BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp23 núm. 1 páxs. 14-15
  • Axudemos ós que padecen unha enfermidade mental

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Axudemos ós que padecen unha enfermidade mental
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que significa?
  • Como podemos axudarlles?
  • Darlle o teu apoio pode ser de moita axuda
  • Podes ser amigo de Xehová
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Proverbios 17:17 | “O amigo ama en todo tempo”
    Textos bíblicos explicados
  • Que di a Biblia sobre a amizade?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Quero morrer. Pode axudarme a Biblia se teño pensamentos suicidas?
    Preguntas sobre a Biblia
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
wp23 núm. 1 páxs. 14-15
Un home escoitando con atención a súa muller angustiada.

Axudemos ós que padecen unha enfermidade mental

O QUE DI A BIBLIA: “O verdadeiro amigo ama en todo momento e é un irmán en tempos de angustia” (PROVERBIOS 17:17, TNM).

Que significa?

Cando un amigo sofre debido a unha enfermidade relacionada coa saúde mental, é fácil que nos sintamos impotentes. Pero o que si podemos facer é demostrarlle o moito que nos importa axudándolle a enfrontarse á súa enfermidade. Como?

Como podemos axudarlles?

“Todos debedes ser rápidos para escoitar” (SANTIAGO 1:19, TNM).

Unha das mellores maneiras que temos para axudar ó noso amigo é escoitalo sempre que queira falar. Non creas que tes que darlle unha resposta a todo o que che diga. Demóstralle que o estás escoitando e faille saber que te preocupas por el. Intenta comprender como se sente e non saques conclusións antes de tempo que o fagan sentir xulgado. Recorda que pode dicir cousas que en realidade non queira dicir, e que despois se arrepinta (Xob 6:2, 3).

“Rogámosvos que [...] consoledes os deprimidos” (1 TESALONICENSES 5:14, TNM).

Quizais o teu amigo se sinta moi angustiado ou estea loitando contra a idea de que non vale para nada. Se lle demostras que te preocupas por el, poderás animalo e consolalo incluso cando non saibas que dicirlle.

“O verdadeiro amigo ama en todo momento” (PROVERBIOS 17:17, TNM).

Ofrécelle a túa axuda. En vez de asumir que sabes como axudarlle, pregúntalle que podes facer por el. Se lle resulta difícil explicarche que é o que necesita, dálle algunha idea de algo que poidades facer xuntos, como saír pasear. Tamén poderías ofrecerte para axudarlle coa compra, coa limpeza ou con calquera outra cousa (Gálatas 6:2).

“Rogámosvos que [...] sexades pacientes” (1 TESALONICENSES 5:14, TNM).

É posible que o teu amigo non teña sempre ganas de falar. Asegúralle que pode contar contigo cando lle apeteza facelo. Debido á súa enfermidade, poida que diga ou faga cousas que te molesten. Quizais incluso cancele algún plan contigo ou se enfade facilmente. Segue axudándoo con paciencia e comprensión (Proverbios 18:24).

Darlle o teu apoio pode ser de moita axuda

“Asegúrome de ser unha amiga coa que se poida contar. Aínda que non teña a solución ós problemas da miña amiga, sempre intento escoitar o que ten que dicir. Algunhas veces o único que necesita para sentirse mellor é que alguén a escoite” (Farrah,a que ten unha amiga que padece ansiedade, trastornos da alimentación e depresión clínica).

Unha muller nova consolando unha muller maior mentres a colle da man.

“Unha das miñas amigas é moi amable e positiva. Unha vez invitoume á súa casa e preparoume unha comida riquísima. Foi tan cariñosa que me resultou moi fácil contarlle como me sentía. Iso animoume moito!” (Ha-eun, que ten depresión clínica).

“Ter paciencia é moi importante. Cando a miña muller fai algo que me molesta, teño que recordar que ela non ten a culpa, senón a súa enfermidade. Isto axúdame a non enfadarme e a ser máis considerado con ela” (Jacob, que a súa muller ten depresión clínica).

“A miña muller é o meu mellor apoio e consolo. Cando sinto que non podo máis coa miña ansiedade, ela nunca me obriga a facer nada que eu non queira. Iso significa que ás veces ela queda sen facer algo que lle gustaría facer. Valoro moitísimo a súa xenerosidade e tódolos sacrificios que fai por min” (Enrico, que padece un trastorno de ansiedade).

a Cambiáronse algúns nomes.

Se necesitas máis axuda

Le o artigo “Cuando un ser querido está enfermo” na ¡Despertad! de outubro de 2015, dispoñible en jw.org.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir