BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp19 núm. 1 páxs. 13-14
  • Que fará Deus no futuro?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que fará Deus no futuro?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • ACABARÁ COA MALDADE
  • CONVERTERÁ A TERRA NUN PARAÍSO
  • ELIMINARÁ A ENFERMIDADE E A MORTE
  • ESTABLECERÁ UN GOBERNO PERFECTO
  • Que logrará o Reino de Deus?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
  • Cal é o propósito de Deus para a Terra?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Por que é importante para Xesús o Reino de Deus
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2014)
  • Que é o Reino de Deus?
    Que ensina realmente a Biblia?
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
wp19 núm. 1 páxs. 13-14
Os amigos de Deus convertendo a Terra nun paraíso.

Que fará deus no futuro?

Un bo amigo é alguén con quen podemos contar cando temos problemas. Como algúns senten que Deus non fai nada para axudarnos din que el non é o noso amigo. Pero, en realidade, Deus xa fixo moitas cousas por nós e, ademais, solucionará tódolos problemas e sufrimentos ós que nos enfrontamos hoxe en día. Como o fará?

ACABARÁ COA MALDADE

Deus acabará con toda a maldade eliminando a súa causa. A Biblia identifica cal é esa causa cando di que “o mundo enteiro está nas mans do Maligno” (1 Xoán 5:19). O “Maligno” é o Demo, o mesmo a quen Xesús chamou “príncipe deste mundo” (Xoán 12:31). A influencia do Demo é a causa, ou raíz, dos problemas que afectan a humanidade. Que fará Deus ó respecto?

Xehová pronto usará o seu Fillo, Xesús, para “acabar coas obras do demo” (1 Xoán 3:8; Hebreos 2:14). De feito, a Biblia di que ata o Demo sabe “que ten pouco tempo” antes de ser destruído (Apocalipse 12:12). Deus tamén acabará con tódalas persoas que fan cousas malas (Salmo 37:9; Proverbios 2:22).

CONVERTERÁ A TERRA NUN PARAÍSO

Despois de eliminar a maldade, o noso Creador fará o necesario para cumprir co seu propósito para a humanidade e o planeta: que persoas perfectas vivan para sempre na Terra feita un paraíso. Como será a vida entón?

Paz e seguridade duradeiras. “Os mansos herdarán a terra e desfrutarán plenamente de abundante paz” (Salmo 37:11, TNM).

Alimento saudable e en abundancia. “Abundará o trigo nos campos, nos montes ondularán coma no Líbano os froitos” (Salmo 72:16).

Fogares dignos e traballo satisfactorio. “Construirán casas e habitaranas e plantarán viñas e comerán os seus froitos. […] Os meus elixidos disfrutarán da obra das súas mans” (Isaías 65:21, 22).

Gustaríache vivir nun mundo así? Pois pronto todo isto será unha realidade.

ELIMINARÁ A ENFERMIDADE E A MORTE

Hoxe en día todos enfermamos e morremos, pero isto non será así por moito máis tempo. Grazas ó sacrificio de Xesús, Deus pronto fará que “todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna” (Xoán 3:16). Cal será o resultado?

Desaparecerán as enfermidades. “E ningún veciño dirá: ‘Estóu enfermo’, pois o pobo recebirá o perdón das súas culpas” (Isaías 33:24, Sagra Biblia en Galego, Manuel Casado Nieto).

Ninguén máis sufrirá por culpa da morte. “O meu Señor, Deus dos Exércitos, destruirá a morte para sempre, enxugará as bágoas de tódalas caras” (Isaías 25:8).

As persoas vivirán para sempre. “O regalo de Deus é a vida eterna en Cristo Xesús noso Señor” (Romanos 6:23).

Os que morreron volverán vivir. “Vai haber unha resurrección tanto de xustos coma de inxustos” (Feitos 24:15). Así que incluso as persoas que morreron se beneficiarán do regalo que Deus nos fixo do rescate.

Como logrará Deus todo isto?

ESTABLECERÁ UN GOBERNO PERFECTO

Deus cumprirá o seu propósito para a Terra e a humanidade usando un goberno que está no ceo e do que Xesucristo é o Rei (Salmo 110:1, 2). Este é o goberno, ou Reino, que Xesús lles ensinou ós seus seguidores a pedir cando dixo: “Noso Pai que estás nos ceos [...]. Que veña o teu Reino” (Mateo 6:9, 10).

O Reino de Deus gobernará toda a Terra e eliminará por completo a dor e sufrimento que hai nela. É o mellor goberno que a humanidade pode ter! Por iso Xesús se esforzou tanto por anunciar “as boas noticias do Reino” mentres estivo na Terra e lles mandou ós seus seguidores que fixesen o mesmo (Mateo 4:23; 24:14).

Xehová prometeu facer todas estas cousas porque nos quere moito. Non te motiva isto a querer coñecelo e a esforzarte por ser o seu amigo? Como te beneficiaría facelo? Falaremos disto no seguinte artigo.

QUE FARÁ DEUS NO FUTURO? Deus eliminará as enfermidades e a morte, unirá a humanidade mediante o seu Reino e converterá a Terra nun paraíso

QUE É O REINO DE DEUS?

  • É un goberno que está no ceo e mediante o cal Deus cumprirá o seu propósito (Xénese 1:28; Mateo 6:9, 10).

  • O seu Rei foi nomeado por Deus e ten autoridade total tanto no ceo coma na Terra (Isaías 9:5, 6 [9:6, 7, TNM]; 11:2-4; Mateo 28:18).

  • Funciona seguindo as ensinanzas de Xesús, que están baseadas nas leis de Deus (Mateo 22:37-39; Santiago 2:8).

  • Xa está gobernando na actualidade e conta con millóns de súbditos que están anunciando “as boas noticias do Reino” por toda a Terra (Mateo 24:14; 28:19, 20).a

a Se queres saber máis sobre o Reino de Deus, mira as leccións 32 e 33 do libro Desfruta da vida para sempre!, publicado polas Testemuñas de Xehová e dispoñible en www.jw.org.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir