BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 59
  • Os cristiáns e a guerra. O que di a Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Os cristiáns e a guerra. O que di a Biblia
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que di realmente a Biblia?
  • Os cristiáns e a guerra na actualidade
  • A relixión e a guerra en Ucraína. O que di a Biblia
    Outros temas
  • 2022: Un ano cheo de problemas. O que di a Biblia
    Outros temas
  • Rusia invade Ucraína
    Outros temas
  • A guerra de Ucraína cumpre un ano. Que esperanza dá a Biblia?
    Outros temas
Ver máis
Outros temas
mrt artigo 59
Un sacerdote bendicindo un avión militar salpicándoo con auga bendita.

YURI LASHOV/AFP via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Os cristiáns e a guerra. O que di a Biblia

Como se está a ver claramente no conflito de Ucraína, moitos líderes relixiosos cristiáns están promovendo activamente a guerra. Fíxate en como o clero está a apoiar os dous bandos:

  • “Tódolos que están loitando para defender a súa Ucraína natal do agresor merecen grandes honores e toda a nosa gratitude [...]. Os nosos corazóns, oracións sinceras e apoio están sempre con vós” (Epifanio I, metropolita de Kiev, Jerusalem Post, 16 de marzo de 2022).

  • “Este domingo, o líder da Igrexa Ortodoxa Rusa celebrou unha misa a favor dos soldados rusos na que fixo un chamamento para que defendesen o seu país ‘como só saben facer os rusos’, mentres Moscova continúa coa campaña militar en Ucraína” (Reuters, 3 de abril de 2022).

Deberían os cristiáns participar nas guerras? Que di a Biblia?

Que di realmente a Biblia?

A Biblia mostra que os verdadeiros seguidores de Xesucristo non se involucrarían nas guerras.

  • “Volve a espada ó seu sitio, pois tódolos que levan espada pola espada perecerán” (Mateo 26:52).

    Se alguén apoia a guerra ou participa nela, de verdade estaría obedecendo as palabras de Xesús?

  • “Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vós. Nisto coñecerán todos que sóde-los meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros” (Xoán 13:34, 35).

    Se alguén apoia a guerra, estaría demostrando a clase de amor que Xesús dixo que identificaría os seus discípulos, ou seguidores?

Para máis información, mira o artigo “El cristianismo y la guerra: ¿son compatibles?”.

Os cristiáns e a guerra na actualidade

É realista esperar que na actualidade os cristiáns non se involucren en guerras? Si. A Biblia predixo que no noso tempo, ó que lle chama os “últimos días”, habería persoas de tódalas nacións que seguirían as ensinanzas de Xesús. Falando desas persoas, di: “Nin aprenderán de novo a face-la guerra” (Isaías 2:2, 4).

  • Para saber máis, le a serie de artigos da revista La Atalaya titulada “¿Qué piensa Dios de las guerras?”.

Moi pronto Xehová,a “o Deus da paz”, usará o seu goberno celestial para rescatar as persoas “da opresión e da violencia” (Filipenses 4:9; Salmo 72:14, TNM).

  • Para ver como o fará, mira o vídeo Que é o Reino de Deus?

Animámoste a ver o noso congreso rexional do 2022 titulado “Busquemos a paz”. Este programa pode axudarche a atopar paz interior a pesar dos terribles acontecementos que fan que moitas persoas se sintan moi angustiadas. Podes velo en liña ou descargalo, e non é necesario rexistrarse.

a Segundo a Biblia, Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir