decisións persoais poderían poñer a proba a nosa lealdade a Xehová?

O noso amor por Xehová fará que evitemos calquera cousa que teña que ver coa relixión falsa. Nin o noso traballo nin as organizacións ás que pertencemos nin as actividades nas que participamos deberían estar relacionadas coa relixión falsa. Falando de Babilonia a Grande, Xehová advírtenos: “Saíde dela, meu pobo” (Apocalipse 18:2, 4).

AFONDA MÁIS

Aprende como podes evitar que alguén debilite a túa lealdade a Xehová. E mira como podes demostrar a túa lealdade saíndo de Babilonia a Grande.

3. Ten coidado cos falsos mestres

Como deberiamos reaccionar se escoitamos cousas negativas sobre a organización de Xehová? Lede Proverbios 14:15 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que non debemos crer todo o que oímos?

Lede 2 Xoán 9-11 e logo comentade estas preguntas:

  • Como deberiamos tratar os apóstatas?

  • Aínda que non nos relacionemos directamente cos apóstatas, como poderiamos chegar a ter contacto co que ensinan?

  • Como cres que se sentiría Xehová se nos paramos a escoitar as cousas negativas que se din del ou da súa organización?

4. Continúa sendo leal a Deus cando un irmán cometa un pecado

Se sabemos que alguén na congregación cometeu un pecado grave, que obriga temos? Analiza un principio da lei que Deus lle deu ó antigo Israel. Lede Deuteronomio 13:9 (13:8, TNM).

Como di este texto, se descubrimos que alguén cometeu un pecado grave, temos que contarlles ós anciáns o que sabemos. Pero antes de facelo, sería unha mostra de amor dicirlle a quen cometeu o pecado que ten que contárllelo ós anciáns. Se non o fai, a nosa lealdade a Xehová debería impulsarnos a falar nós mesmos cos anciáns. De que xeito demostra isto o amor leal que sentimos...

  • por Xehová?

  • pola persoa que pecou?

  • polo resto da congregación?

Colaxe: Un irmán axuda a outro que fixo algo mal. 1. O irmán está sorprendido polo que ve no seu teléfono móbil. 2. O irmán ensínalle o móbil ó outro irmán, pero este non lle fai caso. 3. O mesmo irmán ensínalles o móbil a dous anciáns e fala con eles.

Se un irmán se mete en problemas, axúdao!

5. Mantente lonxe de Babilonia a Grande

Poñede o VÍDEO.

VÍDEO: Saíde de Babilonia a Grande! (5:06)

Unha escena do vídeo ‘Saíde de Babilonia a Grande!’. Unha estudante da Biblia marchando de onda un cura despois de deixar o seu traballo na igrexa.

Lede Lucas 4:8 e Apocalipse 18:4, 5 e logo comentade estas preguntas:

  • Sigo aparecendo como membro nos rexistros dunha relixión falsa?

  • Pertenzo a algunha organización que estea relacionada con outra relixión?

  • Apoia dalgún xeito o meu traballo á relixión falsa?

  • Hai algún outro aspecto da miña vida no que me teña que separar da relixión falsa?

  • Se contestei que si a algunha destas preguntas, que cambios debería facer?

En tódolos casos, toma decisións que te deixen coa conciencia limpa e que demostren a túa lealdade a Xehová.

Unha irmá e o seu fillo pequeno saíndo do supermercado. Pasan diante dunha muller que está pedindo cartos para unha obra de caridade dunha organización relixiosa.

Que farías se che piden que colabores cunha obra de caridade relacionada cunha organización relixiosa?

HAI QUEN DI: “Para defender a verdade terei que saber o que din os apóstatas sobre as Testemuñas de Xehová”.

  • Pensas que sería sabio facer iso? Por que pensas así?

RESUMO

Para continuar sendo leais a Xehová temos que evitar relacionarnos cos que intentan enganarnos.

Repaso

  • Por que non deberiamos escoitar ideas apóstatas?

  • Que deberiamos facer se sabemos que un irmán cometeu un pecado grave?

  • Como podemos obedecer o mandato de fuxir da relixión falsa?

Intenta isto

INVESTIGA

Aprende como reaccionar cando outros espallan noticias falsas sobre as Testemuñas de Xehová.

“Temos toda a información?” (La Atalaya, agosto 2018)

Como podes identificar as organizacións ou actividades que apoian a Babilonia a Grande?

“Manteñámonos ocupados no remate dos ‘días derradeiros’” (La Atalaya, outubro 2019, parágrafos 16-18)

Que fixeron algúns opositores para intentar debilitar a nosa fe?

Coidado co engano (9:32)

No relato “Levaba buscando a Deus dende neno”, le sobre un pastor xintoísta que rompeu con todo o que o unía á relixión falsa.

“A Biblia cambioulles a vida” (La Atalaya, 1 xullo 2011)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir