BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp19 núm. 1 páx. 15
  • Como te pode beneficiar coñecer a Deus?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como te pode beneficiar coñecer a Deus?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
  • Información relacionada
  • Continúa a carón de Xehová
    Que nos ensina a Biblia?
  • Acercarnos a Deus é bo para nós
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Podes ser feliz de verdade
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
wp19 núm. 1 páx. 15
Persoas desfrutando da vida no Paraíso.

Como te pode beneficiar coñecer a Deus?

Ata agora aprendemos algunhas cousas que nos axudan a saber quen é Deus. Empezamos vendo na Biblia que o seu nome é Xehová e que a súa cualidade principal é o amor. Tamén vimos o que fixo no pasado e que fará no futuro para beneficiar toda a humanidade. Aínda nos faltan moitas cousas por aprender de Deus, pero quizais te esteas preguntando se vale a pena facelo.

Xehová promete que, “se ti o buscas, atoparalo” (1 Crónicas 28:9). Así que, se te esforzas por coñecelo, conseguirás algo moi especial: unha “amizade íntima con Xehová” (Salmo 25:14, TNM). Como te pode beneficiar esta amizade?

Ser realmente feliz. A Xehová coñéceselle como o “Deus feliz” (1 Timoteo 1:11, TNM). Se te achegas a el e o imitas, serás realmente feliz e isto axudarache emocional, mental e fisicamente (Salmo 33:12). Ademais evitarás estilos de vida prexudiciais, cultivarás bos hábitos e terás boas amizades cos demais. De seguro chegarás á mesma conclusión que o salmista, que dixo: “O meu ben é estar cerca de Deus” (Salmo 73:28).

Coidará de ti persoalmente. Xehová prometeulles ós seus servos: “Aconsellareite, pousarei os meus ollos sobre ti” (Salmo 32:8). Isto significa que Deus se preocupa por cada un dos seus servos individualmente e dálles o que necesitan (Salmo 139:1, 2). Unha vez que consigas unha boa relación con Xehová, verás que sempre está aí para ti.

Un futuro marabilloso. Ademais de axudarche a ser feliz xa agora, Deus ofréceche un futuro incrible (Isaías 48:17, 18). A Biblia di: “E nisto consiste a vida eterna: que te coñezan a ti, o único Deus verdadeiro, e a quen mandaches, Xesús Cristo” (Xoán 17:3). Nestes tempos tan difíciles, Deus dános unha esperanza que é coma unha áncora “segura e firme” (Hebreos 6:19).

Estas son tan só unhas poucas das moitas razóns que hai para coñecer mellor a Deus e para chegar a ser amigo del. Se queres saber máis, invitámoste a falar cunha testemuña de Xehová ou visitar a nosa páxina de Internet, jw.org.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir