5-11 DE MAIO
PROVERBIOS 12
Canción sn 53 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
1. Traballar duro vale a pena
(10 min)
Non perdas o tempo perseguindo cousas sen valor (Pr 12:11).
Traballa duro e sé dilixente (Pr 12:24; w16.06 páx. 30 par. 6).
Terás recompensas polo teu duro traballo (Pr 12:14).
IDEA: Podemos desfrutar de traballar duro se pensamos en como beneficia os demais (Fei 20:35; w15 1/2 páx. 5 pars. 4-6).
2. Xoias espirituais
(10 min)
Pr 12:16. Como pode axudarnos este principio bíblico a facerlles fronte ós problemas? (ijwyp artigo 95 pars. 10, 11)
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Pr 12:1-20 (th aspecto da oratoria 5).
4. Comeza conversas
(2 min) DE CASA EN CASA. (lmd lección 1 punto 4)
5. Comeza conversas
(3 min) DE CASA EN CASA. Ofrece un curso da Biblia (lmd lección 5 punto 4).
6. Cultiva o interese
(3 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Móstralle a nosa páxina web a unha persoa que teña fillos pequenos (lmd lección 9 punto 3).
7. Explica as túas crenzas
(3 min) Escenificación. ijwfq artigo 3. Título: “Cren as testemuñas de Xehová que son a relixión verdadeira?” (lmd lección 4 punto 3).
Canción sjj 21
8. Failles fronte ós problemas económicos coa axuda de Xehová
(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.
Estás preocupado por encontrar un traballo ou por se perdes o que xa tes? Preocúpache gañar o suficiente para chegar a fin de mes agora ou cando sexas máis maior? A economía deste mundo é moi inestable. Pero Xehová asegúranos que se o poñemos a el en primeiro lugar, sempre vai coidar das nosas necesidades, incluso se a nosa situación económica cambia de repente (Sl 46:2-4 [46:1-3, TNM]; 127:2; Mt 6:31-33).
Pon o VÍDEO Xehová nunca nos fallou, e a continuación fai a seguinte pregunta:
Que aprendiches da experiencia do irmán Alvarado?
Le 1 Timoteo 5:8, e a continuación fai a seguinte pregunta:
Como fortalece este texto a túa confianza en que Xehová sempre coida das necesidades da súa familia, é dicir, dos seus servos?
Analiza algúns principios bíblicos que che poden axudar cando teñas problemas económicos:
Leva unha vida sinxela. Evita as débedas e os gastos innecesarios (Mt 6:22).
No que ten que ver cos estudos e o traballo, toma decisións que che permitan poñer o servizo a Xehová en primeiro lugar (Flp 1:9-11).
Sé humilde e adaptable. Se quedas sen emprego, non descartes outros traballos que che axuden a conseguir o necesario para a túa familia, aínda que sexan humildes (Pr 14:23).
Aínda que non teñas moito, sé xeneroso e comparte o que teñas con outros (Heb 13:16).
9. Estudo bíblico de congregación
(30 min) bt cap. 26 pars. 1-8 e recadros das páxs. 204, 208.