BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 57
  • Como nos beneficia o sacrificio de Xesús?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como nos beneficia o sacrificio de Xesús?
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Un curso da Biblia
  • As reunións das testemuñas de Xehová
  • Artigos e vídeos en liña
  • Como che poden axudar as reunións das Testemuñas de Xehová?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Sexamos mellores mestres. Utilicemos os vídeos para ensinar
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
  • Quen é Xesús?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Demostra que agradeces o que Xehová e Xesús fixeron por ti
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Ver máis
Outros temas
mrt artigo 57
Xesús levando o madeiro no que despois morrería.

Como nos beneficia o sacrificio de Xesús?

Unha vez ó ano, as testemuñas de Xehová reunímonos por todo o mundo, xunto con millóns de persoas ás que invitamos, para celebrar a Conmemoración da morte de Xesús tal como el mandou (Lucas 22:19). Este evento axúdanos a entender a importancia do que fixo Xesús cando deu a súa vida pola humanidade. Tamén nos ensina o que o seu sacrificio pode significar para nós, tanto agora coma no futuro (Xoán 3:16).

Sen importar se este ano asistes á Conmemoración ou non, como te podes beneficiar do sacrificio de Xesús? El ensinounos que debemos facer dúas cousas importantes:

  1. 1. Aprender sobre Deus e Xesús. Nunha oración ó seu Pai celestial, Xesús dixo: “Nisto consiste a vida eterna: que te coñezan a ti, o único Deus verdadeiro, e a quen mandaches, Xesús Cristo” (Xoán 17:3).

  2. 2. Poñer en práctica o que aprendes. Xesús recalcou a importancia de poñer en práctica na nosa vida o que el ensinou. Por exemplo, ó final do seu famoso Sermón do Monte, Xesús felicitou a toda a xente que “escoita as [súas] palabras e as pon en práctica” (Lucas 6:46-48). Do mesmo xeito, noutra ocasión el dixo: “Se sabedes estas cousas, seredes felices, con tal de que as cumprades” (Xoán 13:17).

Gustaríache aprender máis sobre Deus e Xesús? Gustaríache saber como poñer en práctica o que aprendes? Aquí tes algunhas cousas que che poden axudar a conseguilo.

Un curso da Biblia

O noso curso interactivo e gratuíto axudoulles a moitas persoas a coñecer o que di a Biblia e a poñelo en práctica na súa vida.

  • Consulta o artigo “Clases particulares da Biblia” para saber máis sobre este curso.

  • Para coñecer como é o curso da Biblia que ofrecen as testemuñas de Xehová mira o vídeo Benvido ó teu curso da Biblia.

As reunións das testemuñas de Xehová

As testemuñas de Xehová reunímonos dúas veces por semana no noso lugar de adoración, ó que lle chamamos Salón do Reino. Nas nosas reunións, analizamos o que di a Biblia e como podemos poñer en práctica os seus consellos na nosa vida.

Estas reunións están abertas ó público e non necesitas ser testemuña de Xehová para poder asistir. Dependendo das circunstancias locais, tes a posibilidade de asistir en persoa ou por videoconferencia.

  • Para saber o que ocorre nas nosas reunións podes ver o vídeo Como son as nosas reunións?

  • Podes atopar unha reunión na túa zona visitando a sección “As reunións das testemuñas de Xehová” de jw.org.

Artigos e vídeos en liña

Moitos artigos e vídeos do noso sitio de Internet poden axudarche a aprender máis sobre as ensinanzas de Xesús e o valor do seu sacrificio.

Por exemplo, para saber como é posible que a morte dun só home beneficie a millóns de persoas, le os artigos: “Como nos salva Xesús?” e “¿Por qué sufrió y murió Jesús?” ou mira o vídeo Por que morreu Xesús?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir