BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 2 Corintios 1
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de 2 Corintios

      • Saúdo (1, 2)

      • Deus consólanos en tódalas nosas probas (3-11)

      • Cambios nos plans de viaxe de Paulo (12-24)

2 Corintios 1:1

Notas

  • *

    Ver glosario.

2 Corintios 1:3

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    4/2019, páx. 7

2 Corintios 1:4

Notas

  • *

    Ou “anímanos”.

  • *

    Ou “dificultades”.

  • *

    Ou “dificultade”.

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    4/2019, páx. 7

2 Corintios 1:8

Notas

  • *

    Lit. “da tribulación”.

2 Corintios 1:9

Notas

  • *

    Lit. “levanta”.

2 Corintios 1:13

Notas

  • *

    Ou quizais “que non coñezades ben e entendades”.

  • *

    Lit. “ata o fin”.

2 Corintios 1:15

Notas

  • *

    Ou quizais “para que vos beneficiásedes dúas veces”.

2 Corintios 1:19

Notas

  • *

    Tamén chamado Silas.

  • *

    Ou “non foi ‘si’ e despois ‘non’”.

2 Corintios 1:22

Notas

  • *

    Ou “pago inicial”, “fianza”, “prenda”.

2 Corintios 1:24

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia,

    15/1/2013,

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
2 Corintios 1:1-24

Segunda Carta ós Corintios

1 De parte de Paulo, apóstolo de Cristo Xesús pola vontade de Deus, e de parte do noso irmán Timoteo, para a congregación de Deus que está en Corinto e para tódolos santos* que están en Acaia:

2 Que teñades bondade inmerecida e paz de parte de Deus, o noso Pai, e do Señor Xesucristo.

3 Que o Deus e Pai do noso Señor Xesucristo sexa louvado, o Pai de tenras misericordias e o Deus de todo consolo. 4 El consólanos* en tódalas nosas probas*, para que nós poidamos consolar co consolo que recibimos de Deus ós que están pasando por calquera clase de proba*. 5 Porque, igual que sufrimos moito por ser seguidores do Cristo, tamén recibimos moito consolo mediante o Cristo. 6 Se pasamos por probas, é para consolarvos e salvarvos a vós. E se nós recibimos consolo, é para que vós tamén o poidades recibir, e que iso vos axude a aguantar os mesmos sufrimentos ca nós. 7 A nosa esperanza respecto a vós é firme, porque sabemos que igual que tedes os mesmos sufrimentos ca nós, tamén recibiredes o mesmo consolo ca nós.

8 Irmáns, queremos que esteades ó tanto dos problemas* que tivemos na provincia de Asia. Estivemos baixo unha presión tan grande que ía máis alá das nosas forzas, e incluso chegamos a temer polas nosas vidas. 9 De feito, sentímonos coma se estivésemos condenados á morte. Isto pasou para que non confiásemos en nós mesmos, senón no Deus que resucita* os mortos. 10 El salvounos dese perigo de morte tan grande e salvaranos de novo, e temos a esperanza de que nos seguirá salvando. 11 Vós tamén podedes axudarnos rogando por nós. Porque se moitos oran por nós, Deus escoitará esas oracións e axudaranos, e moitos darán grazas por iso.

12 Porque presumimos disto: a nosa conciencia testifica que no mundo, e sobre todo con vós, comportámonos con santidade e coa sinceridade que vén de Deus, de acordo coa bondade inmerecida de Deus e non coa sabedoría humana. 13 Porque en realidade non vos estamos escribindo nada que non poidades ler e entender*. Confío en que ides entender estas cousas por completo*, 14 tal como xa entendestes ata certo punto que vos podedes sentir orgullosos de nós, igual que nós nos sentiremos orgullosos de vós no día do noso Señor Xesús.

15 Como estaba convencido disto, tiña a intención de ir a visitarvos primeiro a vós, para que vos alegrásedes por segunda vez*. 16 Quería ir a visitarvos de camiño a Macedonia, e tamén ó volver de Macedonia, para que despois vós me acompañásedes parte do camiño a Xudea. 17 Esa era a miña intención, pero credes que lle dei pouca importancia a este asunto? Ou é que fago plans por motivos egoístas e por iso digo “Si, si” e despois “Non, non”? 18 Tan certo como que se pode confiar en Deus, non vos dicimos que si e despois vos dicimos que non. 19 Porque o Fillo de Deus, Xesucristo, sobre quen nós vos predicamos (é dicir, Silvano*, Timoteo e mais eu), non dixo que si e despois dixo que non*. No seu caso, o “si” foi “si”. 20 Porque, sen importar cantas promesas fixese Deus, todas chegaron a ser “si” por medio del. Por iso tamén dicimos “amén” a Deus por medio del, e así dámoslle gloria a Deus. 21 Pero Deus é quen nos unxiu e quen dá a garantía de que vós e nós lle pertencemos a Cristo. 22 Deus tamén nos puxo o seu selo, e puxo o espírito santo nos nosos corazóns como garantía do que vai vir*.

23 E poño a Deus como testemuña de que aínda non fun a Corinto porque non quería facervos sentir aínda peor. 24 Con isto non quero dicir que sexamos amos da vosa fe, porque vós estades firmes pola vosa fe. Máis ben, somos os vosos colaboradores para que esteades alegres.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir