BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 75 páx. 178-páx. 179 par. 4
  • O Demo tenta a Xesús

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O Demo tenta a Xesús
  • Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 75 páx. 178-páx. 179 par. 4
Xesús negándose a saltar dende a parte máis alta do templo

CAPÍTULO 75

O Demo tenta a Xesús

Xesús negándose a converter as pedras en pan

Despois de que Xesús se bautizou, o espírito santo guiouno ata o deserto. Non comeu nada durante corenta días e entroulle a fame. Entón o Demo quixo tentalo e díxolle: “Se de verdade es o fillo de Deus, manda que estas pedras se convertan en pan”. Xesús contestoulle citando das Escrituras. Díxolle: “Está escrito que precisamos algo máis que comida para vivir. Tamén temos que obedecer todo o que Xehová di”.

Logo, o Demo volveu tentar a Xesús dicíndolle: “Se de verdade es o fillo de Deus, salta dende a parte máis alta do templo. Está escrito que Deus mandará os seus anxos para salvarte”. Xesús volveulle contestar citando das Escrituras: “Está escrito que non debes poñer a proba a Xehová”.

Xesús rexeitando os reinos que Satán lle ofrece

Entón, Satanás ensinoulle a Xesús tódolos reinos do mundo e díxolle: “Dareiche todos estes reinos coa súa gloria e riqueza a cambio de que me adores unha vez”. Pero Xesús contestoulle: “Arreda, Satanás! Está escrito que só debemos adorar a Xehová”.

Entón o Demo marchou, e uns anxos viñeron darlle comida a Xesús. A partir dese momento, Xesús predicou as boas novas do Reino. Ese era o traballo que Xehová lle mandara facer na terra. Á xente encantáballe o que Xesús ensinaba, e seguíano a todas partes.

Se o Demo “fala falsidade, fala do seu, pois é mentireiro e pai da mentira” (Xoán 8:44)

Preguntas. Cales foron as tres tentacións que lle puxo o Demo a Xesús? Que respondeu Xesús?

Mateo 4:1-11; Marcos 1:12, 13; Lucas 4:1-15; Deuteronomio 6:13, 16; 8:3; Santiago 4:7

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir