12-18 DE MAIO
PROVERBIOS 13
Canción sn 29 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
1. Non te deixes enganar pola “candea dos malvados”
(10 min)
Os malvados non teñen esperanza para o futuro (Pr 13:9; it-2 páx. 186 par. 9–páx. 187 par. 1).
Non te xuntes cos que fan que as cousas malas parezan boas (Pr 13:20; w12 15/7 páx. 12 par. 3).
Xehová bendice os xustos (Pr 13:25; w04 15/7 páx. 31 par. 6).
As vidas dos que perseguen os desexos deste mundo case nunca son tan emocionantes como parecen. En cambio, os que serven a Xehová desfrutan dunha vida satisfactoria de verdade.
2. Xoias espirituais
(10 min)
Pr 13:24. Que nos ensina este versículo sobre o amor e a disciplina? (it-1 páx. 122 par. 2)
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Pr 13:1-17 (th aspecto da oratoria 10).
4. Comeza conversas
(3 min) DE CASA EN CASA. Despois de empezar a conversa cun tema actual, comparte coa persoa unha idea da Biblia sobre outro tema que lle interese máis (lmd lección 2 punto 5).
5. Comeza conversas
(4 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Invita a persoa a unha reunión (lmd lección 2 punto 3).
6. Discurso
(5 min) lmd apéndice A punto 9. Título: “Os nenos deben respectar e obedecer a seus pais para que lles vaia ben” (th aspecto da oratoria 16).
Canción sjj 77
7. “A luz dos xustos rebrilla”
(8 min) Discurso con comentarios do auditorio.
A Palabra de Deus ten un coñecemento e unha sabedoría incomparables. Cando deixamos que ilumine o noso camiño e poñemos en práctica o que aprendemos, vainos mellor na vida e somos máis felices. Isto é algo que o mundo non nos pode ofrecer.
Pon o VÍDEO O mundo non pode darche o que non ten, e a continuación fai a seguinte pregunta:
Como demostra a experiencia da irmá Gainanshina que “a luz dos xustos” é superior á “candea dos malvados”? (Pr 13:9).
Non perdas o tempo soñando coas cousas deste mundo ou lamentándote polas decisións que tiveches que tomar para poder servir a Xehová (1Xn 2:15-17). En lugar diso, céntrate no incalculable valor de todo o que sabes agora (Flp 3:8).
8. Asuntos locais
(7 min)
9. Estudo bíblico de congregación
(30 min) bt cap. 26 pars. 9-17.