BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 168
  • Que di a Biblia sobre vivir xuntos sen estar casados?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que di a Biblia sobre vivir xuntos sen estar casados?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que di a Biblia
  • Impórtalle a Deus que as parellas estean ou non casadas?
  • Está ben que as parellas vivan xuntas antes de casar para ver se son compatibles?
  • Como facer que un matrimonio funcione?
  • Que di a Biblia sobre o matrimonio?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Como ter un matrimonio feliz
    Continúa no amor de Deus
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 168
Unha muller dándolle a chave da súa casa a un home.

Que di a Biblia sobre vivir xuntos sen estar casados?

O que di a Biblia

A Biblia di que Deus quere que nos absteñamos “da inmoralidade sexual” (1 Tesalonicenses 4:3, TNM). Na Biblia, o termo “inmoralidade sexual” inclúe o adulterio, as prácticas homosexuais e as relacións sexuais entre un home e unha muller que non están casados.

  • Impórtalle a Deus que as parellas estean ou non casadas?

  • Está ben que as parellas vivan xuntas antes de casar para ver se son compatibles?

  • Como facer que un matrimonio funcione?

Impórtalle a Deus que as parellas estean ou non casadas?

  • Deus é o creador do matrimonio. El creouno cando uniu a primeira parella humana (Xénese 2:22-24). A súa intención non era que un home e unha muller vivisen xuntos sen o compromiso que implica o matrimonio.

  • Deus sabe o que é mellor para nós. El deseñou o matrimonio para que fose unha unión permanente entre un home e unha muller. Isto beneficiaría a tódolos membros da familia e protexeríaos. Do mesmo xeito que as instrucións que nos dá o fabricante dun moble nos axudan a montalo correctamente, as instrucións que nos dá Deus axúdannos a conseguir unha familia feliz. As normas de Deus sempre benefician a aqueles que as seguen (Isaías 48:17, 18).

    Un home lendo o manual de instrucións do fabricante antes de montar un moble.

    Así como as instrucións que nos dá o fabricante dun moble nos axudan a montalo, as instrucións que nos dá Deus axúdannos a conseguir unha familia feliz.

  • As relacións sexuais fóra do matrimonio poden traer graves consecuencias. Por exemplo, poden resultar en embarazos non desexados, enfermidades de transmisión sexual e problemas emocionais.

  • Deus deulles ó home e á muller a capacidade de ter fillos por medio das relacións sexuais. Para Deus a vida é sagrada, e a capacidade de ter fillos é un fermoso regalo que el nos fixo. Por iso, el espera que tratemos con respecto este regalo e o usemos só coa persoa coa que estamos casados. Así darémoslle honra ó matrimonio (Hebreos 13:4).

Está ben que as parellas vivan xuntas antes de casar para ver se son compatibles?

Vivir xuntos por un tempo sen ningún tipo de compromiso non nos axudará a ter un matrimonio feliz. Pola contra, a relación mellora cando os dous están decididos a permanecer xuntos e a traballar en equipo para superar os problemas.a O matrimonio fortalece o sentido do compromiso (Mateo 19:6).

Como facer que un matrimonio funcione?

Non hai matrimonios perfectos. Aínda así, se as parellas aplican os principios bíblicos, poden ter un matrimonio feliz. Vexamos algúns destes principios:

  • Pon as necesidades da túa parella por diante das túas (1 Corintios 7:3-5; Filipenses 2:3, 4).

  • Demostrade amor e respecto un polo outro (Efesios 5:25, 33).

  • Aprende a controlar o que dis e como o dis (Proverbios 12:18).

  • Sé paciente e perdoa deseguida (Colosenses 3:13, 14).

a Mira o artigo “1. Compromiso”, na revista ¡Despertad! número 2 do 2018.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir