BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp20 núm. 1 páxs. 9-11
  • A verdade sobre Deus e Xesucristo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A verdade sobre Deus e Xesucristo
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Quen é Deus?
  • Son Deus e Xesucristo a mesma persoa?
  • Cal é a verdade acerca de Deus?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Quen é Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
wp20 núm. 1 páxs. 9-11

A verdade sobre Deus e Xesucristo

Aínda que a xente venera moitos deuses, só hai un Deus verdadeiro (Xoán 17:3). El é o “Altísimo”, o Creador de tódalas cousas e a Fonte da vida. Só el merece a nosa adoración (Daniel 7:18; Apocalipse 4:11).

Quen é Deus?

Unha Biblia aberta

O nome de Deus aparece no texto orixinal da Biblia UNHAS 7000 VECES

XEHOVÁ, ou IAVÉ, é o nome de Deus

SEÑOR, DEUS E PAI son algúns dos seus títulos

O seu nome. Deus mesmo di: “Eu, Iavé, este é o meu Nome!” (Isaías 42:8).a No texto orixinal da Biblia, o nome de Deus aparecía unhas 7000 veces. Pero en moitas traducións substituíuse indebidamente por títulos como “Señor”. Deus quere que sexas amigo seu, por iso te anima a chamalo polo “seu nome” (Salmo 105:1).

Os seus títulos. A Biblia refírese a Xehová, ou Iavé, con títulos como “Deus”, “Todopoderoso”, “Creador”, “Pai”, “Señor” e “Soberano”. Nela tamén encontramos moitas oracións dirixidas a Deus nas que se usa un título respectuoso xunto co seu nome persoal (Deuteronomio 6:4).

Como é. Deus é un espírito invisible (Xoán 4:24). A Biblia confirma que “a Deus ninguén o viu” (Xoán 1:18). Ademais, na súa Palabra aprendemos que ten sentimentos e que os seres humanos poden alegralo ou entristecelo (Proverbios 11:20; Salmo 78:40, 41).

As súas marabillosas cualidades. Deus trata igual a tódalas persoas, sen importar a súa nacionalidade ou antecedentes (Feitos 10:34, 35). Tamén é “compasivo e benfeitor, tardo á ira, rico en amor e lealdade” (Éxodo 34:6, 7). Pero ten catro cualidades que destacan sobre tódalas demais.

Poder. El é o “Deus todopoderoso”, así que ten poder ilimitado para cumprir todo o que promete (Éxodo 6:3).

Sabedoría. A sabedoría de Deus é superior á de calquera outra persoa. Por iso a Biblia di que é “o único sabio” (Romanos 16:27).

Xustiza. El sempre fai o que é xusto. A súa forma de actuar é “perfecta” e “non hai nel inxustiza” (Deuteronomio 32:4).

Amor. A Biblia di que “Deus é amor” (1 Xoán 4:8). Non só demostra esta cualidade, senón que é a esencia do seu ser. Todo o que fai está motivado polo seu inmenso amor, e iso benefícianos de moitas maneiras.

A súa amizade cos seres humanos. Deus é o noso cariñoso Pai celestial (Mateo 6:9). Se poñemos fe nel, poderemos ser os seus amigos (Salmo 25:14). De feito, desexa que nos acerquemos a el mediante a oración e que lle contemos as nosas inquietudes, porque se preocupa por nós (1 Pedro 5:7; Santiago 4:8).

Son Deus e Xesucristo a mesma persoa?

Xesús orando

Xesús non é Deus. Xesús é único porque é o único ser que foi creado directamente por Deus. Por iso a Biblia di que é o Fillo de Deus (Xoán 20:31). Tamén explica que Xehová usou a Xesús, o seu Fillo primoxénito, como “mestre de obras” e que se valeu del para crear o Universo e os seres vivos (Proverbios 8:30, 31; Colosenses 1:15, 16).

Xesús nunca dixo que fose Deus. En vez diso, el explicou: “De onda [Deus] son e foi El quen me mandou” (Xoán 7:29). Nunha ocasión, falando cun dos seus discípulos, Xesús chamou a Xehová: “meu Pai e voso Pai” e “o meu Deus e o voso Deus” (Xoán 20:17). E despois da morte de Xesús, Xehová resucitouno para que vivise no ceo, sentouno á súa dereita e deulle moita autoridade (Mateo 28:18; Feitos 2:32, 33).

Xesucristo pode axudarche a acercarte a Deus

Xesús veu á Terra para ensinarnos acerca de seu Pai. Xehová mesmo dixo de Xesús: “Este é o meu fillo benquerido, escoitádeo” (Marcos 9:7). Xesús é quen mellor coñece a Deus, por iso dixo: “Ninguén coñece [...] ó Pai a non se-lo Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar” (Lucas 10:22).

Xesús collendo unha peza de froita que lle ofrece unha neniña mentres algúns adultos miran

Xesús reflicte as cualidades de Deus á perfección. Imitou tan ben a seu Pai que puido dicir: “Quen me viu a min, viu o Pai” (Xoán 14:9). Xesús axudoulles ás persoas a acercarse a Deus, porque coas súas palabras e accións demostrou o amoroso que é seu Pai. El dixo: “Eu son o camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis ca por min” (Xoán 14:6). Tamén afirmou: “Os verdadeiros adoradores adorarán o Pai en espírito e verdade, pois eses son os adoradores que procura o Pai” (Xoán 4:23). Que idea máis animadora, verdade? Xehová está buscando persoas coma ti, persoas que desexan coñecer a verdade acerca del!

a En galego, dúas das traducións máis habituais do nome de Deus son Xehová e Iavé.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir