BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 69 páx. 164-páx. 165 par. 2
  • O anxo Gabriel visita a María

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O anxo Gabriel visita a María
  • Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 69 páx. 164-páx. 165 par. 2
O anxo Gabriel aparecéndoselle a María

CAPÍTULO 69

O anxo Gabriel visita a María

Un anxo aparecéndoselle a Xosé nun soño

Isabel tiña unha parente máis nova ca ela chamada María, que vivía na cidade de Nazaret, en Galilea. María ía casar con Xosé, que era carpinteiro. Cando Isabel estaba no sexto mes de embarazo, o anxo Gabriel aparecéuselle a María e díxolle: “Bos días, María. Tes o favor de Xehová”. Como ela non entendía o que lle quería dicir, Gabriel engadiu: “Vas quedar embarazada e terás un fillo. Deberás chamarlle Xesús. El chegará a ser o Rei dun Reino que durará para sempre”.

María contestoulle: “Pero eu son virxe. Como vou ter un neno?”. Entón Gabriel respondeu: “Para Xehová, nada é imposible. O espírito santo fará que teñas un fillo. A túa parente Isabel tamén quedou embarazada, aínda que xa é maior para ter fillos”. Finalmente, María díxolle: “Velaquí a escrava de Xehová. Que se cumpra en min todo o que dixeches”.

Xosé casa con María, que está embarazada

María foi a unha cidade que había nas montañas para visitar a Isabel. Cando María a saudou, o bebé de Isabel brincoulle dentro da barriga. Coa axuda do espírito santo, Isabel dixo: “María, Xehová bendiciute. É un honor recibir a nai do Mesías”. Ela contestou: “Louvado sexa Xehová!”. Pasaron xuntas tres meses e despois María marchou de volta para Nazaret.

Cando Xosé soubo que María estaba embarazada, quixo romper con ela porque pensaba que ía ter un fillo doutro home. Pero aparecéuselle un anxo nun soño e díxolle: “Non teñas medo de casar con ela, que non fixo nada malo”. Así que Xosé casou con María.

“O Señor fai canto se propón no ceo e mais na terra” (Salmo 135:6)

Preguntas. Que lle dixo Gabriel a María sobre o fillo que ía ter? Como cres que se sentiron Isabel e María coas cousas que lles pasaron?

Mateo 1:18-25; Lucas 1:26-56; Isaías 7:14; 9:6 (9:7, NM); Daniel 2:44; Gálatas 4:4

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir