BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 25
  • Quen salvará o noso planeta?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Quen salvará o noso planeta?
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Servirán de algo os esforzos humanos?
  • Por que podemos ter esperanza?
  • Vai ser destruída a Terra?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Deus promete que o noso planeta sobrevivirá
    Despertade! (2023)
  • Pronto viviremos nun mundo novo!
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
  • O que di a Biblia sobre o cambio climático e o noso futuro
    Outros temas
Ver máis
Outros temas
mrt artigo 25
Unha rapaciña regando unha flor. Ó fondo, vense fábricas contaminando o medio ambiente.

Quen salvará o noso planeta?

Moita xente pensa que os humanos lle están facendo dano á Terra e á vida que hai nela, e están moi preocupados por iso. Segundo algúns expertos en medio ambiente, o que están facendo os humanos está poñendo en perigo de extinción moitas especies e facéndolle máis dano ca nunca á biodiversidade do planeta.

Acabarán os humanos coa Terra? Ou algún día serán capaces de vivir dunha maneira que non lle faga dano á natureza?

Servirán de algo os esforzos humanos?

Moitos expertos pensan que os humanos poden protexer o planeta e vivir sen facerlle dano á natureza. Algúns investigadores din que para que os esforzos humanos teñan éxito, habería que facer cambios en moitas áreas e facelos ó mesmo tempo. Algúns destes cambios serían:

  • Mellorar a maneira de xestionar os terreos, os bosques, as zonas húmidas e os océanos.

  • Usar outras técnicas de cultivo e fontes de enerxía.

  • Cambiar a maneira de producir e distribuír os alimentos, para conseguir que a xente consuma e desperdicie menos comida, para que coma sobre todo vexetais e só unha cantidade moderada de carne e de peixe.

  • Aceptar que unha boa calidade de vida non depende de ter cada vez máis cousas.

Que opinas? É realista esperar que os gobernos, as empresas e as persoas cheguen a colaborar dunha maneira que nunca antes se viu? Ou pensas que iso non é posible porque hai persoas que son avariciosas, egoístas e que non se preocupan polo futuro? (2 Timoteo 3:1-5).

Por que podemos ter esperanza?

A Biblia asegúranos que hai esperanza para o noso planeta. Explica por que os esforzos dos humanos non son suficientes para salvar a Terra, e di que cambio fai falta facer para conseguilo. Tamén explica en que consistirá este cambio.

Por que non chega coas iniciativas humanas para salvar o planeta? Xehováa creou a Terra e encargoulles ós humanos a responsabilidade de coidar dela (Xénese 1:28; 2:15). Só lles iría ben se buscaban a guía do seu Creador e se obedecían as súas instrucións (Proverbios 20:24). Pero, en vez diso, rexeitaron a Xehová e decidiron actuar pola súa conta (Eclesiastés 7:29). Pero os humanos non teñen a habilidade de coidar do planeta eles sós, e calquera mellora que consigan terá resultados limitados (Proverbios 21:30; Xeremías 10:23).

O cambio que é necesario. Deus non vai deixar que os humanos sigan destruíndo o planeta (Apocalipse 11:18). El non vai mellorar os gobernos nin a sociedade que tanto dano lle está facendo ó planeta, senón que os vai substituír (Apocalipse 21:1). Por iso Xehová di: “Mira! Estou facendo novas tódalas cousas” (Apocalipse 21:5).

Como chegará ese cambio. Xehová substituirá os gobernos humanos por un goberno celestial, o Reino de Deus. Este goberno, baixo a dirección de Xesucristo, gobernará sobre o planeta (Daniel 2:44; Mateo 6:10).

O Reino de Deus ensinaralles ós humanos a vivir baixo as normas xustas de Deus. Cando os humanos recoñezan a autoridade do seu Creador e sigan a súa guía, poderán vivir en harmonía coa natureza (Isaías 11:9). A Biblia explica que o goberno de Deus fará posible que teñamos unha excelente calidade de vida, pero sen facerlle dano ó planeta. Fará isto:

  • Conseguirá comida para todos (Salmo 72:16).

  • Recuperará os recursos naturais (Isaías 35:1, 2, 6, 7).

  • Asegurarase de que os humanos coiden dos animais e que os animais non lles fagan dano (Isaías 11:6-8; Oseas 2:20 [2:18, TNM]).

  • Evitará que haxa desastres naturais (Marcos 4:37-41).

Podes estar seguro de que o Reino de Deus pronto fará estes cambios. Para máis información, le o artigo “Cando gobernará o Reino de Deus na Terra?”.

a Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).

Que podemos facer para respectar o noso planeta?

Mentres esperamos a que o Reino de Deus solucione por completo os problemas medioambientais, podemos facer algunhas cousas que demostran que respectamos o noso planeta. Por exemplo, podemos evitar malgastar os recursos e esforzarnos por obedecer as leis locais sobre a reciclaxe (Xoán 6:12, 13; Romanos 13:1, 5).

  • Brett.

    Brett é un consultor ambiental xubilado. Os seus coñecementos de ecoloxía axudáronlle a recoñecer que existe un Creador que pronto salvará o planeta. Le aquí a súa historia.

  • Dous traballadores mirando uns edificios novos da sede central das Testemuñas de Xehová.

    Unha forma na que as testemuñas de Xehová demostran que respectan o seu Creador é usando deseños ecolóxicos nos seus grandes proxectos de construción. Para saber máis detalles sobre o que xa conseguiron, podes ver o vídeo Un deseño respectuoso co medio ambiente que honra a Xehová.

Versículos da Biblia que falan sobre o noso planeta

Xénese 2:15: “O Señor Deus estableceu o home no xardín de Edén, para que o traballase e o coidase”.

Significado: Deus deulles ós humanos a responsabilidade de coidar da Terra.

Xénese 1:28: “Bendiciunos así: ‘Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos reptís todos da terra’”.

Significado: Ós humanos encargóuselles coidar dos animais.

Isaías 45:18: “Así fala o Señor, o Creador do ceo, El é Deus, o formador da terra e o seu facer, El creouna, non a creou coma un caos, formouna para ser habitada. ‘Eu son Iavé e non hai outro’”.

Significado: O propósito de Deus para a Terra non cambiou. As persoas que vivan na Terra farán o que Deus quería desde o principio.

Salmo 37:29: “Os xustos herdarán a terra e habitarán nela para sempre”.

Significado: Os que obedezan as xustas normas de Deus terán a oportunidade de vivir para sempre na Terra.

Salmo 98:6-8: “Aclamade ó Señor, noso rei. Brúe o mar e canto o enche, o mundo e cantos o habitan; aplaudan os ríos, xuntos canten os montes”.

Significado: O goberno de Deus beneficiará o medio ambiente.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir