BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 40
  • Predixo a Biblia grandes terremotos?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Predixo a Biblia grandes terremotos?
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Predixo a Biblia grandes terremotos?
  • Están cumprindo os terremotos de hoxe en día as profecías da Biblia?
  • Que significan para nós as profecías da Biblia sobre os terremotos?
  • 1. Terremotos
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2011)
  • Cando gobernará o Reino de Deus na Terra?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
Outros temas
mrt artigo 40
Un sismógrafo rexistrando a intensidade dun terremoto.

Predixo a Biblia grandes terremotos?

Cada ano ocorren decenas de miles de terremotos. Aínda que a maioría son pequenos, os grandes terremotos causan moita destrución, sufrimento e morte. Ás veces, provocan tsunamis que destrúen as zonas costeiras acabando coa vida da xente que vive alí. Predixo a Biblia estes grandes terremotos?

Neste artigo veremos o seguinte:

  • Predixo a Biblia grandes terremotos?

  • Están cumprindo os terremotos de hoxe en día as profecías da Biblia?

  • Que significan para nós as profecías da Biblia sobre os terremotos?

  • Ideas erróneas sobre as profecías e os terremotos

Predixo a Biblia grandes terremotos?

Unha Biblia aberta. No fondo están a Terra e as ondas sísmicas rexistradas por un sismógrafo.

Xesús falou dos terremotos nunha das profecías que rexistra a Biblia. Podemos ler sobre ela nestes tres libros:

“Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá fame e terremotos en diversos lugares” (Mateo 24:7).

“Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá terremotos e fame en diversos lugares” (Marcos 13:8).

“Haberá grandes terremotos, pestes e fames en diversos lugares” (Lucas 21:11).

Xesús predixo que habería “grandes terremotos” nun lugar tras outro e, ó mesmo tempo, guerras, fames e epidemias. Cando todas estas cousas ocorresen xuntas, sería evidente que estariamos a vivir nos últimos días (Mateo 24:3; 2 Timoteo 3:1). Segundo o que di a Biblia, os últimos días comezaron en 1914 e aínda non remataron.

Están cumprindo os terremotos de hoxe en día as profecías da Biblia?

Puntos nun mapamundi indicando grandes terremotos.

Si. A profecía de Xesús, incluíndo o que dixo sobre os terremotos, cadra co que vemos hoxe en día. Dende 1914, houbo máis de 1.950 grandes terremotos que provocaron a morte de máis de dous millóns de persoas.a Vexamos algúns exemplos deste século.

O océano Índico (2004). Un terremoto de magnitude 9,1 provocou un tsunami que chegou a unha ducia de países e acabou coa vida dunhas 225.000 persoas.

A China (2008). Un terremoto de magnitude 7,9 destruíu pobos e cidades. Calcúlase que acabou coa vida de 90.000 persoas, feriu unhas 375.000 e deixou millóns sen fogar.

Haití (2010). Un terremoto de magnitude 7 seguido de varias replicas fortes, acabou coa vida de máis de 300.000 persoas e deixou a máis dun millón sen fogar.

O Xapón (2011). Un terremoto de magnitude 9 e os posteriores tsunamis acabaron coa vida dunhas 18.500 persoas e centos de miles tiveron que marchar. A central de Fukushima resultou danada, causando un importante accidente nuclear. Dez anos despois, unhas 40.000 persoas aínda non puideron regresar ós seus fogares polos altos niveis de contaminación radioactiva.

Que significan para nós as profecías da Biblia sobre os terremotos?

Unha parella camiñando da man cun futuro fermoso por diante.

As profecías da Biblia sobre os terremotos advírtennos do que sucederá nun futuro próximo. Xesús dixo: “Cando vexades que pasan estas cousas, caede na conta de que xa está preto o Reino de Deus” (Lucas 21:31).

A Biblia explica que o Reino de Deus é un goberno real que está no ceo e Xesucristo é o seu Rei. Este Reino é o que Xesús lles ensinou a pedir ós seus seguidores en oración (Mateo 6:10).

Cando o Reino de Deus goberne sobre a Terra, Deus non permitirá que ninguén sufra polos desastres naturais, incluídos os terremotos (Isaías 32:18). É máis, borrará o dano físico e emocional que hoxe causan os terremotos (Isaías 65:17; Apocalipse 21:3, 4). Para máis información, podes consultar o artigo “¿Qué cosas logrará el Reino de Dios?”.

a As estatísticas proceden da base de datos Global Significant Earthquake Database que recolle a información do Centro Nacional de Datos Xeofísicos dos Estados Unidos.

Ideas erróneas sobre as profecías e os terremotos

Idea equivocada: O noso tempo non ten nada de especial porque sempre houbo terremotos.

Realidade: A Biblia predixo terremotos e tamén outros sucesos. Todos eles ocorrerían ó mesmo tempo e demostrarían que vivimos nos últimos días. Se queres máis información, podes consultar o artigo “¿Cuál es la señal de ‘los últimos días’ o de ‘los tiempos finales’?”.

Idea equivocada: Os terremotos son un castigo de Deus.

Realidade: Os terremotos non fan distinción, acaban coa vida tanto de persoas boas como de persoas malas. Ás veces, a xente morre por estar no lugar e no momento equivocados (Eclesiastés 9:11, TNM). Se queres máis información de porqué podemos estar seguros de que os desastres naturais non son un castigo de Deus, podes consultar o artigo “¿Qué dice la Biblia sobre los desastres naturales?”.

Idea equivocada: O libro bíblico de Apocalipse predí terremotos que destruirán a Terra.

Realidade: O libro de Apocalipse fala de terremotos nos seguintes versículos: Apocalipse 6:12; 8:5; 11:13, 19; 16:18. Pero as profecías deste libro son simbólicas, polo que os terremotos non son literais (Apocalipse 1:1). Se queres máis información, podes consultar o artigo “¿Cuál es el mensaje del libro de Apocalipsis?”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir