BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb25 maio páxs. 6-7
  • 19-25 de maio

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 19-25 de maio
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2025)
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2025)
mwb25 maio páxs. 6-7

19-25 DE MAIO

PROVERBIOS 14

Canción sjj 89 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. Pensa con coidado o que vas facer cando ocorra un desastre

(10 min)

Ten coidado con crer todo o que escoites (Pr 14:15; w23.02 páxs. 22-23 pars. 10-12).

Non confíes no teu instinto ou na túa experiencia (Pr 14:12).

Non escoites os que rechazan a guía da organización de Xehová (Pr 14:7).

Unha familia vendo un programa de JW Broadcasting.

PENSA NISTO: Anciáns, estades preparados para confiar en Xehová e seguir a súa dirección cando ocorra un desastre? (w24.07 páx. 5 par. 11)

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Pr 14:15. Que cousas deberías ter en conta antes de tomar unha decisión? (lff lección 35 punto 2)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Pr 14:1-21 (th aspecto da oratoria 11).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(3 min) PREDICACIÓN PÚBLICA. Comparte unha idea da Biblia cunha persoa que está preocupada pola economía (lmd lección 3 punto 3).

5. Cultiva o interese

(4 min) DE CASA EN CASA. Ofrécelle á persoa unha revista que trate sobre un tema no que demostrase interese na vosa conversación anterior (lmd lección 9 punto 4).

6. Fai discípulos

(5 min) Anima o teu estudante a ler a Biblia tódolos días e móstralle como pode alcanzar esa meta (th aspecto da oratoria 19).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción sjj 126

7. Prepárate para cando ocorra un desastre

(15 min) Discurso con comentarios do auditorio a cargo dun ancián. Se se recibiu algún recordatorio da sucursal ou dos anciáns da congregación sobre este asunto, coméntao co auditorio.

Como estamos vivindo “nos días derradeiros” é de esperar que teñamos que facerlles fronte cada vez a máis problemas (2Ti 3:1; nota de estudo de Mt 24:8, nwtsty). A miúdo, cando encaramos un desastre, os servos de Xehová recibimos instrucións oportunas que poden salvarnos a vida. Neses momentos a nosa supervivencia dependerá de que agora sexamos obedientes e nos preparemos, tanto espiritualmente como fisicamente (Pr 14:6, 8).

  • Prepárate espiritualmente. Ten unha boa rutina. Mellora as túas habilidades nas diferentes formas de predicar. Non teñas medo se temporalmente estás illado dos irmáns da congregación (Pr 14:30). Nunca estarás illado de Xehová e de Xesús (od-S páxs. 175-176 pars. 15-17).

  • Prepárate fisicamente. Ademais das mochilas de emerxencia, deberiamos ter unha cantidade razoable de reservas de comida, auga, medicamentos e outras cousas necesarias por se hai que refuxiarse nalgún lugar durante un período longo de tempo (Pr 22:3; g17.5-S páx. 4).

A familia da imaxe anterior preparando cousas necesarias para unha situación de emerxencia.

Pon o VÍDEO Estás preparado?, e a continuación fai as seguintes preguntas:

  • Como che pode axudar Xehová cando ocorre un desastre?

  • Que podes facer xa agora para estar preparado?

  • Como podemos axudarlles ós afectados polos desastres?

PREGÚNTATE:

Despois dos últimos desastres naturais e dos causados polo home, que leccións aprendín sobre a importancia de estar preparado?

8. Estudo bíblico de congregación

(30 min) bt cap. 26 pars. 18-22 e recadro da páx. 209.

Comentarios de conclusión (3 min) | Canción sjj 116 e oración

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir