BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwyp artigo 122
  • Saír con alguén | Parte 2. Que podo esperar?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Saír con alguén | Parte 2. Que podo esperar?
  • Preguntas da xuventude
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Ter conversacións sinceras
  • Ter diferentes puntos de vista
  • Saír con alguén non sempre é fácil
  • Que pensan as testemuñas de Xehová acerca de saír con alguén?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Saír con alguén | Parte 1. Estou preparado?
    Preguntas da xuventude
  • Saír con alguén | Parte 3. Deberiamos cortar?
    Preguntas da xuventude
Preguntas da xuventude
ijwyp artigo 122
Unha parella de noivos fan cousas xuntos. Serie de imaxes: 1. Len a Biblia xuntos. 2. Conversan mentres fan un pícnic. 3. Montan en bicicleta. 4. A rapaza preséntalle o seu noivo a seus pais.

PREGUNTAS DA XUVENTUDE

Saír con alguén | Parte 2. Que podo esperar?

Gustouche alguén que coñeciches e os dous decidistes comezar a saír para ver se sodes compatibles para casar. Que deberías esperar mentres vos ides coñecendo mellor?

Neste artigo imos ver:

  • Ter conversacións sinceras

  • Ter diferentes puntos de vista

  • Saír con alguén non sempre é fácil

Ter conversacións sinceras

Vas aprender moito da outra persoa a medida que pasedes tempo xuntos. Incluso haberá cousas que descubras ó ver a súa forma de actuar.

Aínda así, haberá asuntos sobre os que teredes que falar con sinceridade. Cando o fagades, intenta ser o máis obxectivo posible e non deixes que as túas emocións che fagan perder o xuízo.

De que cousas deberiades falar?

  • Os cartos. Tes algunha débeda? Ás veces cústache controlar os cartos que gastas? Se casases, como se tomarían as decisións sobre os ingresos e os gastos?

  • A saúde. Tes boa saúde? Tiveches algunha vez problemas graves de saúde?

  • As metas. Que obxectivos che gustaría lograr na vida? Son as túas metas compatibles coas do teu mozo ou coas da túa moza? Despois de casar, se por motivo das circunstancias xa non puideses alcanzar as túas metas, aínda serías feliz?

  • A familia. Tes que coidar agora dalgún familiar? E no futuro, pode que teñas que facelo? Queres ter fillos? Cantos che gustaría ter?

A parella de antes fala das súas metas. En segundo plano: 1. El quere predicar e viaxar. 2. Ela quere unha casa, dous fillos e un can.

Cando fales destes asuntos, sé completamente honesto. Non ocultes nada nin alteres a realidade tan só para causar boa impresión (Hebreos 13:18).

Pensa nisto: Que necesitas saber sobre a persoa coa que estás saíndo? Que debería saber el ou ela de ti? Como cres que ser honesto agora, vos vai axudar a ter unha comunicación sincera se decidides casar?

Principio bíblico: “Dígalle cadaquén a verdade ó seu próximo” (Efesios 4:25).

Consello.

Consello: Decide ben cando falar sobre o matrimonio. Se sacas o tema moi pronto, pode que o teu mozo ou moza sinta que lle estás metendo présa. Recorda que cada persoa é diferente e cada relación ten o seu propio ritmo.

“A rapaza pode pensar ‘En seis meses pode que esteamos comprometidos’, pero o rapaz pode que estea pensando nun ano. De ser o caso, pode que a rapaza se sinta ferida e confundida, xa que esperaba o compromiso antes que o rapaz. Por iso é moi importante que os dous saiban moi ben o que pensa a outra persoa deste tema” (Ariana, que leva un ano casada).

Ter diferentes puntos de vista

Non hai dúas persoas iguais. Así que non penses que ti e a persoa coa que estás saíndo ides estar de acordo en todo ou ides sentirvos igual en tódalas situacións. Cousas coma a cultura na que creciches ou a crianza que recibiches van influír nos teus puntos de vista.

A parella de antes ten diferentes puntos de vista. Serie de imaxes: 1. El leva flocos de millo e sinala cara un cine. 2. Ela leva unha mochila e un bastón de sendeirista e sinala cara o monte.

Pensa nisto: Cando non pensades o mesmo en cousas de pouca importancia nas que non hai principios bíblicos envoltos, estades os dous dispostos a ceder por manter a paz?

Principio bíblico: “Que todos saiban que sodes persoas razoables” (Filipenses 4:5, TNM).

Consello.

Consello: En lugar de centrarte no moito que coincidides nalgunhas cousas, pensa con coidado en que ocorre cando non estades de acordo. Aprenderás moito da outra persoa nestas situacións.

“Por moito que penses que estades feitos o un para o outro, teredes diferenzas. Ser compatibles é importante, pero aínda é máis importante as calidades que demostrades cando non estades de acordo” (Matthew, que leva cinco anos casado).

Saír con alguén non sempre é fácil

A realidade é que saír con alguén consome tempo e pode causar estrés. Que che pode axudar?

Pon límites razoables. Non te centres tanto na túa relación que deixes de lado as túas responsabilidades ou os teus amigos. Alana, que leva casada cinco anos, explica: “Despois de casar seguirás necesitando dos teus amigos e eles necesitarán de ti. Non pases deles tan só porque comezaches a saír con alguén”.

Recorda, cando cases, terás que manter o equilibrio en tódolos aspectos da túa vida. Por que non intentas conseguir ese equilibrio xa agora mentres saes con alguén?

A parella de antes. Os dous están esgotados despois de tódalas actividades que fixeron xuntos o día anterior. Serie de imaxes: 1. Montan en bicicleta. 2. Fan un selfie cos seus amigos. 3. Pola noite ven a televisión cuns amigos. 4. Envíanse mensaxes por teléfono xa entrada a noite.

Pensa nisto: Esixes demasiado tempo e atención da persoa coa que estás saíndo? Sentes que el ou ela esixe demasiado de ti? Como podedes manter o equilibrio de modo que ninguén se sinta afogado pola relación?

Principio bíblico: “Todo ten a súa hora, e hai un tempo fixado para cada asunto” (Eclesiastés 3:1).

Consello.

Consello: Ademais de saír e divertirse, intentade facer xuntos cousas do día a día.

“Se unha parella só pasa tempo de ocio xunta, o matrimonio pode ser un golpe de realidade. Pasar tempo xuntos en cousas do día a día, coma facer compras, recados e actividades espirituais é bo para unha parella. Isto vailles axudar a poñer unha boa base para o seu matrimonio” (Daniel, que leva dous anos casado).

Recorda, saír con alguén é algo que se fai por un tempo para chegar a unha decisión, ben sexa casar ou terminar coa relación. A parte 3 desta serie analizará algunhas cousas que debes ter en conta cando tomes esa decisión.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir