BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g19 núm. 2 páxs. 12-13
  • A importancia da guía dos adultos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A importancia da guía dos adultos
  • Despertade! (2019)
  • Subtítulos
  • QUEN DEBERÍA GUIAR OS TEUS FILLOS?
  • POR QUE É IMPORTANTE?
  • COMO GUIALOS?
Despertade! (2019)
g19 núm. 2 páxs. 12-13
Unha muller ensinándolle a unha nena fotos antigas

LECCIÓN 5

A importancia da guía dos adultos

QUEN DEBERÍA GUIAR OS TEUS FILLOS?

Os nenos necesitan que os adultos lles dean guía e consello, e os pais son os que están na mellor posición para facelo, de feito, é o seu deber. Por outro lado, outros adultos tamén poden ser unha boa influencia para eles.

POR QUE É IMPORTANTE?

En moitos países, os rapaces pasan pouco tempo cos adultos. Pensa nisto:

  • Os nenos están a maior parte do día na escola, onde hai moitos máis nenos que profesores ou outros adultos.

  • Cando volven á casa despois de clase, non hai ninguén porque os seus pais están traballando.

  • Un estudo que se fixo nos Estados Unidos mostrou que os nenos de entre 8 e 12 anos pasan unhas seis horas ó día entretidos con aparellos electrónicos.a

O libro Hold On to Your Kids (Aférrate ós teus fillos) di: “Os rapaces xa non imitan os seus pais, profesores ou outros adultos responsables nin lles piden guía ou consello, agora prefiren acudir [...] a outros rapaces da súa idade”.

COMO GUIALOS?

Pasa tempo cos teus fillos.

PRINCIPIO BÍBLICO: “Guía ao mociño polo bó vieiro, pois dise xeito, anque avelle, xa non se arredará de alí” (Proverbios 22:6, SBG).

O normal é que os nenos busquen a guía dos seus pais. De feito, os expertos din que, incluso cando entran na adolescencia, os nenos valoran máis os consellos dos seus pais que os dos seus amigos. O profesor de psicoloxía Laurence Steinberg di no seu libro You and Your Adolescent (Ti e o teu fillo adolescente): “Durante a adolescencia e os primeiros anos da idade adulta, os pais seguen sendo os que máis inflúen nas actitudes e o comportamento dos seus fillos”. Tamén di: “Ós adolescentes impórtalles a opinión dos seus pais e prestan atención ó que lles din, aínda que non sempre o admitan ou estean de acordo en todo”.

Os teus fillos senten admiración por ti de forma natural, así que aprovéitao. Pasade tempo xuntos e comparte con eles o que sentes e pensas sobre diferentes cousas, que é importante para ti e o que aprendiches na vida.

Busca alguén que sexa un bo exemplo para os teus fillos.

PRINCIPIO BÍBLICO: “Vai onda os sabios: voltarás sabio” (Proverbios 13:20).

Hai algún adulto que poida ser un bo exemplo para os teus fillos? Poderías facer algo para que os teus fillos pasen máis tempo con esa persoa? Iso non quere dicir que ese adulto vaia asumir a responsabilidade de criar os teus fillos. Pero contar co apoio de adultos de confianza, persoas que nunca farían dano ós teus fillos, pode complementar a educación que lles das. A Biblia di que un rapaz chamado Timoteo se beneficiou moito da compañía do apóstolo Paulo, incluso cando xa era adulto, e que Paulo tamén se beneficiou da compañía de Timoteo (Filipenses 2:20, 22).

Hoxe en día, moitas familias xa non viven cerca porque os avós, os tíos ou outros parentes viven noutra parte do mundo. Se este é o caso da túa familia, intenta que os teus fillos teñan a oportunidade de aprender de adultos con calidades que che gustaría ver neles.

a Ese estudo tamén descubriu que de media, os adolescentes pasan case 9 horas diarias usando aparellos electrónicos. O estudo non inclúe o tempo que os nenos e os adolescentes pasan en Internet cando están na clase ou cando están facendo os deberes na casa.

Unha muller ensinándolle a unha nena fotos antigas

EMPEZA AGORA

Normalmente, os nenos que buscan a guía dos adultos chegan a ser persoas maduras e sabias.

Ensina co exemplo

  • Son un bo exemplo para os meus fillos?

  • Ven os meus fillos que eu tamén lles pido axuda a persoas con máis experiencia?

  • Demóstrolles ós meus fillos o moito que me importan pasando tempo con eles?

O que din outros pais

“Ás veces, cando estou ocupado, a miña filla dime que quere falar comigo. Sempre intento darlle prioridade, aínda que teña que pedirlle que espere uns minutiños para darlle toda a miña atención. A miña muller e máis eu tamén nos esforzamos por ser un bo exemplo para ela, así verá que vivimos de acordo co que lle ensinamos” (David).

“Cando naceu a nosa filla, o meu home e máis eu decidimos que eu xa non traballaría máis, que quedaría na casa para poder coidala. Non me arrepinto daquela decisión. Os pais teñen que pasar o máximo tempo posible cos seus fillos para darlles a guía que necesitan e, sobre todo, para demostrarlles que se preocupan por eles” (Lisa).

PASAR TEMPO CON ADULTOS

“Os meus fillos creceron rodeados de diferentes adultos, o que lles axudou a aprender moito sobre a vida. Por exemplo, a miña avoa contoulles que, cando era pequena, a súa familia foi a primeira en ter luz eléctrica e que os veciños ían á súa casa para ver como se acendía e apagaba a luz da cociña. Iso sorprendeu moito os meus fillos e axudoulles a comprender o diferente que era a vida antes. Coñecer eses detalles da súa bisavoa tamén lles ensinou a respectar as persoas maiores. Cando os nenos pasan máis tempo cos adultos e menos tempo con outros nenos da súa idade, aprenden a ver a vida dunha maneira diferente” (Maranda).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir