BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp18 núm. 3 páx. 13
  • Deus pronto vai acabar con todo o sufrimento

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Deus pronto vai acabar con todo o sufrimento
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2018
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • CANDO VAI ACTUAR DEUS?
  • Por que permite Deus o sufrimento?
    Que ensina realmente a Biblia?
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2018
wp18 núm. 3 páx. 13
Unha posta de sol.

Deus pronto vai acabar con todo o sufrimento

“¿Ata que día, Señor, hei de estar pedindo auxilio, sen que ti fagas caso? ¿Ata que día clamarei cara a ti: ‘Violencia’, sen que salves?” (Habacuc 1:2, 3). Estas palabras díxoas Habacuc, un home que tiña a aprobación de Deus. Mostra esta súplica que lle faltaba fe? Para nada! Deus confirmoulle que xa decidira cando acabar co sufrimento (Habacuc 2:2, 3).

Cando ti ou alguén a quen queres está sufrindo, é fácil chegar á conclusión de que Deus tarda en actuar e de que debería facer algo xa. Aínda así, a Biblia asegúranos: “Xehová non está retrasando o cumprimento da súa promesa, como pensan algunhas persoas. Todo o contrario, el é paciente con vós porque non desexa que ninguén sexa destruído, senón que todos se arrepintan” (2 Pedro 3:9).

CANDO VAI ACTUAR DEUS?

Moi pronto! Xesús falou dunha xeración que vería unha combinación de sucesos que marcarían a “parte final do sistema” (Mateo 24:3-42). Esta profecía de Xesús estase cumprindo nos nosos días e demostra que Deus vai intervir dentro de moi pouco nos asuntos da humanidade.a

Pero, como acabará Deus con todo o sufrimento? Cando Xesús estivo na Terra, demostrou o poder que ten Deus para aliviar a dor das persoas. Vexamos algúns exemplos.

Os desastres naturais: Mentres Xesús e os seus apóstolos estaban navegando polo mar de Galilea, levantouse un forte temporal de vento e a barca empezou a afundirse. Entón Xesús demostrou que tanto el como o seu Pai poden controlar as forzas da natureza (Colosenses 1:15, 16). Xesús simplemente dixo: “Silencio! Cala!”. Nese momento “o vento parou e todo quedou completamente en calma” (Marcos 4:35-39).

As enfermidades: Xesús era coñecido pola súa habilidade de curar os que estaban cegos e coxos, e tamén os que tiñan epilepsia, lepra ou calquera outra enfermidade. El “curou a tódolos que estaban sufrindo” (Mateo 4:23, 24; 8:16; 11:2-5).

A fame: Xesús usou o poder que lle deu seu Pai para converter pequenas cantidades de comida en alimento suficiente para moitos. A Biblia explica que fixo isto en dúas ocasións durante o seu ministerio para darlles de comer a miles de persoas (Mateo 14:14-21; 15:32-38).

A morte: Xesús resucitou a tres persoas e unha delas xa levaba catro días morta. Estas resurreccións deixaron claro que Xehová ten o poder para eliminar a morte (Marcos 5:35-42; Lucas 7:11-16; Xoán 11:3-44).

a Se queres máis información sobre a parte final do sistema, ou últimos días, podes consultar a lección 32 do libro Desfruta da vida para sempre! publicado polas Testemuñas de Xehová e que se pode descargar gratis en www.pr418.com.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir