BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 56
  • Mantén a unidade na congregación

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Mantén a unidade na congregación
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Acercarnos uns ós outros é bo para nós
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Como podes imitar o perdón de Xehová
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Apoia a túa congregación
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como podes agradarlle a Xehová coa túa fala?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 56
Lección 56. Dúas mulleres de razas diferentes saudándose contentas.

LECCIÓN 56

Mantén a unidade na congregación

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Cando estamos cos nosos irmáns, sentímonos coma o rei David, que dixo: “Vede que doce e delicioso o habitaren os irmáns en unión” (Salmo 133:1). Pero a nosa unidade non é casualidade. Cada un de nós ten que poñer da súa parte para mantela.

1. Que fai que o pobo de Deus destaque?

Se vas a unha reunión de congregación noutro país, poida que non entendas o idioma, pero aínda así sentiraste coma na casa. Por que? Porque estudamos a Biblia coas mesmas publicacións en todas partes. E esforzámonos por demostrarnos amor uns ós outros. Sen importar onde vivamos, todos adoramos a Xehová “dándolle culto cun esforzo unánime” (Sofonías 3:9).

2. Que podes facer ti para promover a unidade?

A Biblia di: “Querédevos ben uns ós outros, de corazón” (1 Pedro 1:22). Como podes aplicar este consello? En vez de centrarte nas imperfeccións dos demais, fíxate nas cousas boas da súa personalidade. E en lugar de xuntarte só con quen ten os mesmos intereses ca ti, intenta coñecer os irmáns e irmás que veñen de países e culturas diferentes. Tamén debemos esforzarnos por arrancar de raíz calquera sentimento de prexuízo que poidamos ter (le 1 Pedro 2:17).a

3. Que farás cando teñas un problema con outro irmán?

Aínda que estamos unidos, somos imperfectos. Ás veces decepcionámonos ou incluso nos facemos dano uns a outros. Por iso, a Palabra de Deus dinos: “Aturádevos uns ós outros e perdoádevos, cando un teña queixa doutro; coma o Señor vos perdoou, perdoádevos tamén vós” (le Colosenses 3:13). Aínda que lle fixemos dano a Xehová moitas veces, el perdoounos. Por iso tamén espera que nós perdoemos os nosos irmáns. Se te dás conta de que lle fixeches dano a alguén, toma a iniciativa para resolver o problema (le Mateo 5:23, 24).b

AFONDA MÁIS

Busca formas de colaborar para manter a paz e a unidade na congregación.

Colaxe: Un irmán facendo as paces. 1. Outro irmán fálalle moi enfadado. 2. Pensa no que lle dixo o outro irmán. 3. Analiza os consellos da Biblia sobre que facer cando alguén o ofende. 4. Invita ó outro irmán a tomar un café para facer as paces.

Que farás ti para facer as paces?

4. Vence os prexuízos

Queremos amar a tódolos irmáns. Pero poida que non nos sexa fácil aceptar os que son diferentes a nós. Que nos pode axudar? Lede Feitos 10:34, 35 e logo comentade estas preguntas:

  • Xehová acepta como testemuñas súas a xente de toda clase. Como debería influír iso na túa forma de ver os irmáns que teñen unha cultura diferente da túa?

  • Que prexuízos habituais na túa zona queres evitar?

Lede 2 Corintios 6:11-13 e logo comentade esta pregunta:

  • Que pensas que poderías facer para achegarte máis ós irmáns e irmás doutras culturas?

5. Perdoa con xenerosidade e fai as paces

Aínda que Xehová nunca vai necesitar que o perdoemos, el perdóanos con xenerosidade. Lede Salmo 86:5 e logo comentade estas preguntas:

  • Como de grande é o perdón de Xehová?

  • Por que agradeces que te perdoe?

  • Que situacións poden facer que nos sexa difícil manter a unidade?

Como podemos imitar a Xehová e manternos unidos ós nosos irmáns e irmás? Lede Proverbios 19:11 e logo comentade esta pregunta:

  • Cando alguén te moleste ou te ofenda, que poderías facer para mellorar a situación?

Ás veces somos nós os que ofendemos a outros. Cando pasa isto, que deberiamos facer? Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Os beneficios de procurar a paz (6:01)

  • Que fixo a irmá do vídeo para facer as paces?

6. Fíxate nas boas calidades dos teus irmáns

Cando nos achegamos ós nosos irmáns, chegamos a coñecer as súas boas calidades e tamén os seus defectos. Como podemos centrarnos nas cousas boas? Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Vexamos o mellor dos demais (5:10)

  • Que che pode axudar a ver as cousas boas dos teus irmáns?

Xehová céntrase nas cousas boas da nosa personalidade. Lede 2 Crónicas 16:9a e logo comentade esta pregunta:

  • Como te sentes ó saber que Xehová se centra nas túas boas calidades?

Un anel de diamantes.

Aínda que un fermoso diamante ten defectos, ten moito valor. Do mesmo xeito, tódolos irmáns teñen defectos, pero son moi valiosos para Xehová

HAI QUEN DI: “Eu perdoo, pero esta gárdolla”.

  • Por que debemos perdoar sen levar a conta?

RESUMO

Ti tamén podes axudar a manter a unidade na congregación perdoando e demostrándolles a tódolos irmáns que os queres moito.

Repaso

  • Como podes vencer os prexuízos?

  • Que farás cando teñas un problema con outro irmán?

  • Por que queres imitar o exemplo de Xehová perdoando a outros?

Intenta isto

INVESTIGA

Aprende como che pode axudar un exemplo que puxo Xesús a non xulgar a outros.

Quita a trabe do teu ollo! (6:56)

Temos que desculparnos aínda que pensemos que non fixemos nada malo?

“Pedir perdón abre a porta para facer as paces” (La Atalaya, 1 novembro 2002)

Mira que axudou a algúns a tratar a outros de forma imparcial.

Non xulgues polas aparencias (5:06)

Analiza como podes solucionar un problema cun irmán antes de que afecte á paz da congregación.

“Resolvamos os problemas con amor” (La Atalaya, maio 2016)

a A Nota 6 explica como o amor fai que os cristiáns eviten transmitir enfermidades contaxiosas.

b A Nota 7 analiza como tratar asuntos legais ou relacionados cos negocios.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir