BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 23 páx. 60-páx. 61 par. 4
  • Os israelitas fan unha promesa

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Os israelitas fan unha promesa
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Rompen a súa promesa
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Unha silveira ardendo!
    Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 23 páx. 60-páx. 61 par. 4
Os israelitas reunidos ó pé do monte Sinaí

CAPÍTULO 23

Os israelitas fan unha promesa

Uns dous meses despois de saír de Exipto, os israelitas chegaron ó monte Sinaí e acamparon alí. Xehová pediulle a Moisés que subise á montaña, e díxolle: “Eu salvei os israelitas. Se me obedecen e cumpren as miñas leis, serán o meu pobo escollido”. Moisés baixou e contoulles ós israelitas o que Xehová lle dixera. Como responderon eles? Contestáronlle: “Faremos todo o que Xehová nos mande”.

Moisés volveu subir á montaña e Xehová díxolle: “Dentro de tres días vou falar con vós. Advirte o pobo de que non se achegue ó monte Sinaí”. Moisés baixou e mandoulles que se preparasen para escoitar a Xehová.

Os israelitas mirando para os lóstregos e a nube escura que hai enriba do monte Sinaí

O terceiro día, os israelitas viron que na montaña había lóstregos e unha nube escura. Comezaron a escoitar uns tronos moi fortes e o son dunha trompeta. Entón Xehová baixou ó monte no medio dun lume. Os israelitas tiñan moitísimo medo. A montaña comezou a tremer e encheuse de fume. O son da trompeta era cada vez máis forte. Entón Deus díxolles: “Eu son Xehová. Non debedes adorar outros deuses”.

Moisés subiu outra vez ó monte, e alí Xehová deulle unhas leis para que todo o pobo soubese como tiña que adoralo e como debía portarse. Moisés escribiunas e léullelas ós israelitas. Eles prometeron: “Faremos todo o que Xehová nos mande”. Acababan de facerlle unha promesa a Deus. Pero, cumpriríana?

“Amara-lo Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu entendemento” (Mateo 22:37)

Preguntas. Que pasou no monte Sinaí? Que promesa fixeron os israelitas?

Éxodo 19:1–20:21; 24:1-8; Deuteronomio 7:6-9; Nehemías 9:13, 14

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir