BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 2 Tesalonicenses 1
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de 2 Tesalonicenses

      • Saúdo (1, 2)

      • A fe dos tesalonicenses medra (3-5)

      • A vinganza contra os desobedientes (6-10)

      • Oracións pola congregación (11, 12)

2 Tesalonicenses 1:1

Notas

  • *

    Tamén chamado Silas.

2 Tesalonicenses 1:6

Notas

  • *

    Lit. “tribulación”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 33

2 Tesalonicenses 1:7

Notas

  • *

    Lit. “tribulación”.

  • *

    Ou “durante a revelación do Señor Xesús”.

2 Tesalonicenses 1:8

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 33

2 Tesalonicenses 1:10

Notas

  • *

    Ver glosario.

2 Tesalonicenses 1:11

Notas

  • *

    Ou “e tódalas obras de fe”.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
2 Tesalonicenses 1:1-12

Segunda Carta ós Tesalonicenses

1 De parte de Paulo, Silvano* e Timoteo para a congregación dos tesalonicenses que está unida a Deus, o noso Pai, e ó Señor Xesucristo:

2 Que teñades bondade inmerecida e paz de parte de Deus, o Pai, e do Señor Xesucristo.

3 Irmáns, sempre nos sentimos obrigados a darlle grazas a Deus por vós. E é xusto que o fagamos porque a vosa fe está medrando moitísimo, e o amor que todos e cada un de vós sentides uns polos outros está aumentando. 4 Por iso falamos de vós con orgullo ás congregacións de Deus, polo aguante e a fe que demostrades no medio de tanta persecución e das dificultades que estades pasando. 5 Isto demostra que o xuízo de Deus é xusto e fai que se vos considere dignos do Reino de Deus, que é a razón pola que en realidade estades sufrindo.

6 De feito, é xusto que Deus castigue con tribulación ós que vos están causando sufrimentos*. 7 Pero vós, que estades pasando por sufrimentos*, deixaredes de sufrir, igual ca nós. Isto pasará cando o Señor Xesús apareza* desde o ceo cos seus poderosos anxos 8 entre chamas de lume, cando se vingue dos que non coñecen a Deus e dos que non aceptan as boas noticias sobre o noso Señor Xesús. 9 O noso Señor xulgaraos e o seu castigo será a destrución eterna. Así, serán eliminados de diante del e da súa gloriosa forza. 10 Isto pasará cando el veña para ser glorificado cos seus santos* e admirado por tódolos que demostraron fe. Vós, que crestes o testemuño que vos demos, estaredes entre eles.

11 Por iso oramos sempre por vós, para que o noso Deus vos considere dignos da vida á que vos chamou, e para que complete co seu poder todo o bo que quere facer e todo o que estivestes facendo motivados pola fe*. 12 Así, o nome do noso Señor Xesús será glorificado polo que facedes e vós seredes glorificados porque estades unidos a el, de acordo coa bondade inmerecida do noso Deus e do Señor Xesucristo.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir