BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Santiago 1
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Santiago

      • Saúdo (1)

      • O aguante produce felicidade (2-15)

        • A fe que demostra ser de calidade (3)

        • Seguir pedindo con fe (5-8)

        • O desexo leva ó pecado e á morte (14, 15)

      • Todo o bo que recibimos vén de arriba (16-18)

      • Oír e poñer en práctica a palabra (19-25)

        • A persoa que se mira nun espello (23, 24)

      • A adoración limpa e pura (26, 27)

Santiago 1:2

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 59

Santiago 1:3

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 59

Santiago 1:4

Notas

  • *

    Ou “complete a súa obra”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 59

Santiago 1:5

Notas

  • *

    Ou “sen reprocharlle nada”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 9

    A Atalaia,

    15/3/2006, páx. 21

Santiago 1:7

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

Santiago 1:8

Notas

  • *

    Lit. “en tódolos seus camiños”.

Santiago 1:9

Notas

  • *

    Lit. “presuma”.

Santiago 1:12

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

Santiago 1:13

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 13

Santiago 1:14

Notas

  • *

    Ou “o captura cun cebo”.

Santiago 1:15

Notas

  • *

    Ou “cando o desexo se volve fértil, dá a luz o pecado”.

Índices

  • Guía de estudo

    Fontes de información,

    9/2019, páx. 12

Santiago 1:17

Notas

  • *

    Ou “Con el non hai variación do xiro da sombra”.

Santiago 1:19

Notas

  • *

    Ou “estar dispostos a”.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (público),

    núm. 1 2023 páx. 14

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 50

Santiago 1:20

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 50

    Adoración pura, páx. 190

Santiago 1:21

Notas

  • *

    Ou quizais “e a abundancia de maldade”.

Santiago 1:23

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia,

    1/8/2011,

Santiago 1:26

Notas

  • *

    Ou “é relixioso”.

  • *

    Ou “non refrea a lingua”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 51

    Continúa no amor de Deus, páxs. 161, 188

Santiago 1:27

Notas

  • *

    Ou “A relixión”.

  • *

    Lit. “na súa tribulación”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 55

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Santiago 1:1-27

Carta de Santiago

1 De parte de Santiago, escravo de Deus e do Señor Xesucristo, para as 12 tribos que están dispersadas por todas partes:

Saúdos!

2 Meus irmáns, alegrádevos moito cando vos enfrontedes a diversas probas, 3 porque sabedes que cando a vosa fe demostra ser de calidade produce aguante. 4 Pero deixade que o aguante cumpra o seu propósito*, e así estaredes completos e sans en tódolos sentidos, e non vos faltará nada.

5 Así que, se a algún de vós lle falta sabedoría, que lla pida constantemente a Deus, e el daralla. Porque el dá con xenerosidade a todos e sen botarlle nada en cara* a ninguén. 6 Pero que siga pedindo con fe, sen dubidar nada, porque quen dubida é coma unha onda do mar que o vento leva dun lado para outro. 7 De feito, unha persoa así non debería esperar que Xehová* lle dea nada. 8 É alguén indeciso e inconstante en todo o que fai*.

9 Que o irmán pobre se alegre* porque Deus deulle honra, 10 e que o rico se alegre porque foi humillado. Porque o rico desaparecerá coma as flores do campo. 11 Cando sae, o sol seca as plantas coa súa intensa calor. Entón as plantas perden as súas flores e a súa beleza. Da mesma maneira, o rico tamén desaparecerá mentres intenta alcanzar os seus obxectivos.

12 Feliz a persoa que segue aguantando ó pasar por unha proba, porque cando Deus o aprobe recibirá a coroa da vida que Xehová* lles prometeu ós que non deixen de amalo. 13 Cando alguén estea pasando por unha proba que non diga: “Deus estame poñendo a proba”. Porque con cousas malas non se pode poñer a proba a Deus, nin Deus pon a proba a ninguén. 14 Ó contrario, cada un é probado cando o seu propio desexo o atrae e o seduce*. 15 Entón, cando o desexo se volve moi forte, leva ó pecado*. E cando o pecado xa se cometeu, leva á morte.

16 Meus queridos irmáns, non vos enganedes. 17 Todo o bo que recibimos e todo regalo perfecto vén de arriba, descende do Pai das luces celestiais. El non varía nin cambia, como si o fan as sombras*. 18 A súa vontade foi facernos nacer por medio da palabra da verdade, para que fósemos, dalgunha maneira, as primicias de entre os que el creou.

19 Meus queridos irmáns, quero que saibades que todos deben ser rápidos para* escoitar, pero lentos para falar e lentos para a ira, 20 porque a ira das persoas non ten como resultado a xustiza de Deus. 21 Polo tanto, quitade toda mancha e calquera resto de maldade* da vosa vida, e permitide con apracibilidade que a palabra que pode salvarvos bote raíces no voso corazón.

22 Poñede en práctica a palabra e non vos limitedes só a oíla, para que así non vos enganedes a vós mesmos con razoamentos falsos. 23 Porque quen oe a palabra pero non a pon en práctica é coma unha persoa que mira a súa cara nun espello 24 e, despois de mirarse, marcha e enseguida esquece que clase de persoa é. 25 Pero quen mira con atención a lei perfecta que leva á liberdade e continúa nela, non a oe e despois a esquece, senón que a pon en práctica, e será feliz en todo o que faga.

26 Se alguén pensa que adora a Deus* pero non mantén a lingua baixo control*, está enganando o seu corazón e a súa adoración non serve para nada. 27 A maneira de adorar* que é limpa e pura desde o punto de vista do noso Deus e Pai consiste nisto: coidar dos orfos e das viúvas que pasan por dificultades*, e non deixarse manchar polo mundo.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir