BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g18 núm. 2 páx. 8
  • 5. Comunicación

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 5. Comunicación
  • Despertade! (2018)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • QUE IMPLICA
  • POR QUE É IMPORTANTE
  • QUE PODES FACER
  • 8. Exemplo
    Despertade! (2018)
  • Como educar ós vosos fillos?
    A túa familia pode ser feliz
Despertade! (2018)
g18 núm. 2 páx. 8
Uns pais cruzan unha ponte para ir xunta a súa filla

A boa comunicación é a ponte que te mantén unido ós teus fillos.

PAIS

5. Comunicación

QUE IMPLICA

Para que haxa boa comunicación os pais e os fillos deben falar con liberdade do que pensan e do que senten.

POR QUE É IMPORTANTE

A comunicación pode volverse especialmente difícil cos adolescentes. O libro Tú no me escuchas, yo no te entiendoa explica como podería sentirse un pai. Antes “era coma se tiveses un pase VIP para acceder á vida dos teus fillos. Agora o máximo ó que podes aspirar é a ocupar un asento entre o público, e quizais nin sequera sexa unha localidade preferente”. Con todo, a pesar do que poida parecer, é xusto aí cando máis necesitan falar contigo.

QUE PODES FACER

Adáptate ó horario do teu fillo. Faino incluso se isto implica quedar falando con el ata moi tarde na noite.

“Ás veces poida que penses: ‘Agora queres falar? Se levamos xuntos todo o día!’. Pero como te vas queixar se o teu fillo quere abrirse? E logo non é iso o que queremos tódolos pais?” (Lisa).

“Gústame deitarme cedo, pero algunhas das mellores conversas que tiven cos meus fillos adolescentes foron despois da medianoite” (Herbert).

O QUE DI A BIBLIA: “Que ninguén busque o seu propio interese, senón o dos demais” (1 Corintios 10:24).

Non te distraias. Un pai recoñece: “Ás veces decátome de que mentres os meus fillos me están a falar, estou pensando noutras cousas. Pero non os podes enganar, eles danse conta!”.

Se a ti che pasa o mesmo, apaga a televisión, aparta tódolos aparellos electrónicos e céntrate no que o teu fillo che está a dicir. Demóstralle que as súas preocupacións merecen toda a túa atención, aínda que a ti che parezan pouca cousa.

“Os nosos fillos deben estar seguros de que os seus sentimentos nos importan. Se non, poderían cerrarse ou buscar axuda noutro sitio” (Maranda).

“Non reacciones de xeito esaxerado, mesmo se o que di o teu fillo é unha barbaridade” (Anthony).

O QUE DI A BIBLIA: “Atendede, logo, ben ó que estades escoitando” (Lucas 8:18).

Aproveita as situacións nas que esteades tranquilos. Ás veces os fillos ábrense máis cando están nun ambiente relaxado.

“Aproveitamos as viaxes en coche. Estar sentados un ó lado do outro e non cara a cara dános pé a ter boas conversacións” (Nicole).

A hora do xantar tamén é un bo momento para falar.

“Na cea cada un conta o mellor e o peor que lle pasou no día. Isto únenos e fai que saibamos que non temos que enfrontarnos sós ós problemas” (Robin).

O QUE DI A BIBLIA: “Que todo home sexa espilido para escoitar, calmo para falar” (Santiago 1:19).

a Escrito por Lara Fox e Hilary Frankel. Traducido por Irene Saslavsky.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir