BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 70 páx. 166-páx. 167 par. 2
  • Os anxos anuncian o nacemento de Xesús

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Os anxos anuncian o nacemento de Xesús
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Preguntas dos lectores
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 70 páx. 166-páx. 167 par. 2
Os anxos anunciando o nacemento de Xesús a uns pastores

CAPÍTULO 70

Os anxos anuncian o nacemento de Xesús

O emperador romano Augusto mandou que tódolos xudeus fosen á cidade onde naceran para inscribirse nun rexistro. Así que Xosé e María foron a Belén porque a familia de Xosé era de alí. A María xa lle faltaba moi pouco para dar a luz.

Cando chegaron a Belén, tiveron que pasar a noite nunha corte con animais porque non atoparon onde durmir. Estando alí, naceu Xesús. María envolveuno nuns anacos de tea e púxoo con coidado nun pesebre, onde comían os animais.

Preto de Belén, había uns pastores que pasaban a noite no campo coidando das ovellas. De súpeto, aparecéuselles un anxo e rodeounos unha luz moi brillante. Como o anxo viu que os pastores levaran un susto, díxolles: “Non teñades medo. Traio boas noticias! Hoxe naceu o Mesías en Belén!”. Nese intre, apareceron moitos anxos de Xehová no ceo dicindo: “Gloria a Deus no ceo e paz na terra!”. Entón, os anxos desapareceron. Que farían os pastores?

Os pastores dixéronse uns ós outros: “Vamos a Belén decontado!”. Así que marcharon correndo a buscar a Xosé e a María, que estaban na corte co seu meniño.

Tódolos que escoitaron o que o anxo lles contara ós pastores quedaron abraiados. María dedicou moito tempo a pensar nas palabras do anxo Gabriel; nunca as esquecería. Os pastores volveron ó campo a coidar das ovellas, moi agradecidos a Xehová polo que viran e oíran.

“Non vin por min mesmo, senón que El me enviou” (Xoán 8:42)

Preguntas. Como anunciaron os anxos o nacemento de Xesús? A quen atoparon os pastores en Belén?

Lucas 2:1-20; Isaías 9:5 (9:6, NM)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir