BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • th aspecto 19 páx. 22
  • Chegar ó corazón

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Chegar ó corazón
  • Melloremos na lectura e no ensino
  • Información relacionada
  • Entusiasmo
    Melloremos na lectura e no ensino
  • Destacar o valor práctico
    Melloremos na lectura e no ensino
  • Falar de xeito animador e positivo
    Melloremos na lectura e no ensino
  • Empatía e agarimo
    Melloremos na lectura e no ensino
Ver máis
Melloremos na lectura e no ensino
th aspecto 19 páx. 22

ASPECTO DA ORATORIA 19

Chegar ó corazón

Pasaxe bíblica

Proverbios 3:1

EN QUE CONSISTE? Axudar ó auditorio a comprender o valor do que escoita e a poñelo en práctica.

COMO LOGRALO?

  • Axuda ós presentes a facerse un autoexame. Usa preguntas retóricas para que o auditorio reflexione sobre os seus propios sentimentos.

  • Apela ós bos motivos. Convida os presentes a pensar por que fan cousas boas. Axúdalles a cultivar os mellores motivos: o amor a Xehová, a outras persoas e ás ensinanzas da Biblia. Razoa con eles, non trates de darlles leccións. No canto de avergoñalos, remata a presentación animándoos e motivándoos a seguir esforzándose ó máximo.

  • Dirixe a atención a Xehová. Destaca como as ensinanzas, os principios e os mandatos que atopamos na Biblia poñen de manifesto as calidades de Deus e o amor que nos ten. Axuda ó auditorio a pensar en como se sente Xehová e en como podemos agradalo.

    Consello práctico

    Lembra que é Xehová quen atrae as persoas. Usa a Palabra de Deus para motivar os presentes.

NA PREDICACIÓN

Cando sexa posible, fai preguntas para coñecer o que a persoa realmente cre. Fíxate nos xestos da súa cara e no seu ton de voz para intentar saber o que de verdade sente. Non obstante, ten paciencia. Poida que teñas que gañar a súa confianza antes de que che abra o seu corazón.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir