BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp18 núm. 3 páxs. 10-11
  • O sufrimento: é un castigo de Deus?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O sufrimento: é un castigo de Deus?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2018
  • Subtítulos
  • O QUE NOS ENSINA A BIBLIA SOBRE O SUFRIMENTO
  • QUEN É O CULPABLE DO NOSO SUFRIMENTO?
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2018
wp18 núm. 3 páxs. 10-11
Xesús cura un neno. Os pais e os que o ven están moi contentos.

O SUFRIMENTO É un castigo de Deus?

LUZIA ESTÁ COXA DA PERNA ESQUERDA. Cando era pequena, infectouse de poliomielite, unha enfermidade moi contaxiosa que ataca o sistema nervioso. Ós 16 anos, a súa xefa díxolle: “Deus castigoute con esa parálise porque fuches desobediente e faltácheslle ó respecto á túa nai”. Anos despois, Luzia aínda recorda canto dano lle fixeron estas palabras.

CANDO DAMARIS SOUBO QUE TIÑA UN TUMOR CEREBRAL, o seu pai díxolle: “Seguro que fixeches algo moi malo para que che pase isto. Por iso Deus te está castigando”. Estas palabras fixérona sentir fatal.

A idea de que as enfermidades son un castigo de Deus vén de vello. O libro Manners and Customs of Bible Landsa di que moitos dos que vivían no tempo de Xesús crían que “as enfermidades viñan polos pecados da persoa enferma ou dos seus familiares, e que eran o castigo polo pecado”. Ademais, o libro Medieval Medicine and the Plagueb di que na Idade Media “algunhas persoas crían que Deus mandaba pestes para castigar a xente polos seus pecados”. Entón, foi un castigo de Deus a peste que matou millóns de persoas en Europa no século XIV? Ou máis ben foi por culpa dunha infección bacteriana, tal e como descubriron os investigadores médicos anos máis tarde? Algúns quizais se pregunten se Deus realmente usa as enfermidades para castigar a xente polos seus pecados.c

PENSA NISTO: Que sentido tería que Xesús curase a xente enferma se as enfermidades e o sufrimento eran un castigo de Deus? Se o fixese, non estaría iso indo en contra da xustiza de Deus? (Mateo 4:23, 24) Xesús nunca se opoñería ó que fai Deus. De feito, dixo: “Sempre fago o que a el lle agrada”. E tamén dixo: “Fago exactamente o que o Pai me mandou” (Xoán 8:29; 14:31).

A Biblia é ben clara. Falando de Xehová di: “Non hai nel inxustiza” (Deuteronomio 32:4). Por exemplo, Deus nunca provocaría un accidente de avión no que morresen centos de persoas inocentes porque quixese castigar a un dos pasaxeiros. Abrahán—un servo fiel de Deus—sabía que Deus, que é xusto, nunca actuaría así. Por iso preguntou: “Aniquilaría-los inocentes cos culpables?”. E despois respondeu: “¡Lonxe de ti facer tal cousa!” (Xénese 18:23, 25). A Biblia tamén di que “Deus non pode obra-lo mal” nin actuar inxustamente (Xob 34:10-12).

O QUE NOS ENSINA A BIBLIA SOBRE O SUFRIMENTO

Cando sufrimos non é porque Deus nos estea castigando polos nosos pecados. Xesús foi moi claro cando el e os seus discípulos viron un home que nacera cego. “Os seus discípulos preguntáronlle: ‘Rabí, quen pecou para que este home nacese cego? El ou os seus pais?’. Xesús contestoulles: ‘Non pecaron nin el nin os seus pais. No seu caso, isto pasou para que se vexa claramente o que Deus pode facer’” (Xoán 9:1-3).

Tendo en conta as ideas equivocadas que eran comúns nesa época, os discípulos de Xesús deberon quedar moi sorprendidos cando el lles dixo que esa desgraza non era unha consecuencia dos pecados do home cego nin de que os seus pais pecasen. Ó devolverlle a vista, Xesús non só curou o home, senón que tamén corrixiu a crenza falsa de que o sufrimento é un castigo de Deus (Xoán 9:6, 7). Para as persoas que teñen problemas graves de saúde é un alivio saber que Deus non é o que provoca o seu sufrimento.

Que sentido tería que Xesús curase a xente se as enfermidades eran un castigo de Deus?

A Biblia asegúranos:

  • “Con cousas malas non se pode poñer a proba a Deus, nin Deus pon a proba a ninguén” (SANTIAGO 1:13). De feito, “as cousas malas” que tanto tempo levan afectando á humanidade—como as enfermidades, a dor e a morte—pronto van desaparecer.

  • Xesucristo “curou a tódolos que estaban sufrindo” (MATEO 8:16). Ó curar os que ían xunta el, o Fillo de Deus demostrou o que conseguirá o Reino de Deus por todo o mundo.

  • Deus “secaralles tódalas lágrimas dos seus ollos, e a morte deixará de existir. Xa non haberá máis tristeza, nin choros, nin dor. As cousas que nos facían sufrir desapareceron” (APOCALIPSE 21:3-5).

QUEN É O CULPABLE DO NOSO SUFRIMENTO?

Entón, por que as persoas teñen que pasar por tanta dor e sufrimento? Esta é unha pregunta que leva facéndose a humanidade durante moito tempo. Se non é Deus o culpable do noso sufrimento, entón quen é? A resposta a estas preguntas verémola no seguinte artigo.

a Escrito por Fred H. Wight.

b Escrito por Lynne Elliott.

c Aínda que no pasado houbo veces nas que Deus castigou con enfermidades ou traxedias a algunhas persoas por cometer certos pecados, a Biblia non di que o siga facendo.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir