BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp21 núm. 1 páxs. 8-9
  • Por que non contesta Deus tódalas oracións?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Por que non contesta Deus tódalas oracións?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
  • Información relacionada
  • Acheguémonos a Xehová mediante a oración
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Como orarlle a Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Achégate a Deus mediante a oración
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como contesta Xehová as nosas oracións
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
wp21 núm. 1 páxs. 8-9

Por que non contesta Deus tódalas oracións?

O noso Pai celestial, Xehová Deus, está desexando escoitar as nosas oracións sinceras. Pero non contesta todas elas. Por que non? Que deberiamos ter en conta cando oramos? Vexamos algúns consellos da Biblia.

Un grupo de persoas nunha igrexa lendo unha oración dun libro de oracións.

“Cando ores, non repitas as mesmas cousas unha e outra vez” (Mateo 6:7).

Xehová non quere que repitamos oracións que aprendemos de memoria nin que as leamos dun libro. Máis ben, quere que lle falemos dende o corazón. Pensa no frustrado que te sentirías se tiveses un amigo que che repetise as mesmas palabras un día tras outro. Os bos amigos falan abertamente e son sinceros. Por iso, cando oramos usando as nosas propias palabras, demostrámoslle a Deus que o vemos como un amigo.

Un home mirando cara arriba mentres rasca un boleto de lotería.

“E, se pedides, non recibides, porque pedides só co devezo de satisfacérde-las vosas cobizas” (Santiago 4:3).

É comprensible que Deus non responda as nosas oracións se lle pedimos cousas que sabemos que el non quere que teñamos ou que fagamos. Por exemplo, se alguén que practica xogos de azar lle ora para que lle dea boa sorte, responderá Xehová esa oración? Sería ilóxico pensar que o vai facer cando nos dixo claramente que non quere que sexamos avariciosos nin que creamos en cousas que non son reais, como a boa sorte (Isaías 65:11, nota; Lucas 12:15). Para que Deus responda as nosas oracións temos que estar seguros de que o que lle pedimos está de acordo co que el nos ensina na Biblia.

Un líder relixioso orando para un grupo de soldados.

“Quen retira o oído para non oí-la lei, mesmo a súa pregaria é de aborrecer” (Proverbios 28:9).

En tempos bíblicos, Deus non respondía as oracións dos que non obedecían as súas xustas leis, e el non cambiou (Isaías 1:15, 16; Malaquías 3:6). Se queremos que responda as nosas oracións, temos que facer todo o posible por vivir segundo as súas normas. Pero, e se no pasado fixemos algo que está mal? Significa iso que Xehová nunca nos escoitará? Pois claro que non! Se demostramos que nos arrepentimos e facemos todo o posible por agradarlle, Xehová perdoaranos con cariño (Feitos 3:19).

“Quen quere achegarse a Deus precisa crer que El existe e que recompensa os que o buscan” (Hebreos 11:6).

Unha muller lendo a Biblia.

A oración non é simplemente unha forma de liberar tensión cando sentimos estrés ou ansiedade. Máis ben, é unha maneira de demostrarlle a Deus que confiamos nel, que o respectamos e que o queremos. O discípulo Santiago dixo que quen non “pida con fe” non debería pensar que vai “recibir cousa ningunha do Señor” (Santiago 1:6, 7). Para ter máis fe en Deus temos que dedicar tempo e esforzo a coñecelo estudando a Biblia. Facer isto axudaranos a saber cal é a súa vontade e a orar con convicción.

NON TE RENDAS!

Aínda que Deus non contesta tódalas oracións, si que escoita e responde as que fan con sinceridade millóns de persoas. A Biblia explica que pasos debemos dar para que as nosas oracións lle gusten a Deus. Verémolo no seguinte artigo.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir