BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 1 Corintios 8
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de 1 Corintios

      • A comida que se ofreceu ós ídolos (1-13)

        • “Para nós só hai un Deus” (5, 6)

1 Corintios 8:1

Notas

  • *

    Ou “edifica”.

1 Corintios 8:7

Notas

  • *

    Lit. “contamínase”.

1 Corintios 8:9

Notas

  • *

    Ver glosario.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
1 Corintios 8:1-13

Primeira Carta ós Corintios

8 No que ten que ver coa comida que se ofreceu ós ídolos, sabemos que todos temos coñecemento. O coñecemento enche de orgullo, pero o amor fortalece*. 2 Se alguén pensa que ten coñecemento sobre algo, aínda non sabe tanto do tema como debería. 3 Pero se alguén ama a Deus, Deus coñece a esa persoa.

4 No que ten que ver con comer comida que se ofreceu ós ídolos, sabemos que un ídolo non é nada, e que só hai un Deus. 5 Porque hai moitos ós que se lles chama deuses, tanto no ceo como na terra, e hai moitos ós que a xente considera “deuses” e “señores”. 6 Pero en realidade, para nós só hai un Deus, o Pai. Tódalas cousas veñen del e nós vivimos para el. E para nós só hai un Señor, Xesucristo. Tódalas cousas existen mediante el, e nós existimos mediante el.

7 Pero non todos entenden isto. Como algúns antes adoraban ídolos, cando comen unha comida que se ofreceu a un ídolo vena coma se estivese relacionada con ese ídolo. E a súa conciencia moléstalles* porque é débil. 8 Pero a comida non nos vai acercar máis a Deus. Se non comemos, non imos ser peores, e se comemos, non imos ser mellores. 9 Aínda así, tede coidado para que o voso dereito a escoller non faga tropezar* dalgunha maneira ós que son débiles. 10 Porque se alguén te vise a ti, que sabes que os ídolos non serven para nada, comendo nun templo no que se adoran ídolos, non cres que a conciencia do que é débil podería chegar ó punto de impulsalo a comer alimentos que se ofreceron a ídolos? 11 Aínda que ti sabes que non ten nada de malo comer esa comida, estarías botando a perder a fe do que é débil, un irmán teu polo que morreu Cristo. 12 Cando pecades contra os vosos irmáns desta maneira e lle facedes dano á súa conciencia débil, estades pecando contra Cristo. 13 Por iso, se a comida fai tropezar ó meu irmán, non volverei a comer carne nunca máis, para non facer tropezar ó meu irmán.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir