BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Xoán 3
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Xoán 3:1

Multimedia

  • Xesús explícalle a Nicodemo o nacemento da auga e do espírito (gnj 3 00:00-04:43)

Xoán 3:2

Índices

  • Guía de estudo

    Facer discípulos, lección 10

Xoán 3:13

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 30

Xoán 3:14

Multimedia

  • O Fillo do Home será alzado igual que a serpe no deserto (gnj 3 04:43-05:02)

Xoán 3:16

Multimedia

  • Deus enviou o seu Fillo unixénito, non para que xulgue o mundo, senón para que o salve (gnj 3 05:02-07:52)

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 15

Xoán 3:22

Multimedia

  • O último testemuño de Xoán sobre Xesús (gnj 3 08:08-10:19)

Xoán 3:31

Multimedia

  • Demostrar fe no Fillo, quen vén de arriba, significa vida eterna (gnj 3 10:19-11:45)

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
A Biblia, SEPT
Xoán 3:1-36

Evanxeo segundo San Xoán

3 Había entre os fariseos un home chamado Nicodemo, maxistrado dos xudeus. 2 Este veu onda el pola noite e díxolle:

—Rabbí: sabemos que viñeches de Deus coma mestre, pois ninguén pode facer estes signos que ti fas, non sendo que Deus estea con el.

3 Respondeulle Xesús:

—Con toda verdade cho aseguro: como un non naza de novo, non pode ve-lo Reino de Deus.

4 Replicoulle Nicodemo:

—¿Como pode un home nacer, sendo vello? ¿Pode entrar outra vez no seo da nai e nacer?

5 Respondeulle Xesús:

—Con toda verdade cho aseguro: como un non renaza pola auga e o Espírito, non pode entrar no Reino de Deus. 6 O que naceu da carne, é carne; e o que naceu do Espírito, é espírito. 7 Non che estrañe que eu che dixese “é necesario que vós nazades de novo”. 8 O vento sopra onde quere e ti séntelo zoar pero non sabes de onde vén nin para onde vai. Así pasa con todo aquel que naceu do Espírito.

9 Replicoulle Nicodemo:

—¿Como se pode facer isto?

10 Respondeulle Xesús:

—¿Ti es mestre de Israel e non o sabes? 11 Con toda verdade cho aseguro: falamos do que coñecemos e testemuñámo-lo que vimos, pero vós non aceptáde-lo noso testemuño. 12 Se dicíndovos cousas terreas, non credes, ¿como iades crer dicíndovos cousas celestiais? 13 E ninguén subiu ó ceo, fóra do que baixou do ceo, o Fillo do Home.

14 Coma Moisés alzou a serpente no deserto, así debe ser alzado o Fillo do Home, 15 para que todo o que cre nel, teña vida eterna. 16 Pois de tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna.

17 Non mandou Deus o Fillo ó mundo para que xulgue o mundo, senón para que por el se salve o mundo. 18 O que cre nel, non é xulgado; mais o que non cre, xa está xulgado, porque non creu no Fillo Unixénito de Deus. 19 Nisto consiste o xuízo: en que, vindo a luz ó mundo, os homes escolleron a tebra en vez da luz, pois as súas obras eran ruíns. 20 Pois todo o que fai o mal, odia a luz e non vén cara á luz, para que non o delaten as súas obras. 21 Polo contrario, o que obra a verdade vén cara á luz, para que se vexan as súas obras porque están feitas como Deus quere.

22 Despois disto, foi Xesús cos seus discípulos á terra de Xudea, e alí vivía con eles e bautizaba. 23 Estaba tamén Xoán bautizando en Ainón, preto de Salén, porque había alí moita auga e viñan moitos a se bautizar 24 (pois aínda non meteran a Xoán na cadea).

25 Houbo entón unha porfía dos discípulos de Xoán cuns xudeus a propósito da purificación. 26 Foron onda Xoán e dixéronlle:

—Rabbí, fíxate, aquel que estaba contigo para alá do Xordán, de quen ti deches testemuño, está bautizando e todos van onda el.

27 Xoán contestou:

—Ninguén pode recibir nada, se non lle vén dado do ceo. 28 Vós mesmos sodes testemuñas de que eu dixen: “Eu non son o Cristo, senón que me mandaron diante del”. 29 Á esposa tena o esposo; con todo, o amigo do esposo —que está presente e o escoita— alégrase de todo corazón coa súa voz. Así é a miña alegría, que agora chega ó seu máximo. 30 El debe medrar, e eu minguar.

31 Quen vén de arriba, está por riba de todos; quen é da terra, á terra pertence e da terra fala. O que vén do ceo, está por riba de todos; 32 do que viu e oíu, disto dá testemuño; pero ninguén acepta o seu testemuño. 33 Quen acepta o seu testemuño, confirma que Deus é verdadeiro. 34 Porque aquel a quen Deus mandou, fala as palabras de Deus, que non dá o Espírito cunha medida limitada.

35 O Pai ama o Fillo e púxolle tódalas cousas nas súas mans. 36 Quen cre no Fillo, ten vida eterna; pero quen non obedece ó Fillo non verá a vida, que a ira de Deus pesa enriba del.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir