BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 1 Tesalonicenses 2
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de 1 Tesalonicenses

      • A predicación de Paulo en Tesalónica (1-12)

      • Os tesalonicenses aceptaron a palabra de Deus (13-16)

      • Paulo ten moitas ganas de ver os tesalonicenses (17-20)

1 Tesalonicenses 2:2

Notas

  • *

    Ou “enchémonos de ánimo”.

  • *

    Ou quizais “no medio de moitas loitas”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 59

1 Tesalonicenses 2:3

Notas

  • *

    Ou “inmunda”. Ver glosario impureza.

1 Tesalonicenses 2:4

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    3/2024, páxs. 30-31

1 Tesalonicenses 2:5

Notas

  • *

    É dicir, desexo excesivo de ter algo.

1 Tesalonicenses 2:7

Notas

  • *

    Ou “e os acaricia”.

1 Tesalonicenses 2:8

Notas

  • *

    Ou “non só nos agradou”.

1 Tesalonicenses 2:10

Notas

  • *

    É dicir, que non hai nada malo que se poida dicir en contra.

1 Tesalonicenses 2:13

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 5

1 Tesalonicenses 2:17

Notas

  • *

    Ou “cando se nos privou”.

  • *

    Lit. “ver o voso rostro”.

1 Tesalonicenses 2:19

Notas

  • *

    Ver glosario.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
1 Tesalonicenses 2:1-20

Primeira Carta ós Tesalonicenses

2 Irmáns, sabedes moi ben que a visita que vos fixemos non foi en balde. 2 Como sabedes, en Filipos sufrimos e maltratáronnos. Pero, grazas ó noso Deus, armámonos de valor* para anunciarvos as boas noticias de Deus a pesar de ter moita oposición*. 3 Porque o que vos aconsellamos non está baseado nun error nin nunha cousa impura*, e tampouco o facemos para enganarvos. 4 Como Deus nos deu a súa aprobación e nos encargou anunciar as boas noticias, non falamos para agradar ós homes, senón para agradar a Deus, que analiza os nosos corazóns.

5 De feito, xa sabedes que nunca usamos palabras aduladoras nin demos unha falsa impresión, coma se tivésemos cobiza* e estivésemos intentando ocultala. Deus é testemuña diso! 6 Tampouco estivemos buscando recibir gloria dos homes (nin da vosa parte nin da dos demais), aínda que poderiamos ser unha carga económica para vós por ser apóstolos de Cristo. 7 Todo o contrario, tratámosvos con amabilidade, igual que unha nai cando lles dá de mamar ós seus fillos e os coida con moito cariño*. 8 Así que, como vos tiñamos profundo cariño, non só estabamos decididos a* anunciarvos as boas noticias de Deus, senón tamén a darvos as nosas vidas, porque chegamos a querervos moito.

9 Irmáns, seguro que recordades todo o que traballamos e os esforzos tan grandes que fixemos. Cando vos predicamos as boas noticias de Deus, traballamos día e noite para non ser unha carga económica para ningún de vós. 10 De feito, sodes testemuñas, e Deus tamén, de que nos comportamos dunha maneira leal, xusta e irreprochable* con vós, os que sodes crentes. 11 Sabedes ben que vos aconsellamos, consolamos e exhortamos a cada un de vós, igual que fai un pai cos seus fillos, 12 para que seguísedes comportándovos dunha maneira digna que lle agrada a Deus, que vos está chamando para que entredes no seu Reino e recibades a súa gloria.

13 Por iso, nós tamén lle damos grazas a Deus constantemente porque cando escoitastes a palabra de Deus, que vos chegou por medio de nós, non a aceptastes coma se fose a palabra de homes, senón como o que de verdade é: a palabra de Deus. Esa palabra estavos axudando a vós, os que sodes crentes. 14 Irmáns, vós imitastes as congregacións cristiás de Deus que están en Xudea. Porque a xente do voso propio país fíxovos sufrir as mesmas cousas que os xudeus lles están facendo sufrir ós irmáns de Xudea. 15 Os xudeus incluso mataron o Señor Xesús e os profetas, e perseguíronnos a nós. Ademais, non están agradando a Deus, e o que fan non é bo para ninguén, 16 porque intentan impedir que lles prediquemos ás persoas das nacións para que se poidan salvar. Ó facer isto, están sempre aumentando os seus propios pecados. Pero por fin veu sobre eles a ira de Deus.

17 Irmáns, cando tivemos que separarnos* de vós por pouco tempo (separarnos fisicamente, aínda que nos seguiamos acordando de vós), tiñamos tantas ganas de vervos en persoa* que fixemos todo o posible por conseguilo. 18 Por iso queriamos ir a visitarvos. De feito eu, Paulo, intenteino non unha senón dúas veces, pero Satanás non nos deixou. 19 Durante a presenza* do noso Señor Xesús, quen vai ser a nosa esperanza, a nosa felicidade ou a nosa coroa de alegría diante del? Non o sodes vós? 20 Si, vós sodes a nosa gloria e a nosa felicidade.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir