BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 45
  • Rusia invade Ucraína

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Rusia invade Ucraína
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Como se relacionan estes sucesos co que di a Biblia?
  • Por que podes mirar ó futuro con optimismo?
  • A relixión e a guerra en Ucraína. O que di a Biblia
    Outros temas
  • A guerra de Ucraína cumpre un ano. Que esperanza dá a Biblia?
    Outros temas
  • Os cristiáns e a guerra. O que di a Biblia
    Outros temas
  • Gastáronse billóns de cartos nas guerras. Pero, cal é o custo real?
    Outros temas
Ver máis
Outros temas
mrt artigo 45
Un mapa de Ucraína e as nacións veciñas.

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Rusia invade Ucraína

A pesar dos esforzos dos líderes mundiais para evitar a guerra, na madrugada do 24 de febreiro de 2022 Rusia iniciou a invasión militar de Ucraína. Como podería afectar este conflito militar ó mundo? O secretario xeral das Nacións Unidas, António Guterres, dixo hai uns días: “O prezo en sufrimento humano, destrución e dano á seguridade europea e global é demasiado alto como para tan sequera imaxinalo”.

Como se relacionan estes sucesos co que di a Biblia?

  • Xesucristo predixo un tempo no que loitaría “pobo contra pobo, reino contra reino” (Mateo 24:7). Se queres saber como a Biblia mostra que as guerras actuais cumpren esta profecía de Xesús, le o artigo “¿Cuál es la señal de ‘los últimos días o de ‘los tiempos finales’?”.

  • O libro de Apocalipse representa as guerras coma un xinete sentado nun “cabalo vermello” que ten o poder de “quita-la paz da terra” (Apocalipse 6:4). Para ver como as guerras de hoxe en día cumpren esta profecía mira o artigo “¿Qué representan los jinetes del Apocalipsis?”.

  • O libro de Daniel predixo unha rivalidade entre “o rei do norte” e “o rei do sur” (Daniel 11:25-45, TNM). Para saber por que dicimos que Rusia e os seus aliados son o rei do norte, mira o vídeo “O cumprimento da profecía de Daniel 11”.a

  • Apocalipse tamén describe “a guerra do día grande do Deus que todo o sostén” (Apocalipse 16:14, 16). Pero esa guerra, Harmaguedón, non será unha guerra entre nacións coma a que estamos vendo. Atoparás máis información sobre este suceso futuro no artigo “¿Qué es el Armagedón?”.

Por que podes mirar ó futuro con optimismo?

  • A Biblia di que Deus acabará coas guerras por toda a Terra (Salmo 46:9, TNM). Se queres coñecer mellor o futuro que promete Deus, le o artigo “La esperanza real de un mañana mejor”.

  • Xesús ensinoulles ós seus seguidores a pedir en oración que veña o Reino de Deus (Mateo 6:9, 10). Este Reino é un goberno celestial que cumprirá o propósito de Deus para a Terra. Isto inclúe a paz mundial. Se queres saber como o Reino che vai axudar, podes ver o vídeo “Que é o Reino de Deus?”.

Hai máis de 129.000 testemuñas de Xehová en Ucraína. Igual que as testemuñas de todo o mundo, eles imitan a Xesús manténdose neutrais en asuntos políticos e negándose a participar na guerra (Xoán 18:36). As testemuñas de Xehová ensinamos que o Reino de Deus é a solución para os problemas da humanidade, como as guerras (Mateo 24:14). Se queres saber máis da mensaxe positiva que ensina a Biblia sobre o futuro, invitámoste a contactar con nós.

a Para unha explicación máis completa desta profecía, consulta os artigos “‘El rey del norte’ en el tiempo del fin” e “¿Quién es ‘el rey del norte’ hoy en día?”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir