BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp19 núm. 1 páxs. 4-5
  • Cal é o nome de Deus?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Cal é o nome de Deus?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE É IMPORTANTE O NOME DE DEUS
  • QUE REVELA O SEU NOME
  • O nome de Deus: uso e significado
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Quen é Deus?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
wp19 núm. 1 páxs. 4-5

Cal é o nome de Deus?

Cando queremos coñecer alguén, o primeiro que facemos normalmente é preguntarlle: “Como te chamas?”. Se lle preguntases o mesmo a Deus, que che diría?

“Eu, Iavé, este é o meu Nome” (Isaías 42:8).

É este nome novo para ti? É posible que sexa así porque moitos tradutores da Biblia póñeno moi poucas veces, ou ningunha. A miúdo substitúeno polo título “SEÑOR”. Pero o nome de Deus en realidade aparece unhas 7000 veces nos manuscritos da Biblia nos idiomas orixinais. O nome está representado por catro consoantes hebreas que se corresponden a IHVH, e dende hai moito tempo traduciuse en galego como “Xehová” ou “Iavé”.

O nome de Deus en hebreo nos rolos do Mar Morto.

Rolo do Mar Morto do libro dos Salmos (primeiro século n. e., HEBREO)

O nome de Deus en inglés na tradución da Biblia de Tyndale.

Tradución de Tyndale (1530, INGLÉS)

O nome de Deus en español na versión da Biblia Reina-Valera.

Versión Reina-Valera (1602, ESPAÑOL)

O nome de Deus en chinés na versión da Biblia Union Version

Union Version (1919, CHINÉS)

O nome de Deus aparece no texto hebreo e tamén en moitas outras traducións.

POR QUE É IMPORTANTE O NOME DE DEUS

É importante para Deus. Ninguén lle puxo ese nome a Deus, senón que foi el mesmo quen o escolleu. El dixo: “Ese será o meu nome para sempre. Por el invocaranme tódalas xeracións” (Éxodo 3:15). Na Biblia, o nome de Deus aparece máis veces que calquera dos seus títulos, como Todopoderoso, Pai, Señor ou Deus, e máis que calquera outro nome propio, como Abrahán, Moisés, David ou Xesús. Ademais, o propósito de Xehová é que se coñeza o seu nome. A Biblia di: “Que a xente saiba que o teu nome é Xehová, que só ti es o Altísimo sobre toda a terra” (Salmo 83:18, TNM).

É importante para Xesús. No que se coñece como a oración do nosopai, Xesús ensinoulles ós seus seguidores a orarlle a Deus coas seguintes palabras: “Que o teu nome sexa santificado” (Mateo 6:9). El mesmo oroulle a Deus: “Pai, glorifica o teu Nome” (Xoán 12:28). Fixo que glorificar o nome de Deus fose unha prioridade na súa vida. Por iso puido dicir en oración: “Eu manifestéille-lo teu nome e llelo seguirei manifestando” (Xoán 17:26).

É importante para os que coñecen a Deus. Os servos de Deus do pasado entendían que a súa protección e salvación estaban relacionadas co Seu nome único. Un deles recoñeceu: “O nome do Señor é forte torreón: acóllese nel o xusto, e acouga seguro” (Proverbios 18:10). E outro dixo: “A todo o que pida axuda usando o nome de Xehová, el vaino salvar” (Feitos 2:21). A Biblia demostra que o nome de Deus identificaría os seus servos. Di que “Deus se fixou nas nacións para sacar de entre elas un pobo para o seu nome” (Feitos 15:14; Miqueas 4:5).

QUE REVELA O SEU NOME

Identifica a Deus como alguén único. Moitos expertos chegaron á conclusión de que o nome de Xehová significa “El fai que chegue a ser”. Xehová axudounos a entender o significado do seu nome cando se referiu a si mesmo ó falar con Moisés. Dixo: “Eu Serei o que Eu Decida Ser” (Éxodo 3:14, TNM). Así que o nome de Deus ensínanos algo máis á parte de que el é o Creador que fixo que todo chegase a existir. Expresa a habilidade que ten para facer que el mesmo e a súa creación cheguen a ser o que sexa necesario para cumprir co seu propósito. Os seus títulos describen a súa posición, autoridade ou poder, pero só o seu nome, Xehová, define todo o que El é e pode chegar a ser.

Demostra que se preocupa por nós. O significado do nome de Deus mostra o cariño que lle ten á súa creación, incluídos nós. E o feito de que nos diga como se chama indícanos que quere que o coñezamos. Despois de todo, tomou a iniciativa de dicirnos o seu nome incluso antes de que nos preguntásemos cal é. Está claro que Deus non quere que o vexamos como un ser misterioso e distante, senón como alguén real a quen nos podemos achegar (Salmo 73:28).

Usar o nome de Deus demostra que nos interesamos nel. Poñámonos no caso de que te queres facer amigo de alguén e lle dis que te chame polo teu nome. Como te sentirías se non quixese facelo? Co tempo preguntaríaste se esa persoa quere realmente ser a túa amiga. Pasa o mesmo con Xehová. El díxonos cal é o seu nome e anímanos a usalo. Cando o facemos, demostrámoslle que queremos achegarnos a el. Ademais, a Biblia di que el préstalles atención ós que “estiman o seu Nome” (Malaquías 3:16).

Aprender o nome de Deus é o primeiro paso importante para coñecelo. Pero non debemos conformarnos con iso. Temos que coñecer o que está detrás dese nome, chegar a saber como é.

CAL É O NOME DE DEUS? O nome de Deus é Xehová. Este nome é incomparable e significa que Deus pode cumprir tódolos obxectivos que se propoña.

QUEN CREOU A DEUS?

Esta é unha pregunta que moitos se fixeron, e poida que ti tamén. Se o Universo e todo o que hai nel tivo unha causa ou un creador, quen creou a Deus?

Os científicos en xeral están de acordo en que o Universo tivo un principio. A Biblia tamén está de acordo con esta idea. No seu primeiro versículo di: “No principio creou Deus o ceo e a terra” (Xénese 1:1).

O Universo non se puido crear a si mesmo, non puido xurdir do nada, pois o nada non pode producir algo. Se non había nada antes de que existise o Universo, hoxe non habería Universo. Aínda que nos custe entendelo, foi necesaria unha primeira causa non material e eterna. Esa Primeira Causa é Xehová Deus, un ser espiritual infinitamente poderoso e sabio (Xoán 4:24).

A Biblia di o seguinte sobre Deus: “Primeiro que os montes xurdisen, e que fosen formados a terra e o mundo, desde sempre e por sempre es ti Deus” (Salmo 90:2). Polo tanto, Deus sempre existiu. Foi el quen, “no principio”, creou o Universo (Apocalipse 4:11).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir