BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 76 páx. 180-páx. 181 par. 2
  • Xesús limpa o templo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xesús limpa o templo
  • Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 76 páx. 180-páx. 181 par. 2
Xesús cun látego botando os animais fóra do templo e tirando as mesas dos cambiadores de moedas

CAPÍTULO 76

Xesús limpa o templo

Na primavera do ano 30, Xesús foi a Xerusalén. A cidade estaba chea de xente que fora alí para celebrar a Pascua. Durante a festa ofrecíanse animais no templo. Algúns levaban os seus da casa e outros comprábanos en Xerusalén.

Cando chegou ó templo, Xesús viu que alí había xente vendendo animais. Estaban facendo cartos na casa de adoración de Xehová! Xesús enfadouse moito. Fixo un látego cunhas cordas e botou fóra do templo todo o gando. Tiroulles coas mesas ós cambiadores de moedas e guindoulles os cartos polo chan. E ós que vendían pombas, díxolles: “Sacade todo isto de aquí! Non fagades negocios na casa de meu Pai!”.

A xente que estaba alí quedou abraiada polo que fixera Xesús. Entón os seus discípulos recordaron unha profecía acerca do Mesías que dicía: “Sentirei moito respecto pola casa de Xehová”.

Uns tres anos despois, Xesús volveu limpar o templo. Estaba decidido a non deixar que ninguén tratase con falta de respecto a casa de seu Pai.

“Non podedes servir a Deus e mailo diñeiro” (Lucas 16:13)

Preguntas. Que fixo Xesús cando viu que había xente vendendo animais no templo? Por que o fixo?

Mateo 21:12, 13; Marcos 11:15-17; Lucas 19:45, 46; Xoán 2:13-17; Salmo 69:10 (69:9, NM)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir