BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 2 Corintios 3
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de 2 Corintios

      • Cartas de recomendación (1-3)

      • Ministros do novo pacto (4-6)

      • A gloria do novo pacto é superior (7-18)

2 Corintios 3:6

Notas

  • *

    Ou “dun código escrito”.

2 Corintios 3:13

Notas

  • *

    Ou “resultado”, “propósito”.

2 Corintios 3:16

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

2 Corintios 3:17

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

  • *

    Ver apén. A5.

2 Corintios 3:18

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

  • *

    Lit. “de gloria en gloria”.

  • *

    Ver apén. A5.

  • *

    Ou quizais “o espírito de Xehová”.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
2 Corintios 3:1-18

Segunda Carta ós Corintios

3 E logo, necesitamos empezar a recomendarnos a nós mesmos outra vez? Necesitamos cartas de recomendación para vós ou da vosa parte, como algúns homes? 2 Vós mesmos sodes a nosa carta, escrita nos nosos corazóns e coñecida e lida por toda a humanidade. 3 Porque é evidente que sodes unha carta de Cristo escrita por nós mediante o noso ministerio. Non está escrita con tinta, senón co espírito dun Deus vivo. E tampouco está escrita en táboas de pedra, senón en táboas feitas de carne, en corazóns.

4 Esta é a confianza que temos en Deus por medio do Cristo. 5 Nós non temos o mérito de estar capacitados nin pensamos que conseguimos nada cos nosos propios esforzos, senón que estamos capacitados grazas a Deus. 6 El é quen nos capacitou para ser ministros dun novo pacto, non dunha Lei escrita*, senón do espírito. Porque a Lei escrita condena á morte, pero o espírito dá vida.

7 Agora ben, a Lei escrita que condena á morte e que foi gravada con letras en pedras chegou con tanta gloria que os fillos de Israel non podían mirar a cara de Moisés debido á gloria que saía da súa cara, unha gloria que tiña que desaparecer. 8 Entón, non tería que ser aínda máis gloriosa a maneira na que se dá o espírito? 9 Porque se a Lei escrita que condena foi gloriosa, moito máis gloriosa será a maneira na que as persoas son declaradas xustas! 10 De feito, incluso o que no seu momento recibiu gloria perdeu a súa gloria debido á gloria que é superior. 11 Porque se o que tiña que desaparecer chegou con gloria, moita máis gloria terá o que permanece!

12 Como temos esa esperanza, falamos con total liberdade 13 e non facemos coma Moisés. El tapaba a cara cun veo para que os fillos de Israel non fixasen a vista no glorioso fin* do código que tiña que desaparecer. 14 Pero as súas mentes non eran capaces de entender. E ata o día de hoxe, teñen posto o mesmo veo cando se le o antigo pacto, porque só se quita por medio de Cristo. 15 De feito, ata o día de hoxe, cada vez que se len os escritos de Moisés, un veo tapa os seus corazóns. 16 Pero cando alguén volve a Xehová*, quítaselle o veo. 17 Xehová* é o Espírito, e onde está o espírito santo de Xehová* hai liberdade. 18 E todos nós, mentres reflectimos coma espellos a gloria de Xehová* sen levar un veo na cara, somos transformados nesa mesma imaxe que vai reflectindo cada vez máis gloria*, exactamente como fai Xehová*, o Espírito*.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir