BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 74 páx. 176-páx. 177 par. 4
  • Xesús convértese no Mesías

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xesús convértese no Mesías
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Xoán prepara o camiño para o Mesías
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Quen é Xesucristo?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Quen é Xesucristo?
    Que ensina realmente a Biblia?
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 74 páx. 176-páx. 177 par. 4
O espírito de Deus baixando do ceo en forma de pomba despois de que Xoán bautiza a Xesús

CAPÍTULO 74

Xesús convértese no Mesías

Xoán estivera predicando: “Vai vir alguén moito maior ca min”. Cando Xesús tiña uns trinta anos, foi dende Galilea ata o río Xordán. Alí estaba Xoán bautizando as persoas. Xesús quería que Xoán o bautizase tamén a el, pero Xoán díxolle: “Eu non son quen de bautizarte. Deberías bautizarme ti a min”. Xesús respondeulle: “Xehová quere que me bautices”. Entón, metéronse no río Xordán e Xoán mergullou a Xesús na auga.

Despois de saír da auga, Xesús oroulle a Xehová. Nese momento, os ceos abríronse e o espírito de Deus baixou sobre el en forma de pomba. Logo, Xehová falou dende o ceo: “Ti es o meu fillo, o benquerido. Tes a miña aprobación”.

Cando Xesús recibiu o espírito santo, converteuse no Cristo, ou Mesías. Agora comezaría o traballo para o cal Xehová o enviara á terra.

Xusto despois do seu bautismo, Xesús foi ó deserto e pasou alí corenta días. Ó volver foi onda Xoán. Cando Xoán o viu, exclamou: “Velaí o Año de Deus! O que vai quitar o pecado do mundo!”. Dixo iso para axudar á xente a entender que Xesús era o Mesías. Sabes o que lle pasou a Xesús mentres estivo no deserto? Imos ver.

“Unha voz deixouse oír desde o ceo: ‘Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto’” (Marcos 1:11)

Preguntas. Por que se bautizou Xesús? Por que dixo Xoán que Xesús era o Año de Deus?

Mateo 3:13-17; Marcos 1:9-11; Lucas 3:21-23; Xoán 1:29-34; Isaías 42:1; Hebreos 10:7-9

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir